Amosando publicacións coa etiqueta Esperanza Calvo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Esperanza Calvo. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de febreiro de 2013

Vídeo da charla de Esperanza Calvo xa á vosa disposición

Que tal, rapaces??

     Por fin temos preparado o vídeo da Charla que nos ofreceu ESPERANZA CALVO, corresponsal de Tele 5 en China no noso cole. 
     Estamos seguros de que a ela faralle tanta ilusión como a nós poder ver este vídeo e lembrar o momento tan estupendo que pasamos con ela e o moito que nos ensinou sobre China.
     Esperamos que Esperanza xa esquecera os malos momentos que lle fixo pasar o noso portatil coas fotos que nos traía preparadas. 
     Como ela vai ler isto desde China, aproveitamos para mandarlle unha forte aperta e un feixe de bicos de todos nós. 
GRAZAS ESPERANZA!!! 
GRAZAS POLA TÚA DISPOÑIBILIDADE E POLA TÚA APORTACIÓN Á NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA!
Tés as portas do noso cole e da nosa biblio abertas para cando queiras volver!!!


CHARLA DE ESPERANZA CALVO CORRESPONSAL DE TELE 5 EN CHINA NO CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz1 on Vimeo.
Charla da periodista Esperanza Calvo correspondal de Tele 5 en China no CEIP VÍCTOR SÁENZ dentro do programa de actividades do Proxecto Integrado 2012-13 "Onde os libros te leven" dedicado ás culturas do mundo. 11 de xaneiro de 2013.
http://bibliovictorsaenz.blogspot.com

martes, 8 de xaneiro de 2013

Visita de Esperanza Calvo, corresponsal de Tele 5 en China ao noso cole

Ola a todos e todas!!

Hoxe temos unha noticia moi importante que darvos!!

      O venres día 11 de xaneiro recibiremos no noso cole a visita de ESPERANZA CALVO corresponsal de Tele 5 en China.


      Esperanza naceu en Santa Comba e estudou Periodismo. A súa formación tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela, na Universidade de Salamanca e na Universidade Complutense de Madrid. Traballou para a CRTVG, Antena 3 e Tele 5. Actualmente traballa como corresponsal de Mediaset España en Pekín.
    Como este ano estamos traballando o tema das culturas do mundo dentro do noso PROXECTO INTEGRADO: "Onde os libros te leven" e aproveitando uns días que Esperanza veu a pasar a España  pedímoslle que viñera ao noso cole a falarnos de China, o país onde vive e traballa dende fai un tempo.
Podedes ver algúns dos seus reportaxes pinchando nestes enlaces:

Lembrade venres 11 ás 12:15 na aula de Audiovisuais!!

Esperanza estamos desexando coñecerte!