Amosando publicacións coa etiqueta medo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medo. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de marzo de 2022

QUEIMA DO MECO

O regreso das vacacións de Entroido reuniunos no patio do cole esta mañá, para facer unha das actividades que despiden esta festa ata o ano que vén: a queima do Meco. Nesta ocasión, ademais, falamos moito nas titorías sobre os medos que temos, e mesmo chegamos a debuxalos e poñerlles nome para metelos nunha caixiña que tamén queimamos co Meco. Premendo na imaxe podedes ver todas as fotos.

Os nosos medos arderon co Meco.
Apertas,

Rosiña

xoves, 21 de novembro de 2019

RELATOS DE MEDO PREMIADOS NO CONCURSO DO SAMAÍN 2019

Xa están nas ondas os relatos premiados no "X Concurso de Relatos de Medo", que foron entregados na pasada celebración do Samaín. Seguro que tedes moitísimas ganas de escoitalos, así que non me vou estender nas presentacións...
Aquí podedes escoitar ao alumnado de 4 e 5 anos de Infantil, que gravou o seu conto "A bruxa comenenos e o dragón aterrador":



O seguinte é o de Pablo Arosa Antelo (2º curso), que o titulou "A bruxa":

A continuación tedes o de Ángel Grille Calvelo (3º curso), que o titulou "O moucho, a bruxa e as tres curuxas":


E por último, o de Jorge Lema Zamora (6º curso), que deixou no meu buzón a historia "O misterio das andoriñas meixa":

Seguro que vos gustaron tanto como a min!!!! Lembrade que podedes descargalos e gardalos para escoitar sempre que queirades!!!



venres, 27 de xaneiro de 2017

DE VISITA AO MACUF

O venres deixamos o cole baleiro, para visitar o Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa en A Coruña. Este lugar é especial para nós, xa que todas as actividades que realizamos a través del aportáronnos moitísimo, e tamén nesta ocasión foi así. Os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º fixemos unha visita guiada por algunhas das exposicións que no museo se atopan, dándonos conta de que moitas veces as imaxes poden enganar moito, ou fixándonos en aspectos que poden quedar nun segundo plano... Os grupos de Infantil, 1º e 2º fixemos un obradoiro sobre o medo. De xeito semellante á nosa celebración do Samaín, falamos en voz alta das cousas que máis nos asustan, coñecemos a historia de Carmola representada en directo para nós, e incluso conseguimos que os nosos medos desapareceran. Como? Pois facendo unha chocolatina moi especial, e ao comela desapareceron todas as nosas teimas!!!
Despois, aproveitando o día de sol, comemos no Monte San Pedro, e recibimos a visita da profe Cruz!!! Pasámolo moi ben e quero que todos vexades as fotos tan fermosas desta xornada. Premede AQUÍ!

venres, 31 de outubro de 2014

SAMAÍN 2014

Este ano celebramos o Samaín desfrutando non só coas actividades programadas, senón tamén dun tempo marabilloso que nos enche a todos/as de bo humor e moita enerxía. Será por iso que trouxemos ao cole unhas cabazas moi ben decoradas e con moitas alusións ao cine, o tema do proxecto deste curso. Así puidemos ver dende directores de cine, equipados con todo detalle, ata algún actor ou varios protagonistas de películas moi coñecidas por todos vós!
Entre todas elas, os nenos e nenas do cole elixístedes unha, e despois de sumar todos os votos obtidos, saíron 3 cabazas gañadoras que esta mañá recolleron o seu premio no cole. Lembrades cales foron?
Un premio foi para IRIA LÓPEZ CARREIRA (3º de Ed. Primaria), pola súa cabaza reconvertida en Spiderman, un dos personaxes de cómic máis coñecidos; outro para PAULA BARCIA BLANCO (1º de Ed. Primaria), que a transformou en Minnie Mouse; e un primeiro premio para JULIA PEREIRA FACAL (6º de Ed. Primaria), polo seu simpático Minion. As profes Isabel, Cruz e Rocío entregáronlles os agasallos:



Pero houbo un montón de cabazas máis que alegraron o noso corredor durante esta semana. Como sabemos que vos encantará velas de novo, aquí as tedes!

Durante esta semana tamén convocamos o "V Concurso de Relatos de Medo". E que sucedeu? Pois que Rosiña pasou unhas noites tremendo coas historias de todos vós, pero houbo algunhas que lle fixeron pensar que estaban rodando unha peli de terror nos prados que hai ao redor do colexio e do cemiterio. Ai, que malas noites pasou estes días!!! E os "culpables" foron: a historia "O monstro papanenas", que idearon en EDUCACIÓN INFANTIL; "O medo e o terror", de PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS (2º de Ed. Primaria); "A resurrección imposible", de ANDREA LABANDEIRA OTERO (4º de Ed. Primaria); e "Os tres directores: o bo, o vello e o malo", de FROILÁN MUÑIZ PONTE (6º de Ed. Primaria). Si, si, aquí teñen cara de boas persoas os tres, e coas mestras que lles entregaron o agasallo, pero lede as súas historias! Pasarédelo de medo!!!





E finalmente chegou o momento de probar as nosas elaboracións gastronómicas: mandarinas que transformamos en cabazas, plátanos que se converteron en pantasmas, salchichas que semellaban dedos sanguentos, sándwiches que parecían momias, vasoiras de meigas, queixos que se transformaron en ollos ou ratiños... E comémolo "todito, todito"...

Pola tarde o cole converteuse nun cine, onde se proxectaron varias películas en diferentes "salas": en Infantil dúas curtametraxes de Disney ("A danza dos esqueletos" e "A casa encantada"); no 1º ciclo, "O alucinante mundo de Norman"; no 2º, "Frankenweenie"; e no 3º, "O Apóstolo". Moito medo a verdade é que non pasamos, pero desfrutamos moito da sesión cinematográfica e, ademais, por primeira vez estivo acompañada de... FLOCOS DE MILLO!!!

martes, 28 de outubro de 2014

UN BO MOMENTO PARA LER A ROALD DALH


Coñeces este libro?






Non?? Pois bótalle un ollo a este pequeno vídeo.



Agora apetéceche lelo, verdade??

Búscao na biblioteca!!



Sección de Lectores Autónomos (nas baldas verdes). Busca no D de Dalh.

Ah!!

E disfútao!!


xoves, 4 de novembro de 2010

GAÑADORES DO 1º CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO


Por fin coñecemos aos gañadores do 1º Concurso de Historias de Medo Samaín 2010:

-En Educación Infantil gañou un conto colectivo elaborado por todo o alumnado deste etapa:



- En 1º Ciclo a cousa estivo tan reñida que Rosiña optou por premiar os dous contos presentados:
O de 1º Curso:


E o de 2ª Curso:



No 2º Ciclo o gañador foi Daniel Nieto Martínez de 4º curso



E finalmente, a gañadora de 3º ciclo foi Lucía Castiñeiras Ramos de 6º Curso.



NORABOA A TODOS POLOS VOSOS TRABALLOS!!!

domingo, 24 de outubro de 2010

1º CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO

A semana pasada, Rosiña convocou, mediante unha carta ás titorías, con motivo da celebración do Samaín, o 1º CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO. Entrega a túa historia no buzón de Rosiña antes do mércores 27. Hai un premio para o gañador de cada ciclo. Moita sorte!!!!