Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de outubro de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA 2016

 Hoxe é 24 de outubro, e dende o ano 1997, esta data conmemora o DÍA DA BIBLIOTECA. Isto foi unha iniciativa da "Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil", en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo incendiada durante a Guerra dos Balcáns no ano 1992.
 
Cada ano escríbese e ilústrase un pregón, que nesta ocasión é moi especial: por un lado, porque as dúas encargadas de facelo son mulleres (Ledicia Costas e Elena Odriozola); polo outro, porque a escritora é galega. Ámbalas dúas foron premiadas recentemente: Ledicia Costas gañou o Premio Nacional por "Escarlatina, a cociñeira defunta" e o Premio Lazarillo por "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta"; Elena Odriozola foi galardonada co Premio Nacional de Ilustración 2015.

https://drive.google.com/file/d/0B4hTHqLU5nrXczB0SFo3QU04eXc/view?usp=sharing
Esta é a ilustración realizada por Elena Odriozola. Non vos recorda a alguén?
Se premedes sobre a imaxe, poderedes ler o pregón que escribiu Ledicia Costas para celebrar este día tan especial, no que no cole temos tamén unha sorpresiña...
Desfrutádeo!!! 

mércores, 21 de setembro de 2016

A LECTURA, UNHA CHAVE DE FUTURO

Este é o título dun proxecto editado pola Xunta de Galicia que imprimiremos no centro para que comece a visitar os vosos fogares dentro das mochilas viaxeiras, xa que consideramos fundamental ter en conta os artigos que nel se recollen. Esta publicación destaca, entre outros, aspectos como:
          -a importancia da lectura para a vida, xa que as persoas que len desenvolven habilidades que lles permiten coñecer mellor o mundo que os rodea e tamén os sentimentos propios e os das demais persoas;
           -o gusto pola lectura é unha herdanza familiar. Canta máis importancia e estima se lle outorgue a esta actividade na casa, máis posibilidades hai de que se adquira o gusto polos libros;
           -a ameaza para a lectura non está en internet, senón en crer que na rede se pode ler igual que se le fóra dela.

Entre as persoas que colaboran nos textos está Cristina Novoa, a máxima responsable da Asesoría de Bibliotecas Escolares e para moitos unha das principais referencias á hora de falar de animación á lectura en Galicia. Deixámosvos uns vídeos nos que se recolle parte dunha conversa moi proveitosa na que, sobre todo, reflexiona sobre a animación á lectura dentro da casa:
“Aos pais hai que tratar de convencelos que o seu papel é primordial: como mediadores e como exemplo lector. Ningún pai che vai dicir que non quere a lectura para os seus fillos. O que pasa é que para moitos non está no seu contexto ou nunca a viviron. Non son lectores, pero iso non significa que non saiban que é boa para os fillos. Outra cousa é que perciban para que outras cousas, ademais de para o desenvolvemento escolar, pode servir a lectura”.


mércores, 14 de setembro de 2016

100 ANOS DE ROALD DAHL

Tamén a Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela publicou un boletín coa bibliografía de Roald Dahl. Varios deles témolos na nosa biblioteca, pero outros poden ser unha boa idea para un agasallo, para suxerir a súa compra no buzón da biblioteca, etc. Investigade de que trata cada un deles e decidide cal vos apetece ler...

venres, 22 de abril de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Un ano máis, celebramos o DÍA DO LIBRO, unha festa mundial que se remonta a principios do século XX. O 23 de abril de 1616 morrían Miguel de CERVANTES, William SHAKESPEARE e Inca GARCILASO DE LA VEGA. Por este motivo, esta data foi elixida para rendir unha homenaxe ao libro e ás persoas escritoras. 
Xa esta semana Manuel de Paderna nos aconsellaba ler, ler e ler... E o certo é que tamén eu, Rosiña, desde que descubrín o placer da lectura, adícolle todo o tempo que podo, porque son unha porquiña moi valente!!! Valente, si, e se non estades de acordo, lede ou relede o texto que escribiu con motivo do Día do Libro PEDRO FEIJOO, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura: 


Ademais, elaboramos un marcapáxinas para conmemorar o IV Centenario da morte dos tres escritores anteriormente citados. 

E na "Hora de Ler", realizamos unha das nosas actividades preferidas: os "Apadriñamentos e Amadriñamentos Lectores". Pasámolo moi ben e como mostra aquí van as fotiños que fixemos durante esta mañá:

mércores, 24 de outubro de 2012

E PARA DESPEDIR ESTE DÍA.....

Un regaliño antes de que remate este día tan especial. Trátase de imaxes capturadas de un fermoso blogue do que somos fieles seguidores PINZELLADES AL MÓN, todas elas relacionadas ca biblioteca.
A ver se vos gustan!!!

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

  Todo o mes de outubro foi declarado MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES  e hoxe, 24 de Outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA .
O lema proposto desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia para este ano é  "A Biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro"
      Desde 2008, a Consellería de Educación ven editando, a comezos de cada curso escolar, un cartel para difundir o modelo de biblioteca escolar que se está a traballar, uníndose desta forma á celebración do DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR no convencemento de que, aínda sendo unha biblioteca específica (cunha misión clara dentro do centro educativo, e uns servicios e actividades acordes á súa definición como " centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe"), non deixa de ser unha BIBLIOTECA; máis aínda, é a ÚNICA biblioteca pola que pasa toda a poboación en idade escolar dun país: todos os nenos e todos os mozos teñen no seu centro (ou deberían ter) unha biblioteca escolar. (Texto extraido da páxina de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia)

    Para conmorar con vosco esta data a nosa biblioteca quere compartir tres lecturas preciosas da Editorial Juventud, que nos contan tres historias reais de bibliotecarios e bibliotecarias que nos lembran a importante labor que realizamos e o para que o realizamos. Con elas queremos rendirlles unha sentida homenaxe.


 LA BIBLIOTECARIA DE BASORA 
 Jeanette Winter 
É a historia real da loita dunha bibliotecaria, Alia Muhammad Baker, por salvar o valioso fondo da biblioteca de Basora durante a guerra de Irak que nos lembra a todos que no mundo enteiro, o amor pola literatura e o respecto polo coñecemento non coñecen fronteiras.



BIBLIOBURRO
Heather Henson
Luis, mestre en Colombia, un día decide cargar os seus dous burros, Alfa e Beto, con libros, para levarllos aos nenos e nenas que, por vivir en lonxanas zonas rurais, non teñen acceso a eles. Desde entón percorre o país na súa biblioteca ambulante


LA SEÑORA DE LOS LIBROS
Jeanette Winter                                     
Este libro tamén está basado nunha historia real, a valerosa labora das bibliotecarias a cabalo, coñecidas como "as señoras dos libros" nos Apalaches de Kentucky. O proxecto da biblioteca a cabalo fundouse nos anos 30 do século XX co fin de achegar os libros ás zonas ailladas onde había poucos colexiose ningunha biblioteca. A lomos dun cabalo ou unha mula, as bibliotecarias percorrían a mesma árdua ruta cada dúas semanas cargadas de libros chovese, tronase ou afogase coa calor.     

    Tamén queriamos compartir convosco, un novo recurso do Centro Internaional del Libro Infantil y Juvenil de Salamanca (CILIJ) da Fundación Germán Sánchez Ruiperez dirixido a todos aqueles que non podemos acudir aos seuscentros onde son habituais as sesións de contacontos.
TV-CUENTOS é un canal de televisión por internet no que a través de numerosos vídeos pódense apreciar as diferentes técnicas para "contar un conto e non morrer non intento".
     Os especialistas de CILIJ, que levan máis de 25 anos ensinando a moitos profesionais da lectura e a pais e nas cómo contar un conto, crearon este recurso coa convicción de que a narración é unha porta de entrada hacia o hábito da lectura.
    Din os expertos que contar contos é unha actividade moi gratificante, non só para quen escoita senón tamébn para quen narra. A cotio esta práctica asóciase ás primeiras idades e, se ben aos máis pequenos lles gusta que lles conten historia, os maiores tamén son un bo público.
   Agora tedes dispoñibles 25 TV-Contos. O CILIJ seguirá completando con outras narracións esta biblioteca de TV-Contos.
      Pinchade na imaxe para acceder:


   E por último, unha nova proposta para que fagades hoxe. Como estamos celebrando o DÍA DA BIBLIOTECA e ademáis estamos xa metidos ata o fondo nas celebracións do SAMAÍN,  propoñémosvos a elaboración dun fantástico MARCAPÁXINAS MONSTRUOSO.


Están chulísimos verdade???  Pois aquí vos deixamos os pasos para facelos




E para que non teñades ninguna dificultade, aquí vos deixamos tamén á PLANTILLA

FELIZ DÍA A TODOS!!!!