Amosando publicacións coa etiqueta Salón do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Salón do Libro. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2015

IMAXES DO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Poida que este ano non poidamos acudir á XVI Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra pero eso non quere dicir que non poidamos acudir virtualmente.
Rosiña fixo unha escapada esta fin de semana e acaba de enviarnos unhas fotos para que lle botemos un olliño ao que alí atopou.


 Nesta ocasión o Salón leva por título "Da ciencia á ficción" e está dedicado ás ciencias.
"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual...etc. As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.
Falamos de ciencia, de ficción e da delgada liña que as separa".
O Salón inaugurouse o 27 de febreiro e estará aberto ata o 28 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Podedes consultar a súa programación pinchando AQUÍ.
Tamén podedes consultar a bibliografía da temática deste ano para que vexades os libros que tratan o tema da ciencia.


sábado, 28 de febreiro de 2015

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Onte inaugurouse a XVI Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Nesta ocasión leva por título "Da ciencia á ficción", así que matemáticas, astronomía, física e química..., serán algúns dos temas sobre os que centrarán a meirande parte das súas actividades. Dende o 27 de febreiro ata o 28 de marzo o Pazo da Cultura de Pontevedra programa contacontos, obradoiros, espectáculos musicais e de teatro, conferencias e mesmo roteiros pola cidade.
Tedes toda a información premendo na seguinte imaxe, que é o cartel deste ano:

 http://www.salondolibro.org/

venres, 14 de marzo de 2014

VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA: COCIÑANDO CONTOS

Neste curso estamos a traballar nun proxecto integrado chamado PAPACONTOS ZAMPALIBROS que xira entorno a Gastronomía e a alimentación. A este tema tamén se dedica tamén o XV Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra COCIÑANDO CONTOS.
Como xa vimos facendo dende fai uns anos, os alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria viaxaron ata Pontevedra para visitar o Salón acompañados dun guía que lles amosou todos os stands e animou a participar en todas as actividades alí planteadas.












Ademáis asistiron ao espectáculo "A casiña de chocolate" unha narración con música ao vivo (coa participación da Orquesta Filarmónica Cidade de Pontevedra) e posta en escena con tres actores do conto de Hansel e Gretel de OQO Editora. Espectáculo inédito do que só se pode gozar no Salón do Libro.


Pola tarde desprazámonos ata Cambados para visitar unha cetárea de mariscos: MARISCOS VEIRO onde aprendimos unha chea de cousas sobre o procesado de mariscos.

Aquí tedes as fotos da visita:

luns, 18 de marzo de 2013

VISITA AO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O venres 15 de marzo os alumnos de 2º e 3º ciclo desprazáronse a Pontevedra para visitar a XIV edición do SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL titulado este ano "A toda máquina"  pois a súa temática xiraba ao redor ao tema das máquinas inventadas polo home. Aquí tedes o Cartel deste ano.

A organización do Salón tamén publicou unha bibliografía e todos aqueles  libros publicados para vós que falan de máquinas por se vos interesa profundizar sobre este tema.

Pois aquí podedes atopar as fotos desta visita por si queredes gardar ou imprimir algunha:



E tamén, como somos un colexio moi preparado e temos cámara de vídeo, podedes ver algúns vídeos da visita.

Video 1
Vídeo 2 
Vídeo 3
Vídeo 4
Vídeo 5 
Vídeo 6       

E aquí nos tedes a todos pedindo os nosos desexos na MÁQUINA DOS DESEXOS do Salón.



Tamén visitamos á exposición adicada á escritora Marilar Aleixandre, a autora homenaxeada este ano no Salón do libro e da que temos algúns libros no noso cole.




xoves, 29 de marzo de 2012

VISITA AO XIII SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA.

    Desde o 4 ao 31 de marzo de 2012, ven desenvolvéndose en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Levábamos un tempo desexando asistir ao Salón, e como o curso pasado non puidemos finalmente ir, este ano non o deixamos pasar
      O tema deste ano é 12 +1O Salón indaga nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil. 
        A presenza das supersticións é habitual tanto na tradición oral como na literatura contemporánea. Maniféstase de moitos xeitos. Cos números:12+1 (no canto de 13); con símbolos máxicos que funcionan coma amuletos: a figa, a pata de coello...; coas accións que nos dan poder ou nos apartan do mal: cruzar os dedos, pasar a man pola barriga dunha preñada, atopar un trébol de 4 follas, botar o sal por enriba das costas, fregar o chepón dun concorvado... coa presenza de seres sobrenaturais como a Santa Compaña; co máxico poder de lugares especiais coma os cruces de camiños ou os camposantos; con elementos que nos dan medo ou nolo quitan: allos, cruces de madeira... con apócemas máxicas: a queimada e o seu conxuro... e mesmo con animais tan cotiáns coma os gatos. Se son negros, mellor que mellor!
       O autor homenaxeado é Paco Martín, escritor e mestre nado en Lugo cunha grande traxectoria de publicacións e premios entre outros o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 1986 co libro Das cousas de Ramón Lamote. 
         Aquí están as imaxes da nosa visita.



      Tamén fixemos un Roteiro polo casco antigo de Pontevedra pois non é habitual para nós visitar esta cidade e queríamos coñecela un pouco mellor. Foi o propio Salón do Libro o que nos organizou esta visita á cidade e incluso nos puxo un guía que nos explicou con todo luxo de detalles os segredos das súas rúas.
Gustounos tanto que temos pensado volver ao Salón tamén o curso que ven e de paso visitar todos aqueles fermosos lugares que nos ofrece Pontevedra.