Amosando publicacións coa etiqueta guia de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta guia de lectura. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de xuño de 2021

SANCOSMEIRO E GUÍA DE LECTURA

Ola!!!

A última semana do curso entregamos o nº 33 da revista "O Sancosmeiro", que recolle moitas das actividades que realizamos ao longo do curso. Xa sei que a tedes nas vosas casiñas, pero tamén vola deixo aquí, para que poidan lela outras persoas que non teñan acceso a ela:

Sancosmeiro 33

E a guía de lectura na que aparecen novidades que podedes ler durante estes meses de vacacións:

Guía de lectura

Unha aperta enorme,

Rosiña


venres, 30 de outubro de 2020

GUÍA DE SAMAÍN 2020

Aquí vos deixo a Guía de Lectura que fixen para o Samaín. Nesta ocasión non a imprimimos, pero fixemos un vídeo curtiño no que veredes algunhas das novidades relacionadas co medo, a intriga, o suspense... E, ao final da mesma, tedes tamén algunhas propostas para compartir en familia. Espero que vos sexa útil e que, no caso de que vos animedes a ler algún dos libros que nela van, os desfrutedes moitísimo:





martes, 21 de xuño de 2016

O SANCOSMEIRO Nº 29

Como cada ano, ao rematar o curso facemos entrega das notas. E xunto con elas, tamén vai para os vosos fogares O Sancosmeiro, a nosa revista. Esperamos que todo o alumnado desfrute da súa lectura, que a comparta con moitas persoas, que se vexa identificado en cada unha das páxinas que a compoñen... Este traballo é un resumo de todas as actividades que fomos realizando ao longo do curso, e sen a vosa aportación non sería posible facela, así que moitas grazas por participar, por esforzarvos, por encher o buzón de Rosiña de tantas cousas fermosas... E grazas tamén ao profe David, porque se non fora pola cantidade de fotos que nos saca en cada celebración e en cada excursión, as páxinas da revista non lucirían así de bonitas.
Sabemos que é moito mellor desfrutala en papel, pero deixámosvola tamén aquí para que poidades lela e vela tamén dende o blogue:


Tamén vos entregamos unha Guía de Lectura na que seleccionamos algunhas das últimas novidades en galego e castelán para diferentes idades. Xa nos contaredes a vosa opinión se vos animades a ler algúns destes libros:

domingo, 15 de xuño de 2014

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA VERÁN 2014

Pois como xa estamos a piques de rematar o curso e disfrutar das nosas ben merecidas vacacións aquí tendes as nosas recomendacións para que disfrutedes da lectura este verán!!
Disfrutádeas!!

sábado, 9 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe celebraremos no centro o Día Internacional da Muller Traballadora. Será durante a Hora de Ler. Xuntaremos todos para amosar aos demáis os traballos preparados nas aulas e para colgalos no corredor do centro.
Vémonos alí, logo!!
A semana que ven poderedes ver aquí as fotos da celebración.
Mentras tanto deixámovos aquí un par de cousiñas:
Unha é unha Guía de Lectura que elaboramos con libros que contan historias emocionantes protagonizadas por mulleres que reivindican a súa condición feminina para vivir intensamente, que toman as rendas das súas vidas seguindo a súa vocación e desafiando os camiños establecidos para elas. Esperamos que vos guste.
E agora unha sorpresiña para todos vos. Un dos libros recomendados nesta guía   e que podedes atopar na nosa biblio, podémolo ver neste outro formato. Esperemos que  vos guste.

domingo, 16 de decembro de 2012

CARTA AO APALPADOR: a nosa Guía de Lectura Nadal 2012

Ola a todos!!!
Estamos a piques de comezar as vacacións de Nadal e como sempre andamos estresadísimos coas avaliacións, os concursos de postais, as actuacións para o festival....
Pero a biblioteca, como todos os anos, non se olvida de que tamén tedes présa por escribir esa carta tan importante que faga realidade os vosos desexos, non sí??
Este ano pensamos en escribirlle unha carta ao noso bequerido APALPADOR. Lembrádesvos del???

Pensamos que ao mellor non está tan ocupado como os Reis Magos e como Papá Noel, é pode cumprir mellor os nosos desexos. Que vos parece?
Pois aquí tedes a carta xa preparada. Tan só tedes que marcar nela os vosos "pedidos". Escollede ben porque ahí están as lecturas máis especiais para este nadal. Ah!! Tamén vai un pouquiño de música!!!

                              Open publication - Free publishing
Se a queredes imprimir facédeo desde aquí

Tamén os deixamos aquí un folleto para que lembredes quen é o Apalpador:

                             Open publication - Free publishing - More nadal


E por último, acaban de chegarnos estes VÍDEOS:







DISFRUTÁDEOS DE TODOS ESTES RECURSOS!!!

mércores, 20 de xuño de 2012

GUIA DE LECTURA VERÁN 2012

Dous días rapaces!! Dous días e xa estaredes de vacacións!!
Moito traballo, moitos exámenes, moito estudar.... pero tamén moitas experiencias divertidas, moitos coñecementos novos, moitas saídas, moitas historias que contar...
Rematamos un curso intenso cheo de lembranzas para as nosas vidas: nenos, nenas, profes, nais e pais... todos marchamos de vacacións cun sorriso e o corazón cheo de alegrías. E agora toca descansar e divertirnos. Toca facer todo aquelo que nos apetece dende hai moito tempo: levantarnos tarde, xogar, ir á praia, facer unha viaxe especial.... pero tamén toca encher a nosa cabeciña de aventuras con libros moi especiais.
Rosiña preparouvos unha Guía de Lecturas estupendas para facer, de este, un dos vosos veráns máis divertidos.
Elixide aquí os libros que queredes que vos acompañen todo este verán e disfrutadeos porque con eles viaxaredes a unha infinidade de mundos e coñeceredes a unha chea de personaxes sen necesidade de coller o coche nin o autobús.