Amosando publicacións coa etiqueta Excusión de 6º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Excusión de 6º. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de xuño de 2019

EXCURSIÓN Á FÁBRICA DA LUZ DE 5º E 6º

Xa están de volta as rapaciñas e rapaciños de 5º e 6º!!! A verdade é que durante estes tres días o cole estivo moito máis silencioso do habitual, e botamos moito de menos ás doce persoas que participaron na excursión de fin de curso nesta ocasión. Todas elas desfrutaron destes días no albergue da Fábrica da Luz, en Parada de Sil (Ourense), onde compartiron actividades, comidas, anécdotas e moito máis no fermoso entorno do río Mao. Ademais da beleza paisaxística do lugar, tamén coñeceron ás marabillosas persoas que se encargan de levar adiante este fantástico proxecto: Sara e Óscar. Con eles e co resto da xente que teñen contratada para que todo funcione perfectamente estiveron desde o luns ata o mércores os grupos de 5º e 6º, coas profes Sonia e Susi. Chegaron todas moi contentas, e queren amosarnos as fotos destas xornadas nas que descubriron que se levan moi ben e saben desfrutar en equipo dos diferentes momentos do día. Desde aquí tamén queren dar as grazas a Iván, o monitor que se encargou de que non houbera tempo para aburrirse; a María, que se encargou da limpeza do albergue e de servir algunhas das comidas; a Carmen e Lois, que foron os responsables de que comeramos tan rico e abundante e a Sara e Óscar, por suposto, pendentes en todo momento de que a súa estancia neste recuncho de Galicia sexa inesquecible!!! 
E aquí vos amosan as fotos que fixeron nesta fantástica excursión. Se queredes que vos conten algo máis falade con elas; estou segura de que estarán encantadas de compartir esta experiencia.

O primeiro día fixeron unha parada en Ourense antes de instalarse na Fábrica da Luz.

Iván recibiunos con xogos moi divertidos!
O segundo día adicárono a xogar, investigar en profundidade a auga do río Mao e a navegar en kayak polas súas augas ata abrazar o río Sil.

Navegar en kayak polos ríos Mao e Sil foi unha experiencia inesquecible.
O terceiro día camiñaron cume arriba para visitar as tumbas antropomorfas, coñecer un dos castiñeiros máis lonxevos do concello e retratarse diante dunha das vistas máis impresionantes dos canóns do Sil.

O último día camiñaron moito, pero vistas coma esta ben merecen ese esforzo.
Que envidia, non?
 

martes, 30 de maio de 2017

EXCURSIÓN DE 5º E 6º NA RIBEIRA SACRA

Este curso, ao ser tan pouquiñas as persoas que cursan 6º de Primaria, á excursión de fin de etapa sumouse tamén o grupo de 5º. As seis persoas que nos apuntamos (Rubén, Andrea Labandeira, Yanira, Iria, Miriam e Andrea Carballo), acompañadas dos mestres Óscar e Susi, pasamos tres días na Ribeira Sacra desfrutando da natureza, de xogos en grupo e da compañía das persoas que nos recibiron na Fábrica da Luz: Sara, Óscar, Iván, Carmen e Sara. A todas elas queremos agradecer que nos fixeran pasar uns días estupendos e inolvidables, nos que botamos moito de menos a quenes non puideron vir con nós: Ainhoa, Álex e Iria.
Fixemos moitísimas fotos. Para ver as do primeiro día, premede AQUÍ.
As do segundo día, marcadas pola ilusión de montar en kayak polo río Mao ata a súa desembocadura no Sil, podedes velas premendo AQUÍ.


O terceiro día visitamos os Balcóns de Madrid, pero tamén fixemos un roteiro no que descubrimos moitas outras cousas que podedes ver premendo AQUÍ.


domingo, 14 de xuño de 2015

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Por fin temos dispoñibles as fotos da Excursión de Manzaneda dos rapaces e rapazas de 6º. Eran tantas, tantas...!!!
Foi unha viaxe xenial!!! Compartir días e noites xuntos, comidas, e tantas actividades e xogos...
Ademais non tivemos ningún percance!! Ata tivemos moita sorte co tempo que estaba algo tormentoso pero respectounos e non se tivo que suspender ningunha actividade. 
Grazas á profe María por acompañarnos e aturarnos!!
Portámonos todos moi ben e a profe Asun viña moi contenta sobre todo vendo como se portaban os doutros coles!! Agora di que somos uns santiños!! jajaja