Aquí a tedes. Chámase Antía Cal e o pasado 8 de marzo, o periódico "El País" fíxolle unha entrevista que publicou coincidindo co "Día da Muller". Antía, coñecida tamén como Tita, conta a historia da súa vida dende que naceu en Cuba (onde estaban emigrados os seus pais) ata que se instalou en Galicia. O seu soño era ser mestra, e conseguiuno!!! Pero Antía, que ten case 94 anos, tamén tivo que loitar contra moitas inxustizas polo feito de ser muller (estudar unha carreira, facer as tarefas da casa, etc.). Neste repaso pola súa traxectoria, destaca a apertura dunha escola en Vigo á que podían asistir os rapaciños/as na etapa infantil, nun momento da historia no que en España non se consideraba importante a escolarización ata os 7 anos. Coa súa historia, tan interesante, e que podedes ler completa premendo AQUÍ, pechamos esta primeira semana de marzo.
Ademais, tamén podedes ver o documental sobre esta pioneira da ensinanza en España, titulado "A palabra xusta" e dirixido por Miguel Piñeiro, aínda que hoxe é o último día. Premede AQUÍ.
O Día Internacional da Muller conmemórase cada 8 de marzo. Esta data é recoñecida pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e reflexionar sobre a situación das mulleres na sociedade. É certo que na nosa comunidade as cousas mudaron ao longo da historia, pero todavía queda camiño por percorrer para que poidamos falar de igualdade. Sen ir máis lonxe, e centrándonos no tema da música, sobre o que xira o proxecto deste curso, cantas mulleres compositoras coñecemos?, cantas directoras?, cantas construtoras de instrumentos? Pero ao lado de Bach, Mozart, Beethoven ou Stravinsky tamén deberían figurar nomes de mulleres que os libros de historia esqueceron durante moitos anos.
Como exemplo, a película "Nannerl, la hermana de Mozart", preséntanos a unha nena prodixio. Ao final dunha xira familiar que durou 3 anos, coñeceu ao fillo do rei Luís XV, quen a anima a escribir a súa propia música. Pero Nannerl era unha muller, e as mulleres non tiñan dereito a compoñer. Aquí podedes ver o tráiler da película:
Tamén podedes ver no seguinte vídeo un programa adicado ás mulleres compositoras ao longo da historia:
O músico Miguel Bosé tamén participou hai varios anos nunha homenaxe ás mulleres, "Que vivan las mujeres", a través dun anuncio publicitario para unha marca de roupa chilena:
E en Galicia? Pois tamén aquí temos marabillosas representantes, que ademais de facer boa música, amosan un grande interese por apoiar campañas, actos, etc., na procura da igualdade entre homes e mulleres. Así, podemos falar de MARÍA MANUELA, SES, UXÍA SENLLE, MERCEDES PEÓN, SUSANA SEIVANE, NAJLA SHAMI... E GUADI GALEGO, da cal eliximos unha fermosa canción que adica a todas as mulleres que loitaron na sociedade galega por sacar adiante a familia, que traballaron arreo no mar, no campo... Titúlase "Matriarcas" e podedes escoitala e ver o vídeo aquí:
Pero antes destas artistas, houbo outras, coma EUGENIA OSTERBERGER. Nacida no ano 1852 en Santiago de Compostela, foi unha figura relevante no panorama musical e cultural de Galicia no
último tercio do século XIX. Instalouse en A Coruña, onde firmaba as partituras co nome de Madmoiselle Saunier, apelido que tomou do seu marido. En 1907 mudouse á Costa Azul francesa, onde se lle perde a pista. Sen embargo, a editorial Ouvirmos acaba de publicar un libro-CD con 15 pezas para voz e piano desta grande compositora, para coñecela e/ou redescubrila!!! Se queredes escoitar un anaquiño da súa música, premedeAQUÍ.
Manuel María, o escritor ao que se lle adicará o vindeiro 17 de maio o Día das Letras Galegas, publicou no ano 1970 un libro chamado "Remol". Entre as súas páxinas podemos atopar un poema ben fermoso adicado ás mulleres galegas que non aparecen nas enciclopedias, nos libros, nos informativos, etc. E, cando aparecen, adoita ser por motivos que nos fan sentir pouco orgullosos e orgullosas da sociedade na que vivimos. Con este poema, Manuel María rende homenaxe a esas mulleres que temos preto, que vemos día tras día, que traballan arreo para sacarnos adiante, para manter a familia unida, para escoitarnos, para abrazarnos, para querernos... As compañeiras, as amigas, as veciñas, as irmás, as tías, as avoas, as nais... Ben se merecen esta e outras moitas maneiras de homenaxe, non credes? Pois a partir de hoxe, non vos paredes e, da maneira na que prefirades, escribídelle á muller que vós queirades uns versos, unha carta, unha postal... Agradecédello todos os días, pero se queredes aproveitar esta celebración, facede algo especial para entregarllo en persoa!!!
Aquí podedes ler o poema do escritor da Terra Chá MANUEL MARÍA:
As mulleres galegas -labregas,
mariñeiras, artesás, obreiras,
pasado, pobo, presente,
alma e futuro de Galicia-
non foron cantadas
polos poetas cultos e premiados,
pechados nas súas torres de almasí:
eles, tan sensibles, non podían
adicarlles rondós e madrigales,
sonetos perfetísimos
a donas que falan en galego,
que son a forza do pobo,
porque non teñen xeitos requintados,
deprendidos en colexos elegantes,
nin vestidos fermosos,
nin frases retorneadas
-nunca foron á escola,
nin alternaron tampouco en sociedade-
i as súas maus non se semellan
ás azas dos paxaros,
nin teñen soavidades de veludo:
están encallecidas polo traballo,
son duras como as pedras,
só tenras pro garimo,
con soavidades de mel
pra perdoar e comprender,
pra sementar tenrura e máis amor,
pra arrincar odios.
Tamén o mundo do deporte e o olimpíaco tivo marxinada á muller durante moitísimos anos, e mesmo na actualidade atopamos moitas disciplinas nas que apenas participa. Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, a páxina MARCA BUZZ publicou un artigo homenaxeando a 10 das mulleres máis importantes do deporte hoxe en día. Queres saber cales son? Preme enriba das letras vermellas e accederás ao documento.
Mentras tanto, no cole elaboramos unhas bandeiras olímpicas moi especiais, nas que cada grupo se centrou en cinco mulleres deportistas, especiais por moitas razóns que vos amosamos nas seguintes imaxes:
No cole tamén quixemos ter en conta esta data, que conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade e no seu desarrollo íntegro como persoa en igualdade co home.
Nesta ocasión, cada aula afondou un pouquiño na vida dunha muller relacionada co mundo do cine, dacordo co noso proxecto integrado. Foi por iso que elaboramos este traballo que expuxemos o venres, onde nos xuntamos todas e todos co desexo de que a sociedade sexa cada vez menos inxusta con algúns grupos de persoas.
Na seguinte imaxe podedes ver os murais elaborados polos distintos cursos, sobre a figura feminina elixida:
-personaxes de película, como MULAN (Ed. Infantil) e PIPI CALZASLARGAS (3º de Primaria);
-as actrices galegas A BELA OTERO (4º de Primaria) e MABEL RIVERA (1º e 2º de Primaria) ou a americana LOIS WEBER (6º de Primaria);
-mulleres cuxas historias personais inspiraron películas, como a de ANNA SULLIVAN e HELLEN KELLER ("O miragre de Anne Sullivan") ou a de VERÓNICA GUERIN (5º de Primaria).
A continuación atoparedes as fotos sacadas durante o acto de celebración:
Hoxe celebraremos no centro o Día Internacional da Muller Traballadora. Será durante a Hora de Ler. Xuntaremos todos para amosar aos demáis os traballos preparados nas aulas e para colgalos no corredor do centro.
Vémonos alí, logo!!
A semana que ven poderedes ver aquí as fotos da celebración.
Mentras tanto deixámovos aquí un par de cousiñas:
Unha é unha Guía de Lectura que elaboramos con libros que contan historias emocionantes protagonizadas por mulleres que reivindican a súa condición feminina para vivir intensamente, que toman as rendas das súas vidas seguindo a súa vocación e desafiando os camiños establecidos para elas. Esperamos que vos guste.
E agora unha sorpresiña para todos vos. Un dos libros recomendados nesta guía e que podedes atopar na nosa biblio, podémolo ver neste outro formato. Esperemos que vos guste.
O venres 8 de marzo celebraremos o Día da Muller Traballadora. A biblioteca pon a disposición de todos vós unha páxina web na que se recollen todos os recursos atopados pola rede que podedes empregar para traballar e aproveitar ben esta celebración. Pinchade na imaxe para acceder a eles.
Ademais estivemos preparando unha exposición de fondos da biblioteca sobre este tema para que os teñades máis a man e podades disfrutalos.
Este ano que estamos adicando ás culturas do mundo, decidimos investigar nas aulas sobre as mulleres máis importantes das distintas culturas escollidas polos rapaces para os seus proxectos documentais.
En breves, poderedes disfrutar dos seus traballos.
Hoxe celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. É un día moi especial no que conmemoramos a loita das mulleres pola súa participación na sociedade en igualdade de condicións que os homes e polo seu desenvolvemento íntegro como persoas.
A biblioteca do noso cole quere colaborar poñendo á vosa disposición unha Recompilación de recursos que elaborou co gallo deste día e co que pretendemos facilitar aos nosos mestres e aos nosos alumnos o seu traballo e aprendizaxe entorno a un tema tan importante como a igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político.
Pincha no logo para acceder
Os rapaces estiveron traballando entorno a figura de varias mulleres importantes na historia e elaboraron uns carteis que logo colgamos na cocheira da biblioteca. Aquí tedes algunha foto do seu traballo.
Hoxe fai 100 anos que se celebrou por primeira vez o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLODORA.
Esta celebración tivo lugar en varios países europeos e reuniu a máis dun millón de mulleres que reclamaban, entre outras cousas, o seu dereito ao voto e a non ser discrinadas profesionalmente por razóns de xénero.
A editorial Anaya quixo render homenaxe ás mulleres coa publicación de estes dous libros:
-"Ellas hicieron historia" (a partir de 8 anos) -" Mi primer libro sobre ellas" (a partir de 5 anos) Ambos escritos por Marta Rivera de la Cruz e ilustrados por Cecilia Varela.
Nestos dous libros, Marta Rivera de la Cruz acercanos a unha serie de mulleres, algunhas moi coñecidas e outras inxustamente esquecidas, que xogaron un papel importante na loita por conseguir a igualdade de dereitos. Cunha linguaxe asequibel e unha prosa fluida, a autora mostranos o longo camiñoo que as mulleres iniciaron para que ninguén fose discriminado por razóns de xénero. Un camiño que aínda no está rematado e que, grazas a mulleres admirabels como as que protagonizan este libro, conduciranos a un mundo máis xusto.
Coñeceredes a mulleres da talla de: a Condesa de Benavente (ilustrada e amante das artes), Clara Campoamor (loitadora sufragista), María Moliner (pioneira universitaria), Maria Zambrano (filósofa), Matilde Montoya (primeira universitaria mejicana) Anäis Napoleón (pioneira da fotografía en España), María Guerrero (actriz recoñecida internacionalmente) ou a nosa Rosalía de Castro, escritora.
A Editorial Thule proponnos un fermoso album ilustrado: ¿Hay algo máis aburrido que ser un princesa rosa? da ilustradora sevillana Raquel Díaz.
Contanos a historia de Rosa, unha pequena princesa inconformista que soña con outra realidade distinta á que lle ven dada pola tradición dos contos.
Edicións Embora publica O país dos mandóns de Paloma Rodríguez e Cristina Justo. No País dos Mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.
A Editorial Kalandraka publicou O libro dos porcos, un fantástico álbum ilustrado que nos presenta unha nai como tantas, cun home e uns fillos que, compracidos e esixentes, estomballados no sofá, teiman en convertela cada día nun ser invisíbel e sen rostro que traballa sen descanso. Ata que decide marchar. Disfrutádeo!!!