Amosando publicacións coa etiqueta Angel Carracedo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Angel Carracedo. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de febreiro de 2020

NOTICIA SOBRE ÁNGEL CARRACEDO

Hoxe achego aquí unha noticia que nos fai especial ilusión, xa que o seu protagonista é o padriño da nosa biblioteca: ÁNGEL CARRACEDO!!!
Ángel Carracedo recibindo o nomeamento de "honoris causa".
Son varios os medios de comunicación que recollen a noticia, así que nós tamén queremos sumarnos ás felicitacións coa alegría que dá saber que as persoas merecedoras de recoñecemento recíbeno. Ángel Carracedo foi investido "doctor honoris causa" na Universidade do Minho (Portugal), a quen consideran unha “personalidade esencial da sociedade científica” merecedora, ademais, do premio Nobel. Estaremos moi pendentes e desexando que así sexa!!!
Aquí vos deixo algúns enlaces para que poidades ler con máis detemento estas noticias: sobre a imaxe e premendo AQUÍ.

Saúdos,

  

venres, 14 de outubro de 2016

VISITOUNOS ÁNGEL CARRACEDO!!!!

Outra sorpresa marabillosa para despedir a semana: estivo con nós Ángel Carracedo, o padriño da nosa Biblioteca! Claro que Ángel é moito máis que iso. Ademais de ser un recoñecido investigador experto en xenética a nivel mundial, tamén é unha recarga de enerxía positiva cada vez que nos visita. Se non, como explicar o que supón para nós que unha persoa tan especial viaxe ata Ponte do Porto para dar unha conferencia e, na viaxe de regreso, nos adique uns minutos na súa apretada axenda? Un auténtico luxo!!! 
Deu tempo para pouco, e algunha persoa incluso marcou o seu récord en carreira para poder despedirse del, pero canto nos prestou este xantar con Ángel. 
Sabemos que lle encanta o tema que eliximos este ano, así que ao mellor conseguimos descubrir ao músico que leva dentro!!! 
Moitísimas grazas, Ángel!!! 

E grazas tamén a Andrea, a encargada de retratar a parte do profesorado do cole con Ángel.

venres, 18 de setembro de 2015

ÁNGEL CARRACEDO RECIBE O PREMIO NACIONAL DE XENÉTICA

O noso querido Ángel Carracedo recibe hoxe o Premio Nacional de Xenética na cidade de Córdoba. O galardón, concedido pola Sociedade Española de Xenética recoñece a súa labor pioneira no desarrollo de novas tecnoloxías para a identificación forense baseadas na xenética molecular.
Ángel valorou o traballo do equipo de Medicina Xenómica que dirixe e a eles e á súa familia foi a quen lles adicou este premio: "Somos un grupo, porque unha persoa individual non é nada". 
Nós tamén nos sumamos a este recoñecemento e alegrámonos moito de que a súa gran labor sexa ben recoñecida. 
PARABÉNS, ÁNGEL!!!

martes, 5 de marzo de 2013

VÍDEOS DAS CHARLAS DE ÁNGEL CARRACEDO

E aquí están os vídeos!!! A disposición de todos vós!! 
Tardamos moito en telos listos pero xa sabedes que as "cousas de palacio van despacio".
O xoves 21 de febreiro tivemos a sorte de contar de novo na nosa biblio coa presenza do noso "padriño" o       recoñecido xenetista e catedrático de Medicina Legal D. Ángel Carracedo Álvarez.
Este ano invitámolo de novo a pasar o día connosco para falarnos un pouco sobre "o ADN e a oríxe xenética das distintas razas humanas" dado que, como ben sabedes, estamos a traballar nun Proxecto Integrado que titulamos "Onde os libros te leven" que xira en torno ás diferentes culturas do mundo.
Angel, tan amable e cercano coma sempre, aceptou a invitación e ofreceunos dúas charlas: unha para os nosos rapaces e rapazas, como dí el "os rapaces/as máis listos do mundo" e outra para pais, nais e profes. A temática era a mesma e incluso fíxemos o mesmo experimento pero o nivel de complexidade das explicacións cambiaba un pouco.
Sempre é un luxo poder disfrutar da presenza de Angel e dos coñecementos que nos brinda cada vez que nos visita. El sabe que o noso cole é tamén a súa casa e que sempre estamos esperando velo entrar pola porta para compartir con nós un pouquiño do seu valioso tempo. Sabemos que é un home moi importante e que sempre está moi ocupado e agradecémoslle que sempre esté disposto a facer un oco na súa apertada axenda para compartilo con nós.
Dende aquí, Angel, GRAZAS por ser como eres. Estamos seguros de que grazas a ti os nosos rapaces/as síntense un "pouco máis científicos" e que moitos deles cando pensan no seu futuro vense cunha bata de laboratorio e un microscopio nas súas mans querendo ser coma ti.
Disfrutede deste tesouro. Para todos os que o vístedes en persoa e tamén para os que non puidestes asistir disfrutade del como fixemos nós.


Charla de Angel Carracedo para o alumnado do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas" from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Angel Carracedo para o alumnado do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas". Actividade programada pola Biblioteca Escolar dentro do PROXECTO INTEGRADO 2012-2013 "Onde os libros te leven" dedicado ás distintas culturas do mundo. 21 de febreiro de 2013.



Charla de Angel Carracedo para familias e profes do CEIP VÍCTOR SÁENZ sobre "O ADN e a orixe xenética das razas" from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Angel Carracedo para familias e profesores do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas". Actividade programada pola Biblioteca Escolar dentro do PROXECTO INTEGRADO 2012-2013 "Onde os libros te leven" dedicado ás distintas culturas do mundo. 21 de febreiro de 2013.

luns, 4 de febreiro de 2013

Volve ANGEL CARRACEDO ao noso centro

      O vindeiro xoves 21 de febreiro, volve ao noso centro, o padriño da nosa Biblioteca Escolar, D. Angel Mª Carracedo Alvarez, para dar unha charla a nenos e maiores sobre "A orixe xenética das diferentes razas humanas". Esta charla está enmarcada, como outras que levamos realizadas durante este curso, dentro das actividades organizadas dende o noso Proxecto Integrado 2012-13 sobre as diferentes culturas do mundo e que titulamos "Onde os libros te leven".
     Angel falaranos, non só da orixe xenética das razas, senón tamén de moitas das investigacións xenéticas realizadas polo seu equipo no seus laboratorios. Algunhas son moi coñecidas como: a identificación das víctimas do tsunami do sudeste asiático ou do 11M ou a súa colaboración coa Policía Española ou con Scotland Yard na identificación de víctimas de asesinato. Outras non tan coñecidas como a súa colaboración coa Fiscalía Colombiana para a identificación dun neno acollido nun centro de protección de menores de Bogotá, para comprobar se era fillo ou non de Clara Rojas, secuestrada polas FARC no ano 2002. Este caso tivo moita repercusión nos medios de comunicación ao chegar ás pantallas de cine a película "Operación E" do director hispano-francés Miguel Courtois e protagonizada por un dos máis recoñecidos actores galegos, o noso Luis Tosar.

martes, 26 de xullo de 2011

Angel Carracedo: o noso amigo máis premiado.

O noso amigo Angel Carracedo non deixa de recibir premios e recoñecementos. Onte, Día do Apostolo recibiu a MEDALLA DE ORO DE GALICIA otorgada pola Xunta de Galicia por "situar o nome de Galicia nun dos lugares máis prestixiosos da ciencia en xeral e da medicina en particular, cunha ampla labor investigadora no campo da xenética, especilidade da que é pioneiro". 
Pero isto non é todo. Estes días, Angel tamén foi galardonado co PREMIO FERNÁNDEZ LATORRE na súa 53ª edición en recoñecemento a súa "brillante traxectoria investigadora que fai del o científico con maior proxección internacional dos que traballan en Galicia".  Además de convertir ao seu equipo en lider mundial en xenética forense, recoñécese tamén o seu afán renancentista da busca de coñecemento e da súa aplicación en beneficio da sociedade, que o fixo pioneiro no uso das novas tecnoloxías de identificación forense; e o carácter eminentemente divulgador dos seus escritos, que van desde publicacións nas principales revistas especializadas a artigos en medios de información xeral. 

A pesar de todos estes recoñecementos, o noso amigo Angel segue sendo o mesmo home tranquilo e, sobre todo, humilde que nós coñecemos moi ben. 

ANGEL!!  Recibe a NORABOA de toda a comunidade educativa do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ!! Esperamos outra visita túa no cole en canto teñas un ratiño libre!! Estamos ansiosos!!