Amosando publicacións coa etiqueta bosque. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bosque. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de marzo de 2012

O BOSQUE GALEGO

Dentro do Proxecto Integrado "Sementando bosques de palabras" no que estamos inmersos este ano, fai xa uns días recibimos unha sorpresa moi especial:
Chegounos, a través do correo electrónico, o enlace a este video, enviado por profesor de ensino secundario: JOSE ROBERTO FERNÁNDEZ. Foi el mesmo, xunto con outra compañeira MERCEDES CEBRIÁN, quenes dirixiron e elaboraron este fermoso vídeo. 
Non os coñecemos, pero dende aquí queremos darlles a enhoraboa por un vídeo tan fermoso e especial para nós e agradecerlles o detalle de enviarnos o enlace. 
Sacarémoslle moito partido, verdade rapaces???

Pinchade na imaxe para velo:


Tamén está dispoñible na nosa páxina de recursos sobre os bosques, na sección de VIDEOS E DOCUMENTAIS.

venres, 10 de febreiro de 2012

Os nosos rapaces e rapazas de 2º están traballando nun PROXECTO DOCUMENTAL SOBRE AS AVES DO BOSQUE. A nosa Rosiña, desde a biblioteca, deixoulles moitos libros sobre os paxaros pero ahora tamén quere recuperar para eles unhas curtametraxes de Disney que de seguro lles van a encantar.
Trátase de dúas curtametraxes animadas da colección Silly Symphonies producida por Walt Disney entre 1929 e 1939.
A primeira curta está en blanco e negro e é do ano 1931 e titúlase "Paxaros de diferente plumaxe".



Na 2ª curta xa se introduxo a cor. É de 1933 e titúlase "Paxaros en primavera".



E para rematar un video máis. Este xa é mais moderno, do ano 2000, pero tamén é de Disney, en concreto de Disney Pixar. Titulase "Para las aves".  De seguro, vois ides rir moito con el.


ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!!

venres, 3 de febreiro de 2012

CHARLA "O MONTE VIVO"

Hoxe xoves, 2 de febreiro recibimos unha charla no centro titulada O MONTE VIVO no marco do proxecto LIFE “O monte vivo”, que promoven a Xunta, a Asociación Profesional de Silvicultores (SILVANUS) e a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA). Con esta iniciativa procurase, entre outros fins, fomentar a toma de conciencia da poboación en xeral e dos máis pequenos en particular sobre o necesario coidado, conservación e posta en valor da nosa riqueza forestal. O proxecto céntrase en concreto na redución do número de incendios no monte de orixe intencionada ou neglixente.
O programa LIFE é o instrumento financeiro da Unión Europea destinado a apoiar proxectos relacionados coa conservación da natureza e o respecto ao medio ambiente. Neste caso concreto, o proxecto “O monte vivo” ten como principal obxectivo cambiar determinados comportamentos da poboación en relación cos incendios forestais, mediante a participación activa e responsable dos cidadáns na protección dos bosques. E permitir, ao tempo, que tomen conciencia do seu uso sostible, contribuíndo á protección da biodiversidade, co fin último de acadar unha redución do número de lumes de orixe intencionada ou neglixente.
A campaña céntrase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, da calidade das augas ou do ocio. Explícanse cales son as principais causas dos incendios, as medidas de prevención, a regulación do uso do lume e a necesidade da participación dos cidadáns na conservación do medio natural.
Concienciación
As accións que se levan a cabo dentro deste proxecto se centran en campañas para incrementar a concienciación, dirixidas por unha banda á poboación escolar dos centros educativos de Galicia, a través de actividades presenciais, traballos do alumnado con ferramentas web e a participación en concursos de debuxo e redacción, caso dos que se veñen de convocar agora.

CHARLA: O monte vivo (Infantil + 1º, 2º e 3º de Primaria from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

CHARLA: O MONTE VIVO (4º, 5º e 6º curso) from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.