Amosando publicacións coa etiqueta Sentimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sentimentos. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de decembro de 2020

EXPOSICIÓN DAS POSTAIS DE NADAL E UN VÍDEO ESPECIAL

Ola!!! Xa falta pouco para rematar o trimestre, e coa chegada destas primeiras vacacións comezan tamén as festas de Nadal. No cole convocamos o "Concurso de postais", animándovos tamén a que as escribirades pensando nas persoas ás que podemos enviárllelas, xa que este ano as celebracións deberán ser menos numerosas do que desexariamos... Así que estou segura de que as persoas que reciban as vosas postais se alegrarán moito e sentiranse moi contentas de saber que vos acordades delas. Eu, antes de que comecen a súa viaxe, fíxenlles unha foto para que poidades ver o bonitas que quedaron, e aquí van para todas vós: FOTOS "CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2020"

Lembrade que algunhas delas recibirán un premio que entregaremos no comedor do cole. Cales serán as gañadoras? 

Tamén quería compartir con vós un vídeo que fala da soidade das persoas nesta época do ano. Tristemente, son moitas as que pasan os días sen compañía, durante o Nadal pero tamén durante o resto do ano, e moitas veces sen desexalo. Así sucede nesta ocasión, e aínda que o vídeo xa foi realizado hai un ano, adáptase moi ben para esta situación de pandemia... Espero que vos guste moito!

Unha aperta enorme!!! 


martes, 22 de maio de 2018

PUM, PUM!, TEATRO EN SANTA COMBA

Esta mañá pasamos un ratiño no Auditorio Municipal de Santa Comba, onde asistimos á representación "Pum, pum", da compañía Baobab Teatro
"Pum Pum" é un espectáculo que fala da historia de Marieta, unha meniña rodeada de portas que se abren e contan historias, historias cotiás que lles pasan a todos os nenos e nenas. Pero unha delas garda un segredo que Marieta non contara a ninguén. E esta última porta fálanos dunha historia moi diferente ás outras que nos deixa unha mensaxe: non gardedes un mal segredo, contádeo e pesará menos!
Aínda que foi unha mágoa que non viñerades todos/as a vela, o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria desfrutou moito con este espectáculo que presentaba varias técnicas (teatro de actor/actriz, monicreques, máscaras, sombras) e con música orixinal creada para a obra e interpretada en directo. Aquí podedes ver o tráiler:


Queremos agradecer ao Concello de Santa Comba a súa invitación a un espectáculo tan interesante, e á compañía Baobab Teatro polo seu traballo tan ben feito sobre un tema tan delicado. E, ademais, aínda se pararon a saudarnos a todos/as ao remate da actuación e a fotografarse diante do escenario con todos/as nós. Moitísimas grazas!!!


domingo, 13 de setembro de 2015

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!!!

Ola, rapaciños e rapaciñas!!! Como estades? Como foron as vacacións??? Seguro que xa tiñades ganas de voltar ao cole e contar todo o que fixestes durante estes meses aos vosos compañeiros, aos mestres, ... 
A min xa me contaron algunhas novedades: que temos unha compañeira nova en 3º, e outro en 2º. Que ben!!! Espero que lles derades unha boa benvida e que lles vaiades contando como funciona o noso cole! Teño moitas ganas de coñecelos, como tamén ás meniñas e meniños que comezan en Infantil!!! Xa sei os nomes de todos, e dentro duns días xa os coñecerei en persoa!!! Teño moitísimas ganas!!! 
Mentras tanto, envíovos esta curta que vin hai poucos días e que me encantou. Ten moito que ver co cine, por suposto, pero tamén cos sentimentos, coa natureza... Desfrutádeo, e ídevos preparando para comezar un novo proxecto este curso!!! Unha aperta enorme,
Rosiña.

xoves, 5 de marzo de 2015

SENTIMENTO: A EMPATÍA

A empatía é a habilidade que ten unha persoa para comprender as emocións doutra. É dicir, poñerse no lugar dos demais, axudando así a entender os seus sentimentos. Se queredes traballar este sentimento, podedes comezar por ver algún fragmento dos seguintes vídeos:

"For the birds"


"A galiña ou o ovo?"


"Empatía"


"O poder da empatía"

 

"Os ollos de Lena"

sábado, 28 de febreiro de 2015

EMOCIÓNS E SENTIMENTOS

O profesorado do cole está realizando un curso sobre Intelixencia Emocional, para o cal invitamos á experta TERESA MOLEZÚN, quen asistiu ao centro durante varias xornadas para poñer en práctica as habilidades socio-emocionais, que teñen unha influencia directa no éxito das relacións humanas en todos os seus ámbitos. E tamén queremos traballalas con todo o alumnado do cole. Por iso, dende o blogue iremos compartindo toda aquela información que nos pareza interesante ter en conta. Empezamos?
Para traballar algúns dos sentimentos que máis coñeces, preme na seguinte imaxe:

 http://www.vedoque.com/juegos/identidad-sentimientos-diversidad.swf?idioma=es 

Se queres descubrir como cambia o pelo da protagonista desta historia en función dos seus sentimentos, mira o seguinte vídeo:



Nestoutro enlace podes observar e crear rostros que expresan diferentes sentimentos:
 https://es.tiching.com/la-expresion-del-rostro/recurso-educativo/71169

E nestoutro vídeo atoparás personaxes cinematográficos que amosan tamén emocións que de seguro poderás identificar: