Amosando publicacións coa etiqueta charlas para pais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta charlas para pais. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de novembro de 2019

CHARLA PARA NAIS E PAIS

A semana pasada rematamos celebrando unha charla sobre como educar con afecto e firmeza.
Celebrouse no noso cole ás 12 da mañá, e estivo impartida pola Psicóloga Begoña Rial Calvo, quen compartiu un ratiño coas persoas que se achegaron ao centro para falar sobre algo tan importante como a práctica da disciplina positiva.
Premendo AQUÍ podedes ver as fotos desta sesión orientada ás nais e pais do alumnado do centro, e queremos agradecer a presenza de todas aquelas que amosaron o seu interese por ela e fixeron o esforzo de asistir á mesma. 


 

mércores, 31 de outubro de 2018

CHARLA SOBRE INTERNET

Onte recibimos a Adrián Brañas Castro, quen veu ofrecernos unha charla dentro do programa "Navega con Rumbo polo Ciberespazo", unha iniciativa encamiñada a que as rapazas e rapaces naveguen coa maior seguridade posible pola rede, evitando riscos de Internet. Esta charla, á que estabades convidadas/os tamén todas/os as nais e pais do alumnado, foi entretida e moi interesante, e aínda que foron poucas as persoas que asistiron á mesma, pensamos que é moi importante coñecer moitas das recomendacións que expertos como Adrián nos ofrecen, antes de que calquera de nós se vexa nunha situación de ciberacoso ou outro risco. Prever nunca está de máis; seguro que pensamos todas o mesmo!!!
Se queredes coñecer o programa podedes acceder premendo aquí. 
Para ver as imaxes da charla no cole, premede AQUÍ.

Un saúdo, 




luns, 16 de abril de 2012

CHARLA DA ESCOLA DE PAIS E NAIS

O venres 13 ás 13:30, dentro do programa de actividades arredor da conmemoración do DÍA DO LIBRO, a Escola de Pais e Nais do noso centro recibiu unha nova charla titulada"Que podemos facer para fomentar a lectura e mellorar o rendemento académico dos nosos fillos" a cargo de Mª del Pilar Allaríz Villanueva da ASOCIACIÓN NERIA.


Arriba, todas "estudando" moi concentradas os apuntes da profe Pilar.
Abaixo, foto de familia coa profe e do noso dire.



venres, 30 de marzo de 2012

Charla dunha mamá sobre o PAKICETUS

Os rapaces de Infantil estamos inmersos nun Proxecto de Investigación sobre os LOBOS. A mamá de Manú de 4 anos, Mayte Antelo, e bióloga e como estudosa dos animais sabe moitas cousas sobre os lobos. Hoxe venres 30 de marzo veu a cole a explicarnos como un lobo prehistórico o PAKICETUS, foi evolucionando ata dar lugar a actual BALEA.