Amosando publicacións coa etiqueta exposicions. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta exposicions. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de abril de 2012

Actividades Día do Libro

O xoves 19 recibimos, como estaba prevista a Visita da escritora, contacontos e actriz CHARO PITA.
Charo ofreceunos dúas sesións de contacontos. Unha para Infantil e 1º Ciclo e outra para 2º e 3º Ciclo.
As sesións foron financiadas polo centro e pola Asociación de Pais e Nais colaboradores do Comedor a partes iguais. Dende aquí queremos agradecerlles a súa colaboración.
Charo estivo espectacular!!! Encantáronos os seus contos. Os nosos rapaces xa coñecían os libros que ela ten publicados pois temoslos na biblio.
Foi un día cheo de maxia para nós. Un gran honor contar con ela nesta ocasión.
Charo!!! Queremos que volvas!!!! Esperámoste!!!



O luns 23 de abril para conmemorar o Día do Libro puxemos en práctica por primeira vez a experiencia dos APADRIÑAMENTOS LECTORES. Foi un momento moi especial para todos nós. Os Padriños e Madriñas lectores (alumnos de 2º e 3º ciclo) buscaron o lugar que máis lles gustou por todo o colexio para lerlles un conto aos seus afillados. 
E aquí os tedes!!!



LÉNDOLLES AOS PADRIÑOS: A continuación, os profes Guille e Xavi agasallaron aos Padriños Lectores con lecturas escollidas para a ocasión. A todos nos gustan que nos lean. Non é verdade??


EXPOSICIÓN: "O MEU LIBRO ESPECIAL": Durante estes días no corredor do colexio disfrutamos dunha fermosa exposición sobre os libros máis especiais para nós: alumnos/as e profes. Podedes vela aquí. Pulsade nas flechiñas para ver o traballo de cada un de nós.

mércores, 5 de outubro de 2011

EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA PAIS E NAIS

O máis importante para conseguir que os teus fillos lean é predicar co exemplo; porque os fillos son o reflexo dos seus pais.
SE TI LES, ELES LEN!!!
Debes ser o modelo a seguir para os teus fillos, e ler no teu tempo libre. Se é xunto a eles, moito mellor!!!
A nosa biblioteca recibiu o curso pasado unha donación de cartos para mercar libros para adultos por parte dos pais e nais colaboradores do comedor escolar.
Aquí tedes unha mostra. Estes e moitos máis están na biblioteca a vosa disposición!!
DISFRUTADE DA LECTURA !!!!


martes, 27 de abril de 2010

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO NO NOSO COLE

O venres 23 celebramos no cole o DÍA DO LIBRO coas seguintes actividades:
  1. Exposición PARA QUE LES?. Iniciativa do Clube de lectura da ONG Implicadas no Desenvolvemento e recollida por un gran número de bibliotecas escolares galegas que contribuiron na elaboracion e montaxe desta exposición na que moitas persoas pertencentes a diferentes eidos da cultura explican as súas razóns para ler e o que a lectura proporciona ás súas vidas. Todo este traballo foi coordinado polo CEIP de Malpica, o IES de Fene e o IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Vaian, dende aquí, nosas felicitacións e recoñemento á todas as persoas que fixeron este posible este fermoso traballo. Ver galería de imaxes da exposición no noso centro.
  2. Exposición PARA QUE LEN OS NOSOS MESTRES? Os profes do noso cole tamén quixeron participar na iniciativa anterior e animáronse a explicar as razóns polas que lles gusta ler e as súas recomendacións. Queres velos?
  3. Exposición PARA QUE LEN OS NOSOS ALUMNOS? Os nenos e nenas do cole nos quixeron explicar por que lles gusta ler e incluso nos recomendaron os seus libros favoritos. Fotos da exposición.

  4. Presentación oficial do BLOGUE DA NOSA BIBLIO. Os profes da biblio explicaron aos rapaces o manexo do noso blogue e todos os seus contidos.


  5. Lecturas en honor a CERVANTES. Álgúns profes leron e dramatizaron para os rapaces un conto no caso dos máis pequenos ou un fragmento do Quixote no caso dos máis veteranos. Mira ás fotos.
  6. Entrega dos MARCAPÁXINAS que nos enviou a nosa Rosiña para conmemorar este fermoso día. Queres un?