Amosando publicacións coa etiqueta colaboración pais e nais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colaboración pais e nais. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de maio de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC

OLA A TODAS!!!

O pasado 28 de abril foi o Día Internacional das Rapazas nas TIC, e no cole realizamos diferentes actividades para celebralo. A máis emotiva delas foi a que tivo lugar o pasado xoves, 5 de maio, xa que convidamos ás familias a vir ao centro a falarnos sobre como a tecnoloxía mellorou as nosas vidas e os nosos traballos. A proposta foi aceptada por Estefanía, Simón e Mónica, nais e pai de alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, que marabillaron a todo o cole coa súa exposición en tres ámbitos diferentes: o mundo forestal, o traballo administrativo e a saúde bucodental. 

As protagonistas das charlas foron recibidas con grande entusiasmo polo alumnado.

Despois da súa exposición, aproveitamos para facerlles unhas preguntas para Radio Rosiña, que incluímos no seguinte programa radiofónico:


Ademais, estas e outras familias gravaron un vídeo en familia para animar ás nenas, rapazas e mulleres a adicarse a profesións do ámbito científico-tecnolóxico, pois as profesións non teñen xénero e todos/as podemos ser o que queiramos ser. Con todos eles, creamos o seguinte vídeo:

   

Moitas grazas pola vosa participación!!!

Unha aperta, 

Rosiña

luns, 9 de marzo de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER

Esta semana iniciámola celebrando o "Día da Muller", e para iso convidamos ás nais do noso alumnado a falar sobre os seus traballos ao longo da xornada. Aquí está o resumo fotográfico das interesantes charlas que nos ofreceron estas mamás valentes, xenerosas e únicas!!!! Tamén aproveitaremos a información que recollemos para publicar diversos programas en "Radio Rosiña", dos que vos avisaremos no seu momento. Mentras tanto, premendo sobre cada imaxe podedes ver as fotos das charlas de Francis, Raquel, Lorena, Verónica, Nansi e Eva, ademais das nosas cociñeiras Lourdes e Mariví, que foron "asaltadas" ao comezo da xornada sen previo aviso. Moitísimas grazas a todas!!! Foi moi fermoso escoitarvos e compartir con todas vós o día de hoxe, e estou segura de que ese exemplo de esforzo e constancia se transmitirá ás futuras xeracións, tanto nas nenas coma nos nenos!!! BRAVÍSIMAS!!!

Francis, a mamá de Candela e Martina, falounos do seu traballo no laboratorio.
Ademais, todas elas responderon ás preguntas das persoas que as escoitaron: por que se adicaron a iso, que é o que máis e o que menos lles gusta do seu traballo, desde cando traballan, que tiveron que estudar, etc.
Esperamos que elas marcharan tan contentas coma nós despois de escoitalas... 
Apertas para todas!!!


venres, 6 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O próximo luns, 9 de marzo, celebramos o "Día Internacional da Muller" no cole, e entre as actividades organizadas está unha que nos fai especial ilusión: a presenza das nais do noso alumnado, que virán contarnos en que consisten os seus traballos. Estamos desexando recibilas para escoitalas e preguntarlles as cuestións que nos xurdan, pero, sobre todo, o que nos enche de alegría é que queiran compartir connosco un ratiño de conversas coas nenas e nenos do cole, amosando compromiso, valentía, xenerosidade, e moitas outras cousas que agradecemos enormemente!!!! 


venres, 12 de abril de 2019

INAUGURAMOS SECCIÓN EN RADIO ROSIÑA

Luís no estudio de "Radio Rosiña"
Hoxe estou moi contenta, porque onte tivemos unha visita moi especial en "Radio Rosiña"!!!! Desde que comezamos a nosa aventura radiofónica, nunca nos visitaran os pais e nais das nenas e nenos do cole. Pero desde onte quedou inaugurada xa esta nova sección, que espero reciba a moitas das familias do noso alumnado. A persoa que se encargou de romper o xeo foi Luís, o papá de Mateo, quen nos leu o texto que publicamos para a celebración do "Día Internacional do Libro Infantil". Luís contounos tamén algunhas outras cousas, entre elas que era a súa primeira vez na radio, algo que custa crer despois de escoitar con que profesionalidade le este texto tan fermoso. Luís, moitísimas grazas por aceptar a nosa proposta e polo teu esforzo para poder estar en "Radio Rosiña". Esperamos que nos visites moitas máis veces, e que outros pais e nais se animen tamén a vir, porque a nosa radio é para todas!!!!