Amosando publicacións coa etiqueta lendo lendas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lendo lendas. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de maio de 2010

TRABALLOS DOS ALUMNOS SOBRE A MITOLOXIA

Ola rapaces!!! Son Rosiña outra vez. Estou entusiasmada porque xa me están comenzando a chegar os vosos traballos sobre os seres míticos galegos e parécenme preciosos. TRABALLASTEDES MOITÍSIMO!!! Así que agora a recompensa é que todo o mundo poida velos desde calquera parte do mundo. Aquí volos deixo. ENHORABOA A TODOS !!!

"PERSONAXES MÁIS QUE MÁXICOS": Traballo do alumnado de infantil. Trátase de un libro de solapas que recolle case todos os seres máxicos que coñecemos este ano co que podemos xogar a inventarnos personaxes novos. Divertidísimo!!!


"ARREPIOS EN MAZARICOS": Traballo do alumnado de 3º que fará que morras co medo. Queres saber que é a Santa Compaña? Que fae? Cando sae? Quen a pode ver? E como protexernos dela? Visita o seu traballo. Ademáis os rapaces recolleron no seu lugar lendas de aparecidos e incluso inventaron unha entre todos eles.

"LENDAS FANTÁSTICAS DE MAZARICOS": Traballo do alumnado de 5º. Os rapaces e rapazas de 5º converteronse en autores dun fermoso libro no que cada un deles inventou unha fermosa lenda. Os personaxes das súas lendas sempre son os seres fantásticos que bulen polos bosques galegos. Disfrutadeo!!!


"POEMAS ENCANTADOS": Traballo de Iria, Alejandra, Mirian e Noelia, alumnas de 4º. No Entroido estas rapaces disfrazáronse de mouras con longas melenas louras e peite de ouro incluido. Tanto lles gustou este persoaxe que agoran nos deleitan cun conto en verso. Precioso, por certo! Enhoraboa chicas!!


"OS NUBEIROS VAN DE VIAXE": Traballo de Jose Manuel, Tatiana, Valentín e Martín, alumnos de 4º. Polo Entroido estas rapaces convertéronse en nubeiros e déronnos moita guerra. Lembrades a Ciclogénesis Explosiva? Nós sospeitamos que eles tiveron algo que ver....Agora deixannos abraidos con este fermoso conto do que son autores. Coidado con eles!!!


"COIDADO COS TRASNOS": Os de 1º converteronse en trasnos polo Entroido pero resulta que nesta historia que escribiron entre todos, un día de treboada, un raio entrou pola ventá da súa clase e os converteu a todos en trasnos de verdade. Imaxinades que trasnadas fixeron polo cole?


Open publication - Free publishing -

"A FESTA COS DIAÑOS BULREIROS": Os rapaces e rapazas de 2º son os protagonistas dunha intrépida historia que os leva á festa de San Xoán en Mazaricos. Xa sabedes que esta é unha noita máxica na que pode ocorrer calquera cousa: atópanse cun home misterioso que resulta ser un diaño bulreiro co que se divirten a esgalla.


luns, 19 de abril de 2010

MITOLOXIA GALEGA

Agora que xa coñecedes a todos esos personaxes que bulen polas lendas galegas, deixámosvos aquí o video que elaboramos como presentación dos Seres Míticos Galegos para que os teñades a todos xuntiños. Lembrade consultar o "Diccionario de Seres Míticos Galegos" e a "Pequena Mitoloxía de Galicia" de Reigosa, Miranda e Cuba se queres saber máis sobre eles.

mércores, 14 de abril de 2010

EXPOSICIÓN LENDO LENDAS

O luns 12 de abril púxose a disposición de profesores e alumnos unha exposición cos fondos da biblioteca relacionados ca Campaña de Animación á Lectura Lendo Lendas. Os libros de momento non se poden levar para a casa pois queremos que estén a total disposición de alumnos e profesores que, ata o 7 de maio, estarán elaborando traballos relacionados cas lendas.
Os nosos rapaces e rapazas, primeiro coñeceron aos seres máxicos dos que se fala nas lendas galegas; despois, convertíronse neles polo Entroido e finalmente convertiranse en escritores, ilustradores e editores das súas propias lendas, que logo pasarán a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.

luns, 5 de abril de 2010

LENDO LENDAS

Á volta das vacacións de Nadal, comezamos os traballos para por en marcha a nosa primeira Campaña de Animación á Lectura titulada "LENDO LENDAS". Agora que os contos e os cantos se van apagando con cada vello que morre, resulta de vital importancia rescatar os derradeiros testemuños da nosa riquísima tradición oral.
O noso obxectivo é transmitir aos nosos rapaces/zas a literatura popular galega e darlles a coñecer aos "habitantes do lusco-fusco, afeitos a medraren entre sombras e facer delas a súas aliadas; personaxes que nos fan tremer, que nos fan raiar, que nos encantan, que nos desencantan, que namoran, que enredan e mesmo chegan a causar desgrazas..." (Gloria Sánchez en Fadamorgana nº1, 1999)
Queremos que os nosos rapaces/zas aprendan a "tratar cos mouros, cos ananos, coa xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras, que rouben o peite da moura, que sufran con paciencia a trasnos, diaños e tardos, que se durman con Pedro Chosco e que recollan carbóns que se convintan en tesouros". (Pequena Mitoloxía de Galicia, 2001)
Aquí vos presentamos o cartel e o lema da nosa campaña. Gústavos?

Se queredes coñecer todos materiais desta campaña, están a vosa disposición no seguinte enlace LENDO LENDAS (2009/2010). Tamén podes chegar se buscas nos accesos da dereita do blog, onde pon Campañas de Animación á Lectura.