Amosando publicacións coa etiqueta Onde os libros te leven. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Onde os libros te leven. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de xuño de 2013

A VISITA DE RIANA PUBLICADA NA VOZ DE GALICIA

Pincha sobre a noticia para poder lela con comodidade.


xoves, 6 de xuño de 2013

VIDEO-CHARLA DE ALEJANDRO PACIOS SOBRE A CULTURA INUIT

      ALEJANDRO PACIOS  foi, con 11 anos, alumno da profe Asun cando fixo as prácticas de Maxisterio no seu pobo, Vegadeo, en Asturias fai uns cantos aniños.
     Hoxe en día, Alejandro é licenciado en Belas Artes e productor audiovisual. Actualmente está preparando o seu doctorado. Ademáis no 2011 decidiu converterse nun xoven emprendedor e montou a súa propia empresa Objetivo 7 producción editorial
        Recentemente Alejandro viaxou a Groenlandia para grabar e producir un documental sobre o POBO INUIT  xunto co arqueólogo Santiago D. Domínguez quen está preparando unha tese sobre os distintos tipos de caza na historia. 
       Alejandro, que vive e traballa en Cuenca, prestouse a grabar un pequeno vídeo para nós coa intención de acercarnos á cultura inuit, tan lonxana e descoñecida. A intención inicial era facer unha video-conferencia con el, pero a velocidade da nosa liña de internet é tan tristemente baixa que non foi posible (a ver se alguén con algún tipo de responsabilidade neste tema, le isto)
    O vídeo está dedicado especialmente aos nenos e nenas de 1º ciclo que estiveron investigando e traballando nun proxecto sobre esta cultura. 
       Toda a comunidade educativa do C.E.I.P. Víctor Sáenz quere agradecerche, Alejandro, que fixeras este esforzo tan especial para nós tendo, como sabemos que tes, unha axenda tan apretada. As portas do noso centro estarán sempre abertas para tí e invitámote a visitarnos cando ti queiras. Xa estás nos nosos corazóns!

Grazas, Alejandro!!

Por certo, a profe Asun dí que che perdoa por chamarlle Aurora!!!
Moitos Bicos dende Mazaricos!!



Vídeo sobre os Inuits de Alejandro Pacios from bibliotecavictorsaenz2 on Vimeo.

Hoxe saímos outra vez no periódico!!!!

Rapaces, estamos comezando a facernos famosos!!! Onte publicamos a entrada no noso blogue a os xornalistas sácannos hoxe no periódico!!
Queremos dar dende aquí as grazas á Voz de Galicia por facer este seguimento do noso traballo!


mércores, 5 de xuño de 2013

A HISTORIA DO PEQUENO BÁBACHI para Kamishibai

Os alumnos de 4º estiveron investigando sobre a cultura da India durante todo o curso e decidiron preparar unha historia da India para contarvos empregando o noso Kamishibai, o teatriño xaponés que nos enviaron dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería.
A historia titúlase: A HISTORIA DO PEQUENO BÁBACHI  de Helen Bannerman e Fred Marcellino e foi traducida por eles á galego. Esperamos que vos guste
Vela aquí non ten tanta gracia como vela no Kamishibai pero queriamola compartir con todos vos e tamén con todos aqueles colexios de Galicia que a queiran descargar e disfrutala cos seus alumnos.

PROXECTO DOCUMENTAL DE 4º CURSO: INDIA

Os alumnos de 4º decidimos ao principio de curso que queriamos coñecer un país tan lonxano como a India así que puxémonos en marcha e estivemos todo o ano investigando cousas novas sobre a súa cultura. Queriamos compartir con todos vos o noso traballo. Esperamos que vos guste e que o aproveitedes! Lembrade que a partir de agora, además de aquí no blogue, tamén estará a vosa disposición na biblioteca.


Publish at Calameo or read more publications.

Pincha AQUÍ se queres velo a pantalla completa

Tamén elaboramos unha páxina web con toda a información que fomos recollendo para o noso proxecto e podedes consultala aquí: 



PROXECTO DOCUMENTAL DE 1º CICLO: HABITANTES DO ÁRTICO: OS INUIT

Os nenos e nenas do primeiro ciclo, este curso estivemos aprendendo sobre a cultura dos inuit; unha cultura que vive nas zonas árticas do planeta e da cal descubrimos cousas interesantísimas. Aquí tedes unha pequena mostra do que investigamos. A ver se o disfrutades coma nós.

PROXECTO DOCUMENTAL DE 6º CURSO: RUSIA

SSS

Publish at Calameo or read more publications.

Pincha AQUÍ para ver a pantalla completa

PROXECTO DOCUMENTAL DE EDUC. INFANTIL: O LIBRO DOS INDIOS

Ola:

Este curso traballamos no cole as diferentes culturas que hai no mundo. En infantil gustounos moito AMÉRICA pero como é un continente moi extenso centrámonos no estudo dos indios de norteamérica. Aquí podedes ver todo o que aprendemos deles. Esperamos que vos guste!

PROXECTO DOCUMENTAL DE 5º CURSO: UN PASEO POLO NORTE DE ÁFRICA

AAA

martes, 4 de xuño de 2013

PROXECTO DOCUMENTAL DE 3º CURSO: CHINA

JKJKJKJKJOs rapaces e rapazas de terceiro fixemos un proxecto sobre China, ao principio queriamos facelo tamén de Xapón pero hai tantas cousas que contar… que decidimos centrarnos en China. A nosa investigación forma parte do Proxecto Integrado de este ano “Onde os libros te leven”, que xira arredor das culturas. Oxalá vos guste!!


Pincha AQUÍ para ver o proxecto a pantalla completa

PROXECTO DOCUMENTAL DE INGLÉS: LONDRES

Proxecto documental elaborado polos alumnos do C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ sobre Londres, en colaboración coa mestra de Inglés, dentro das actividades programadas pola biblioteca para o Proxecto Integrado "Onde os libros te leven".

sábado, 1 de xuño de 2013

RIANA VAN NIEKERK TALJAARD, unha sudafricana en San Cosme

 
    O mércores 29 visitou o noso centro RIANA VAN NIEKERK TALJAARD, unha profe de inglés se orixe sudafricano que se prestou para ver a darlles a os nosos nenos e nenas unha charla sobre o seu país: SUDÁFRICA.
    Riana trouxo preparada unha presentación de fotografías e vídeos que escolleu con moito cariño para darnos a coñecer o seu país. Ademais trouxo billetes sudafricanos e un ovo de avestruz enorme e decorado pola súa filla como regalo para nós. Ah!!! E tamén nos trouxo un puzzle enorme de Sudáfrica que estamos desexando facer.
    Riana respondeu ás preguntas dos más curiosos e deixounos no centro varias moedas do seu país e un puzzle de Sudáfrica enorme, a modo de agasallo,  para facermos entre todos.
Esta visita é outra das actividades organizadas pola Biblioteca dentro do noso Proxecto Integrado de este ano "Onde os libros te leven" que xira entorno as culturas do mundo.
Podedes ver o vídeo da charla, se volo perdestes aquí:

GRACIAS RIANA!!! Por prestarte a compartir con nós esta experiencia tan especial e por acercarnos un pouco a un país tan lonxano e especial como o teu.  Gracias por ter un carácter tan alegre e positivo e por saber buscar o mellor xeito de chegar ao corazón de todos os nenos e nenas de San Cosme!!
Agora formas parte das nosas experiencias vitais e sempre terás as portas abertas da nosa pequeña comunidade educativa!!

Charla de Riana from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

Aquí tedes algunhas fotos da visita de Riana!

luns, 29 de abril de 2013

Concerto privado de Haruna Tabeke para o noso alumnado

O venres 26 Haruna Tabeke, a concertista de piano xaponesa que nos deu unha charla no noso cole para acercarnos a cultura do pobo xaponés, ofreceunos, tal e como nos prometera, un concerto privado no Auditorio de Galicia. 
Cando estivo no noso cole Haruna ensinounos moitísimas costumes e tradicións do seu país pero todos quedamos con ganas de vela tocar o piano. No cole non temos piano, só un teclado eléctrico na aula de música, así que ela prometeu atopar unha data axeitada na súa axenda para que a poidésemos escoitar ao piano.
O colexio e Haruna negociaron co Auditorio de Galicia para que nos prestaran unha das súas salas de concertos e, por fín, chegaron a un acordo e prestáronnos a Sala Mozart para nós exclusivamente.
O venres, para alá marchamos, emocionadísimos, e escoitamos a Haruna tocar 3 pezas:  unha de Wolfgang Amadeus Mozart, outra de  Franz Liszt e outra de Claude Debussy.
Cando saímos do concerto Andrea de 2º díxolle á profe Susi que o piano de Haruna tocaba máis rápido co dela!!  Que simpática!!!


Concerto privado de Haruna Tabeke para o CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.




sábado, 6 de abril de 2013

VISITA DO ACORDEONISTA BIELORRUSO VADIM YUKHNEVICH,

Onte recibimos unha visita moi especial na nosa biblioteca de VADIM YUKHNEVICH, un marabilloso acordeonista bielorruso!! 
Vadim veunos a falar sobre a cultura do seu país, BIELORRUSIA dentro do programa de actividades organizado desde a biblioteca para o Proxecto Integrado deste ano "Onde os libros te leven"
Vadim Yukhnevich recorreu varios lugares de Europa (Alemaña, Francia...) tocando na rúa con outros instrumentistas. Ademáis de impartir clases de acordeón, forma parte de numerosos proxectos relacionados coa escena: participa tocando en directo en diversas obras de teatro (Berrobambán, Mago Teto...); realiza gravacións e espectáculos didácticos (Boas Noites, O camaleón musical...), forma parte de varios grupos musicais (Stranniki, Xúa Kibitka, Banda Crebinsky...)
Leva 12 anos vivindo en Galicia, así que xa coñece moi ben a nosa cultura, e nós queriamos saber da súa: cómo é a vida cotiá en Bielorrusia, que similitudes e diferenzas ten coa nosa... E sobre todo, queriamos saber sobre a música e a danza bielorrusa.... e, por suposto, escoitar o seu acordeón!!!
Aquí tedes a fotos da súa visita: 



E tamén podedes disfrutar do vídeo por si non poidestes estar presentes ou por si o queredes volver a ver.

Charla Vadin Yukhnevich no CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Vadin Yukhnevich, acordeonista bielorruso no CEIP VÍCTOR SÁENZ dentro do programa de actividades do PROXECTO INTEGRADO 2012-13 "Onde os libros te leven" dedicado ás culturas do mundo. Venres 5 de abril de 2013

mércores, 27 de marzo de 2013

HOXE SAÍMOS NA VOZ DE GALICIA

Ola a todos!!!!

Hoxe o noso cole sae nun artígo da Voz de Galicia!! 
O artigo faixe eco das charlas que estamos organizando no centro dentro do programa de actividades do Proxecto Integrado "Onde os libros nos leven". Este é o proxecto que se plantexou dende a nosa biblioteca neste curso e que xira en torno ao tema das diferentes culturas do mundo. 
Botádelle un ollada  á noticia. Pinchade sobre a imaxe!!


martes, 5 de marzo de 2013

VÍDEOS DAS CHARLAS DE ÁNGEL CARRACEDO

E aquí están os vídeos!!! A disposición de todos vós!! 
Tardamos moito en telos listos pero xa sabedes que as "cousas de palacio van despacio".
O xoves 21 de febreiro tivemos a sorte de contar de novo na nosa biblio coa presenza do noso "padriño" o       recoñecido xenetista e catedrático de Medicina Legal D. Ángel Carracedo Álvarez.
Este ano invitámolo de novo a pasar o día connosco para falarnos un pouco sobre "o ADN e a oríxe xenética das distintas razas humanas" dado que, como ben sabedes, estamos a traballar nun Proxecto Integrado que titulamos "Onde os libros te leven" que xira en torno ás diferentes culturas do mundo.
Angel, tan amable e cercano coma sempre, aceptou a invitación e ofreceunos dúas charlas: unha para os nosos rapaces e rapazas, como dí el "os rapaces/as máis listos do mundo" e outra para pais, nais e profes. A temática era a mesma e incluso fíxemos o mesmo experimento pero o nivel de complexidade das explicacións cambiaba un pouco.
Sempre é un luxo poder disfrutar da presenza de Angel e dos coñecementos que nos brinda cada vez que nos visita. El sabe que o noso cole é tamén a súa casa e que sempre estamos esperando velo entrar pola porta para compartir con nós un pouquiño do seu valioso tempo. Sabemos que é un home moi importante e que sempre está moi ocupado e agradecémoslle que sempre esté disposto a facer un oco na súa apertada axenda para compartilo con nós.
Dende aquí, Angel, GRAZAS por ser como eres. Estamos seguros de que grazas a ti os nosos rapaces/as síntense un "pouco máis científicos" e que moitos deles cando pensan no seu futuro vense cunha bata de laboratorio e un microscopio nas súas mans querendo ser coma ti.
Disfrutede deste tesouro. Para todos os que o vístedes en persoa e tamén para os que non puidestes asistir disfrutade del como fixemos nós.


Charla de Angel Carracedo para o alumnado do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas" from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Angel Carracedo para o alumnado do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas". Actividade programada pola Biblioteca Escolar dentro do PROXECTO INTEGRADO 2012-2013 "Onde os libros te leven" dedicado ás distintas culturas do mundo. 21 de febreiro de 2013.



Charla de Angel Carracedo para familias e profes do CEIP VÍCTOR SÁENZ sobre "O ADN e a orixe xenética das razas" from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Angel Carracedo para familias e profesores do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas". Actividade programada pola Biblioteca Escolar dentro do PROXECTO INTEGRADO 2012-2013 "Onde os libros te leven" dedicado ás distintas culturas do mundo. 21 de febreiro de 2013.

xoves, 21 de febreiro de 2013

XA TEMOS AQUÍ AS FOTOS DO ENTROIDO

Ola rapaces e rapazas !!!
Por fin temos xa preparadas algunhas fotos do noso Entroido Multicultural!!



Os de Infantil disfrazáronse este ano de Queztzales: unha ave típica de centroamérica e que os antiguos habitantes de América representaron infinidade de veces. É facil saber en que proxecto andan metidos este ano verdade?  Pois sí están investigando sobre a Cultura Americana.
Os de Primeiro Ciclo están investigando sobre a Cultura Inuit. Os inuits, aos que todos coñecemos como esquimales, visitaron o cole o día de Entroido!!! A que estaban preciosos?
Os de 3º curso anda perdidos polo Oriente, coñecendo as Culturas Chinesa e Xaponesa. Estaban impresionantes de vermello. A que sí?
Os de 4º curso perdéronse na India e andan investigando sobre a súa cultura. Estaba elegantísimos cos seus saris e os seus turbantes!!
Os de 5º curso están profundizando no coñecemento da Cultura Bérbere e viñeron vestidos como eles!!
E os de 6º curso sorprendéronnos coa súa indumentaria propia da gran estepa rusa pois están investigando sobre Rusia!!

Para acabar queremos deixarvos un vídeo que montamos coas fotos e coa canción oficial do Entroido escrita por a nosa querida Susi (profe de música). Esperamos que vos guste o resultado!


Entroido das culturas (C.E.I.P. Víctor Sáenz) from bibliotecavictorsaenz1 on Vimeo.

martes, 12 de febreiro de 2013

Préstamo da Biblioteca da Fundación Germán Sánchez Ruipérez

A nosa biblioteca solicitou á BIBLIOTECA DA FUNDACIÓN GERMÁN SÁNCHEZ RUIPÉREZ  un préstamo de fondos relacionados coas culturas: temática que estamos traballando este ano no noso Proxecto Integrado "Onde os libros te leven". Enviáronnos 2 tipos de coleccións: "Lecturas de Aquí y Allá" (dende febreiro ata maio) e "Lecturas á carta" (dende febreiro ata finais de curso). Estes materiais que inclúen literatura, libros de información e películas formarán parte dunha exposición que estará a vosa disposición para que poidades realizar as vosas investigacións.
Que os disfrutedes!!!

luns, 4 de febreiro de 2013

Volve ANGEL CARRACEDO ao noso centro

      O vindeiro xoves 21 de febreiro, volve ao noso centro, o padriño da nosa Biblioteca Escolar, D. Angel Mª Carracedo Alvarez, para dar unha charla a nenos e maiores sobre "A orixe xenética das diferentes razas humanas". Esta charla está enmarcada, como outras que levamos realizadas durante este curso, dentro das actividades organizadas dende o noso Proxecto Integrado 2012-13 sobre as diferentes culturas do mundo e que titulamos "Onde os libros te leven".
     Angel falaranos, non só da orixe xenética das razas, senón tamén de moitas das investigacións xenéticas realizadas polo seu equipo no seus laboratorios. Algunhas son moi coñecidas como: a identificación das víctimas do tsunami do sudeste asiático ou do 11M ou a súa colaboración coa Policía Española ou con Scotland Yard na identificación de víctimas de asesinato. Outras non tan coñecidas como a súa colaboración coa Fiscalía Colombiana para a identificación dun neno acollido nun centro de protección de menores de Bogotá, para comprobar se era fillo ou non de Clara Rojas, secuestrada polas FARC no ano 2002. Este caso tivo moita repercusión nos medios de comunicación ao chegar ás pantallas de cine a película "Operación E" do director hispano-francés Miguel Courtois e protagonizada por un dos máis recoñecidos actores galegos, o noso Luis Tosar.

venres, 1 de febreiro de 2013

Vídeo da charla de Esperanza Calvo xa á vosa disposición

Que tal, rapaces??

     Por fin temos preparado o vídeo da Charla que nos ofreceu ESPERANZA CALVO, corresponsal de Tele 5 en China no noso cole. 
     Estamos seguros de que a ela faralle tanta ilusión como a nós poder ver este vídeo e lembrar o momento tan estupendo que pasamos con ela e o moito que nos ensinou sobre China.
     Esperamos que Esperanza xa esquecera os malos momentos que lle fixo pasar o noso portatil coas fotos que nos traía preparadas. 
     Como ela vai ler isto desde China, aproveitamos para mandarlle unha forte aperta e un feixe de bicos de todos nós. 
GRAZAS ESPERANZA!!! 
GRAZAS POLA TÚA DISPOÑIBILIDADE E POLA TÚA APORTACIÓN Á NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA!
Tés as portas do noso cole e da nosa biblio abertas para cando queiras volver!!!


CHARLA DE ESPERANZA CALVO CORRESPONSAL DE TELE 5 EN CHINA NO CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz1 on Vimeo.
Charla da periodista Esperanza Calvo correspondal de Tele 5 en China no CEIP VÍCTOR SÁENZ dentro do programa de actividades do Proxecto Integrado 2012-13 "Onde os libros te leven" dedicado ás culturas do mundo. 11 de xaneiro de 2013.
http://bibliovictorsaenz.blogspot.com