luns, 24 de abril de 2017

DÍA DA TERRA 2017

O sábado 22 de abril foi o Día da Terra. E Google adicoulle o doodle, así que aquí vos quero deixar o enlace para que poidades ver a historia dun raposo que un día soña co final do noso mundo. Que decide facer este animaliño en canto esperta? 



O Día da Terra foi instaurado polo estadounidense Gaylord Nelson, para concienciar á xente da importancia de coidar o planeta. O primeiro ano no que se celebrou foi en 1970, cando dúas mil universidades, dez mil escolas (de Primaria e Secundaria) e centenares de comunidades aceptaron esta proposta.
Esta boa iniciativa foi moi ben acollida desde a súa creación, sendo unha oportunidade para xuntarse por un mundo limpo e non maltratado polo ser humano. Sempre podemos facer algo a favor do planeta; non tiremos a toalla!!!


1 comentario:

  1. Moitas grazas por compartir o vídeo, este post moi bo e seu blog. ¡Siga así, desexo-lle éxito!

    Do: ¡QueVariedades!

    ResponderEliminar