Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial das Aves Migratorias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial das Aves Migratorias. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de outubro de 2019

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DAS AVES MIGRATORIAS

Mañá, 12 de outubro, celébrase o Día Mundial das Aves Migratorias, como xa vos anunciei hai varios días. Como é sábado non estaremos no cole, polo que adiantamos a súa celebración este venres. Para iso xuntámonos no patio do cole, onde falamos un pouquiño sobre as aves migratorias e lemos un texto sobre unha das máis coñecidas por todas nós: as anduriñas. Podedes lelo de novo premendo AQUÍ.

Ao pé do castiñeiro falamos das aves migratorias.
E despois colocamos unha pequena caixa niño no fermoso castiñeiro do patio, invitando deste xeito a vivir nela á familia de paxariños que antes se anime. A nós encantaranos recibir a calquera!!!
Estaremos moi atentas a todos os cambios que se vaian producindo, e anunciarémolos con grande emoción!!!

E, para rematar a xornada, vimos unha fermosa película na que tamén as aves son as protagonistas: "Voando libre"!!!

Premede na imaxe para ver todas as fotos.


luns, 30 de setembro de 2019

PROXECTO 2019-20 e DÍA MUNDIAL DAS AVES MIGRATORIAS

Esta tarde deixeivos a cartiña na que anunciamos o proxecto deste curso, que irá sobre as AVES. Imaxino que xa lestes todo o que nel vos conto, pero por se algunha persoa quere relela, premendo AQUÍ podedes acceder a ela.

Ademais, o próximo 12 de outubro celébrase o "Día Mundial das Aves Migratorias", e nesta ocasión non podemos deixar pasar inadvertida esta data, máis aínda cando chega acompañada dun cartel coma o desta ocasión, adicado á protección das aves contra a contaminación dos plásticos.


Mira o seguinte vídeo e reflexiona sobre o que nel se conta:


A organización que promove o envento, a "World Migratory Bird Day" explica dun xeito moi resumido como afecta o plástico ao medio ambiente en xeral e ás aves en particular, ademais de facer unha proposta de cousas que podemos facer todas nós para mellorar o mundo, porque do que si estou convencida é de que todas os actuacións deixan pegada, así que o que fagamos IMPORTA!!!


Pensa/pensade nunha proposta coa que poidas/poidamos comprometerte e depositádea na caixa que se colocará a vindeira semana (do 7 ao 11 de outubro) na entrada da biblioteca.

Por último, quería dicirvos que entre os socios do "Día Mundial das Aves Migratorias" atópase unha das científicas máis importantes do mundo, JANE GOODALL, quen tamén fai unhas declaracións moi interesantes sobre este tema.