Amosando publicacións coa etiqueta recursos día do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos día do libro. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO 2018

O pasado 2 de abril foi o Día Internacional do Libro Infantil, data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen.
Cada ano encárgase un país de elaborar o cartel e redactar un texto para celebrar esta data. Nesta ocasión correspondeulle a Letonia. A imaxe é do ilustrador Reinis Petersons, e o texto da poeta, editora e activista da promoción da lectura Inese Zandere, que titulou "Os libros fan grande o máis pequeno". A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix), traduciuno ao galego, así que tamén eu quero compartilo con todas/os vós. Podedes lelo premendo AQUÍ.

E o luns 23 de abril celebramos o Día do Libro, e premendo nos seguintes enlaces atoparedes interesantes actividades:
-Roberto Andrés Pacini Sarli recolle apuntes interesantes sobre esta data (por que se celebra o 23 de abril, a revolución do libro, e propón un conto ao que terás que escribirlle o seu final).
-Na web Lapicero Mágico propoñen 50 actividades para o Día do Libro.
-Na web Actiludis recolleron adiviñas e crebacabezas para os cursos de 1º a 4º de Primaria.
- "Un conto que contaba o mundo enteiro" en diferentes idiomas (tamén en galego).
-Na web Tiching.com destacarei, entre as moitísimas propostas, a Curtametraxe "Leer en corto", porque nada mellor que un libro para viaxar!!! 

A vindeira semana agárdannos moitas actividades no cole, porque xa sabedes que eu son unha auténtica devoradora de libros, así que estou desexando celebralo convosco!!!
Apertas,                                                                                                                                   
   

mércores, 17 de abril de 2013

CONCURSO DE CARTEIS PARA O DÍA DO LIBRO

Ola rapaces!!! Como vai iso!!!
Eu estou feliz con este bo tempo que estamos disfrutando despois de tantos días de chuvia sen poder saír a xogar ao patio e vós??

Veredes! O martes que vén é 23 de abril e celebraremos o DÍA DO LIBRO no noso cole. 
Este ano repetiremos a experiencia dos APADRIÑAMENTOS LECTORES que tanto éxito tivo o curso pasado.

Pero eu quero propoñervos algo máis!
Tratáse dun concurso.
Imos facer de publicitarios!!! Queremos facer entender á xente do boa que é a lectura  e polo tanto temos que convencelos de que ler ten moitísimos beneficios.
Que vos parece???
Tedes que facer un cartel ilustrado e cun slogan!!

E para que poidades ter máis clariño o que tedes que facer, pareceume boa idea buscar pola rede outros carteis que promocionan a lectura e ensinárvolos aquí. Quizais vos sirvan de inspiración.



Os carteis terán un tamaño DIN-4 como máximo e os slongans deben estar en galego. As ilustracións deben estar rotuladas. Tedes ata o martes 23 para entregalos!!!
Sorte!!  O gañador ten premio!!

luns, 30 de xaneiro de 2012

PARA REFLEXIONAR

mércores, 27 de abril de 2011

CONMEMORACIÓN DÍA DO LIBRO

Ola rapaces!!! Xa estamos de volta!!! Que tal de vacacións!!! De seguro que as aproveitastes ben, verdade?
Como ben sabedes o sábado 23 celebrouse o DÍA DO LIBRO e como caeu un día de vacacións non o poidemos celebrar no cole como se merece un día tan importante. Pero non importa, pois podemos celebralo durante toda esta semana.
Empezamos hoxe á tarde recibindo a visita do CONTACONTOS IAGO LÓPEZ por xentiliza da Editorial XERAIS.
Tamén vos deixamos aquí o acceso a nosa Recopilación de Recursos e actividades para empregar nas aulas nestas datas. De seguro que atopades o que andades buscando. 

(Atoparas un acceso permanente a esta páxina no menú de navegación no panel lateral.)
E un regaliño máis. Este fermoso poema de Carlos Negro que é un agasallo seu para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos do Autor.

Unha illa de luz na xema dos dedos.
Uha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
Unha pulga e o xigante.
Uha rosa e o cravo.
Unha serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.

martes, 20 de abril de 2010

RECURSOS DÍA DO LIBRO

Aquí vos deixamos a vosa disposición un listado de recursos para traballar sobre a conmemoración do Día do Libro. Pincha no debuxo: