Amosando publicacións coa etiqueta paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta paz. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de marzo de 2022

NO COLE DICIMOS "NON Á GUERRA"

"NON Á GUERRA" é o lema que escribimos nas ventás do colexio, que xa colocamos a semana pasada para amosar o noso rechazo ante calquera tipo de violencia. Son moitos os conflitos armados que están sucedendo en diferentes zonas do mundo (Gaza, Siria, Afganistán, República Democrática do Congo...), ao que desde hai varios días se veu sumar un máis: o ataque a Ucraína por parte do exército ruso. No cole celebramos un acto conxunto, colaborando tamén na recadación de fondos impulsada por "Save the Children", lendo un manifesto e bailando unha canción do folclore ucraíno titulada "Oi u haiu".

Este acto comparte a data con outras conmemoracións moi interesantes que teremos en conta tamén ao longo da xornada e mesmo da semana, xa que hoxe é o "Día Mundial da Poesía", o "Día Internacional dos Bosques", o "Día Mundial do Síndrome de Down" ou o "Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial". 

Podedes premer na imaxe para ver todas as fotos e tamén algún dos vídeos que gravamos:

No CEIP Víctor Sáenz dicimos: "NON Á GUERRA"

Unha aperta,

Rosiña

mércores, 28 de xaneiro de 2015

“WE ARE THE WORLD” CUMPRE 30 ANOS

Moitos/as de vós tal vez non coñezades esta fermosa canción, así que hoxe, con motivo do seu 30 cumpreanos, queremos presentárvola! “We are the world” foi composta dun xeito especial que ten moito que ver, ademais, coa celebración do Día da Paz que terá lugar o próximo venres. Así que vos contamos a súa historia:

No ano 1985, África sufría unha fame terrible, especialmente Etiopía. Por esta razón, en Hollywood xuntáronse varios artistas para gravar unha canción composta por Lionel Richie e Michael Jackson. Os beneficios obtidos foron donados a "USA por África" para axudar na loita contra esa difícil situación que vivían no continente africano. 

Xuntáronse máis de 40 músicos, entre os que se atopaban Michael Jackson, Stevie Wonder, Tina Turner, Bob Dylan, Bruce Springsteen... A canción convertiuse nun auténtico himno, e foi interpretada e versionada en moitísimas ocasións. Hoxe segue emocionando escoitala!

We are the world
we are the children,
we are the ones who make a brighter day
so let's start giving
There's a choice we're making
we're saving our own lives
It's true we'll make a better day
just you and me.  

Somos o mundo
Somos os nenos
Somos os que facemos un día máis brillante
Así que comeza a dar
Hai unha decisión que estamos facendo
estamos salvando as nosas propias vidas
É certo, faremos un día mellor
só ti máis eu.                 
                         

domingo, 27 de xaneiro de 2013

DÍA DA PAZ 2013

O mércores celebraremos o día da Paz no noso cole!
Estes días estamos traballando este tema nas aulas a partir da nosa páxina de recursos elaborada dende a biblioteca onde se poden atopar unha chea enlaces, bibliografías, vídeos, xogos, música,... Pincha na ilustracción para acceder:
 Dende o CEIP MESTRES GOLDAR de Vigo nos chega esta actividade LIM elaborada pola mestra Julia González para traballar esta celebración tan importante. Enviamoslle o noso agradecemento dende aquí e todo o noso cariño. Gracias Julia!



A biblioteca tamén preparou unha exposición de fondos relacionados con este tema para que poidades atopalos facilmente.

O alumnado de algunhas clases está vendo a película "Gandhi" que nos amosa a vida desde gran loitador hindú. A película é moi longa así que proxéctase un pouco todos os días e vaise intercalando con explicacións dos profesores. Os rapaces e rapazas de 4º están especialmente interesados na vida deste gran activista pois están realizando un traballo documental sobre a Cultura da India.



Desde a clase de música tamén  estamos preparando unha canción Apertas que voan de Paco Nogueiras Nodar, un músico galego que compuxo este tema pensando na celebración do próximo 30 de xaneiro: o día da PAZ. A ver se a cantamos ben forte para que todos/as se enteren de que as cousas que nos diferencian non deberían ser impedimento para facer amigos e para quererse. Entre todos conseguiremos que as nosas apertas cheguen aos cinco continentes!!! Que voen!!!



 Outra das iniciativas que estamos levando a cabo consiste en preparar unha gran pomba da paz entre todos os grupos do cole. Cada grupo encárgase de decorar unha parte da pomba como máis lle guste e de por enriba a palabra PAZ no idioma da cultura que están investigando na clase. Xa vos amosaremos o bonita que queda a nosa pomba cando esté rematada. A que xa estades dexesando vela?

xoves, 9 de febreiro de 2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no noso cole cunha chea de actividades:
Pola mañá visionamos varias películas e vídeos:
Infantil traballou o vídeo basado no libro "Wangari e as árbores da Paz".


O 1º e o 2º ciclo visionaron e traballaron sobre a película "El gigante de hierro"



O 3º Ciclo visionou e traballou a película "Azur e Asmar" baseada no libro do mesmo nome. (pincha na imaxe para vela)

Despois todos os rapaces do cole escribiron os seus desexoS de paz en pequenas pombiñas de papel e con elas fixemos "A ÁRBORE DOS NOSOS DESEXOS DE PAZ".


Quedounos fermoso verdade??

Para finalizar saímos ao patio a cantar e bailar unha canción titulada " Camiño de Viseu". Para rematar un representante de cada clase compartiu con todos nós o seu desexo de Paz ao micrófono e logo soltamos unhas fermosas pombas que os levaxen moi lonxe.
E aquí tedes o video resumo de este día tan especial para nós.



A biblioteca tamén puxo á nosa disposición unha exposición de fondos relacionados co tema da Paz.

luns, 30 de xaneiro de 2012

PARA REFLEXIONAR

domingo, 22 de xaneiro de 2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebraremos, como cada ano, no noso colexio o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi. Durante esta semana, iremos realizando todo tipo de actividades na aulas para conmemorar este día.
Dende a biblioteca, coma a sempre, tratamos de facilitarvos as cousas proporcionándovos unha  extensa recompilación de recursos para traballar nas aulas.

O Seminario Galego de Educación para a Paz ofrece a todo o profesorado, moi diversos materiais e recursos didácticos que poden baixarse gratuítamente da rede.

domingo, 23 de xaneiro de 2011

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA PAZ

O día 30 de xaneiro celebraremos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Dende aquí queremos agradecer a xenerosidade de todos os centros educativos e institucións que permitiron a elaboración deste traballo a través da aportación desinteresada dos seus traballos.
Ao longo da semana levaremos actividades nas aulas pero tamén disfrutaremos de outras máis colectivas.
Rosiña ten preparada unha exposición de libros sobre este tema que vos van encantar.
Queremos agradecer tamén dende aquí a colaboración da Biblioteca Pública de Bertamiráns.
E aínda disfrutaremos de máis sorpresas que vos ten preparadas Rosiña !!!