Alejandro é un rapaciño de 2º que nos fixo un dos agasallos máis emotivos deste curso: nada máis e nada menos que unha película!!! Xunto coa mestra Cris, nas clases de Audición e Linguaxe prepararon unha das historias que máis lle gustan a Alejandro: "Os tres porquiños". Xuntando imaxes sobre este conto por todos/as coñecido, Alejandro vai narrando os sucesos dos seus protagonistas. E como non podía ser doutro xeito, houbo unha presentación oficial desta creación na aula de 1º e 2º, onde todas as persoas asistentes nos emocionamos con este impresionante traballo!!! E para aquelas que non puidestes asistir, aquí tedes o vídeo do noso director de cine máis noviño. NORABOA A ALEJANDRO E A MESTRA CRIS!!!!
Amosando publicacións coa etiqueta películas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta películas b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 17 de xuño de 2015
venres, 22 de maio de 2015
"THE KID" de CHARLES CHAPLIN
Rematamos a semana asistindo a unha espectáculo moi especial no Centro Cultural de A Picota: o visionado da película "The Kid" con interpretación da súa banda sonora en directo!!! Ao tratarse dun filme mudo (foi rodada no ano 1921), naquela época empregaban música en directo para acompañar as proxeccións, conseguindo con iso que o ruído que facía o proxector non se percibira tanto, ademais de conseguir efectos sonoros que incrementaban os sentimentos que transmitían as diferentes escenas (alegría, tristeza, ira, etc.)
E así ocorreu co "Cuarteto Ancestral", un grupo de músicos creado no ano 2007. A película de Charles Chaplin acompañada por teclado, violín, viola e violoncello fixo que desfrutaramos moitísimo dunha historia que a todos nos marabillou.
Se queredes saber máis sobre este grupo e sobre a película, premede sobre a imaxe e poderedes traballar a Unidade Didáctica elaborada polo "Cuarteto Ancestral" para esta actividade:
Etiquetas:
Biblioteca cámara acción,
cine,
música,
películas
venres, 24 de abril de 2015
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Con motivo dun día tan especial coma o de hoxe, 23 de abril, celebramos a "Hora de ler" dunha maneira especial: os rapaciños e rapaciñas de 3º, 4º, 5º e 6º curso léronlles un ou varios contos ao resto dos meniños e meniñas do cole despois do recreo, elixindo a zona do cole que máis atractiva lles resultase para dita actividade. Así foi como se encheron os diferentes recunchos, patio incluído, de lectores e oíntes que desfrutaron moitísimo con esta actividade que, desde que se iniciou no cole, repetimos cada "Día do Libro". Aquí tedes as imaxes:
Tamén quedaron moi bonitos os marcapáxinas que cada un/unha de vós elaborou para o taboleiro que colocamos ao lado da exposición de libros. Aquí podedes ver as vosas versións de carteis xa publicados ou as vosas creacións máis orixinais. En calquera caso, o certo é que con estes marcapáxinas tan ben feitos seguro que non hai quen vos deteña nas vosas lecturas... Fixádevos ben onde se atopa o voso para recollelo a vindeira semana!
Ademais, dende a Biblioteca elaboramos unha Guía de Lectura na que vos recomendamos películas que inclúen escenas que teñen lugar en bibliotecas moi diferentes!!! Coñécelas todas?
martes, 24 de marzo de 2015
MÚSICA E CINE EN COMPOSTELA
Comeza a última semana do trimestre cargadiña de actividades e saídas. Esta mañá parte do alumnado (3º, 4º, 5º e 6º) viaxamos a Santiago de Compostela, para asistir a un espectáculo no colexio La Salle, ofrecido polo grupo "La armónica invisible". Este grupo, formado por tres músicos (teclado, guitarra, batería e voces) interpretou unha serie de temas ilustrativos do que foi e é a música na historia do cine. Desfrutamos con temas adaptados aos distintos xéneros cinematográficos e faláronnos sobre a función da música nalgunhas escenas de películas moi coñecidas. Todo iso, con música en directo e imaxes dos filmes proxectados nunha pantalla que nos mantivo moi atentos/as durante parte da mañá.
Despois, completamos a viaxe coa visita á exposición no Auditorio de Galicia "Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns". Alí puidemos ver parte da produción deste creador pontevedrés, que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes. As obras expostas no Auditorio, en papel e cartón (probas de autor, gravados, técnicas mixtas sobre papel, pochoirs, etc.), fixeron voar a nosa imaxinación!
E a pesar de que ameazaba chuvia, puidemos desfrutar da nosa comida ao aire libre e dun ratiño facendo o que máis nos gusta: XOGAR!!!
Aquí van as fotos dun día especial no que botamos de menos aos rapaciños e rapaciñas que non puideron vir e ao resto dos grupos e mestres que quedaron no cole.
Etiquetas:
Biblioteca cámara acción,
concerto didáctico,
Museos,
música,
películas,
pintura,
saídas didácticas
mércores, 11 de marzo de 2015
CONTACONTOS EN INGLÉS
Hoxe asistimos, en compañía tamén do profesorado e alumnado do cole de Pino de Val, a un contacontos moi especial na Picota. Realmente, era unha storyteller, xa que a rapaza encargada da actividade contounos todo en inglés! A profe Marina axudounos moito durante os días previos a este espectáculo e puidemos entendelo de marabilla!
O alumnado de 3º a 6º pasouno xenial coas historias dunha rapaza entusiasmada co mundo do circo. Para Infantil, 1º e 2º, as historias tiveron que ver co mundo do mar, e foron tamén moi divertidas. Ademais, algúns e algunhas de vós tivestes a sorte de poder transformarvos en músicos ou animais! Rimos, emocionámonos, cantamos, saltamos, bailamos... E aprendemos inglés!
O alumnado de 3º a 6º pasouno xenial coas historias dunha rapaza entusiasmada co mundo do circo. Para Infantil, 1º e 2º, as historias tiveron que ver co mundo do mar, e foron tamén moi divertidas. Ademais, algúns e algunhas de vós tivestes a sorte de poder transformarvos en músicos ou animais! Rimos, emocionámonos, cantamos, saltamos, bailamos... E aprendemos inglés!
A segunda parte da visita á Picota foi unha sorpresa cinematográfica, pero iso será un segredo que quedará entre nós...
Aquí van as fotos, que de seguro vos farán rir recordando as aventuras que nos contou esta marabillosa contacontos:
Etiquetas:
Biblioteca cámara acción,
Contacontos,
inglés,
películas
xoves, 5 de marzo de 2015
A HISTORIA INTERMINABLE
A historia interminable, tamén coñecida como A historia sen fin, é unha novela fantástica do escritor alemán MICHAEL ENDE. Dende a súa primeira publicación (no ano 1979), foi todo un éxito, sendo traducida a máis de 36 idiomas e adaptada para diversas producións cinematográficas.
Segundo conta o propio autor, a novela expresa o desexo de atopar a realidade que nos rodea a través de percorrer o camiño inverso, é dicir, a parte interior de cada un que se atopa na súa imaxinación:
"Cando nos fixamos un obxectivo, o mellor medio para acadalo é tomar sempre o camiño oposto. Non son eu que inventou dito método. Para chegar ao paraíso, Dante, na "Divina Comedia", comeza pasando polo inferno. (...) Para atopar a realidade hai que facer o mesmo: darlle as costas e pasar polo fantástico. Ese é o percorrido que leva a cabo o heroe de A historia interminable. Para descubrirse a si meso, Bastián debe abandonar primeiro o mundo real (onde nada ten sentido) e penetrar no país do fantástico, no que, polo contrario, todo está cargado de significado. Sen embargo, hai sempre un risco cando se realiza tal periplo; entre a realidade e o fantástico existe, en efecto, un sutil equilibrio que non debe perturbarse: separado do real, o fantástico tamén perde o seu contido". (MICHAEL ENDE)
Invitámosvos a todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º a coñecer esta estupenda historia, xa que o vindeiro mércores, día 11, asistiremos a dous espectáculos na Casa da Cultura de A Picota: un deles consiste nun contacontos en inglés; o segundo será a proxección de fragmentos da película realizada sobre esta marabillosa novela, que de seguro vos enganchará a todas e todos. A sinopse da mesma podería ser a seguinte: escondido no faiado do seu colexio, Bastián devora durante as horas de clase un libro enigmático, A historia interminable, que relata a progresiva destrución do Reino da Fantasía. Unha especie de "Nada" misteriosa destrúe o país e as criaturas que o habitan. A medida que avanza na lectura, Bastián dase conta de que a salvación de Fantasía depende del; de que consiga entrar dentro do libro... Aquí podedes ver o tráiler dunha das súas adaptacións ao cine:
Etiquetas:
Biblioteca cámara acción,
itinerario lector,
Michael Ende,
películas
SENTIMENTO: A EMPATÍA
A empatía é a habilidade que ten unha persoa para comprender as emocións doutra. É dicir, poñerse no lugar dos demais, axudando así a entender os seus sentimentos. Se queredes traballar este sentimento, podedes comezar por ver algún fragmento dos seguintes vídeos:
"For the birds"
"A galiña ou o ovo?"
"Empatía"
"O poder da empatía"
"Os ollos de Lena"
Etiquetas:
Biblioteca cámara acción,
Emocións,
Intelixencia emocional,
películas,
Sentimentos
mércores, 18 de febreiro de 2015
HISTORIA DO CINE
Ola, rapaciños e rapaciñas! Como estades? Seguro que desfrutando das últimas horas do Entroido, eh? Así me gusta! Pois aquí Rosiña, entre disfraz e disfraz, atopou algúns vídeos relacionados co noso proxecto documental deste curso, e quere compartilos con todos vós.
No primeiro podedes ver un vídeo que resume a historia do cine en menos de 10 minutos. É moi entretido e interesante:
E no seguinte, a evolución do cine como técnica e arte de proxectar fotogramas. Ao final do mesmo resalta a figura de Charles Chaplin. Aínda que ten un carácter máis técnico que o anterior, tamén é recomendable:
Etiquetas:
Biblioteca cámara acción,
cine,
películas,
proxectos documentais
luns, 9 de febreiro de 2015
UN DIRECTOR DE CINE NO NOSO COLE!!!
Hoxe recibimos a visita de XOÁN ESCUDERO. Xoán é un rapaz que se adica ao mundo cinematográfico dende hai varios anos; nada máis e nada menos que á dirección!!!
Ao longo da mañá falounos de moitas cousas sobre o cine, e conversamos con el sobre moitos temas que ían saíndo das nosas películas favoritas. Así, adicamos algo de tempo aos xéneros cinematográficos (animación, ciencia ficción, fantasía/de aventuras, históricas, documentais). E explicounos como se facían os debuxos animados (con debuxos, con plastilina, a técnica do "stop motion",...).
Tamén nos falou da importante relación que teñen a música e o cine, e a partir dun videoclip, pasamos un rato moi entretido falando dos diferentes tipos de planos e contándoos!!!
Por último, Xoán contounos o seu último proxecto: un documental sobre un deporte pouco común (o "bobsleigh"), que practica unha rapaza de Arcade (Pontevedra). Alguén se atreve a practicalo?
Moitísimas grazas por achegarte ata o noso cole, por adicarnos parte do teu tempo contándonos tantas cousas interesantes e dun xeito moi ameno. Tivéchesnos enganchados/as a todos/as!!! Pasámolo tan ben, Xoán, que estamos desexando que volvas outro día!!!
Mentras tanto, faremos a tarefa que che prometemos, así que imos
pensando...
Aquí podedes ver as fotos que fixemos nun día fantástico que, ademais, inauguraba a semana do Entroido co primeiro mandadiño do noso Meco:
Etiquetas:
Biblioteca cámara acción,
cine,
películas,
visitas
venres, 6 de febreiro de 2015
CINE E MEDIOAMBIENTE
Dende o blog de VOZ NATURA chegounos unha fermosa recompilación de películas relacionadas co medio ambiente. E neste curso tan cinematográfico, véñennos fenomenal!!!
Algunhas seguramente xa as coñecedes ("Avatar", "Wall-E", "Ice Age", "A princesa Mononoke"), pero hai outras moitas!!! Se premedes sobre a seguinte imaxe, descubrirédelas:
Dende aí tamén podedes acceder á páxina de Enrique Martínez-Salanova sobre cine e medio ambiente. Ademais de filmes, atoparás artigos, bibliografía, etc.
Unha marabilla para todas as persoas que pensamos que o cine é unha ferramenta didáctica que non debería ser ignorada nas escolas.
Enrique Martínez- Salanova
Avatar
, Wall-E , “Ice Age: La edad de hielo” o “La princesa Mononoke” - See
more at:
http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2015/02/03/cine-y-medioambiente/#sthash.xyqzDudU.dpuf
Avatar
, Wall-E , “Ice Age: La edad de hielo” o “La princesa Mononoke” - See
more at:
http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2015/02/03/cine-y-medioambiente/#sthash.xyqzDudU.dpuf
Avatar
, Wall-E , “Ice Age: La edad de hielo” o “La princesa Mononoke” - See
more at:
http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2015/02/03/cine-y-medioambiente/#sthash.xyqzDudU.dpuf
Etiquetas:
Biblioteca cámara acción,
cine,
natureza,
películas
venres, 30 de xaneiro de 2015
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Nesta ocasión, a celebración do Día da Paz tamén estivo relacionada co noso proxecto cinematográfico. Así foi como se elaborou dende a Biblioteca unha Guía de lectura tendo en conta historias sobre esta temática e que foran levadas ao cine ou inspiraran películas.
Por outro lado, organizamos unha actividade colectiva que consistíu en buscar algún personaxe relacionado coa cinematografía e que amosase o seu compromiso por unha sociedade máis pacífica: declaracións públicas, colaboracións con ONG's, participación en proxectos determinados con fins benéficos, etc.
Foi así como xurdiron os fotogramas que podedes ver a continuación.
E cantamos! Coma sempre, a música para celebrar!!! Hoxe, "Campás pola paz", do grupo galego PAN DE MILLO.
E, pola tarde, vimos fragmentos de películas relacionadas con esta temática: "O rei león", "Rebelión na granxa", "Persépolis"...
Etiquetas:
Biblioteca cámara acción,
celebracións,
cine,
día da paz,
música,
películas
mércores, 17 de decembro de 2014
UN DESCUBRIMENTO DO NADAL
Pois xa é casualidade que xusto agora que se achegan as festas do Nadal, un grupo de estudosos da Biblioteca Nacional de Noruega atoparan a primeira película sobre esta festa de DISNEY!!! Casual ou non, o que si é certo é que hoxe descubrimos esta noticia. O seu protagonista é Osvaldo, o coello afortunado, e o título do filme é "Empty Socks" que poderiamos traducir por "Calcetíns baleiros". Datada no ano 1927, tan só dura 5 minutos e medio, aínda que ao parecer no arquivo atopado faltan 30 segundos que están gardados no Museo de Arte Moderno de Nova Iorque. Se pinchas sobre a imaxe podes escoitar e ver a noticia:
Etiquetas:
Biblioteca cámara acción,
cine,
debuxos animados,
películas,
proxectos documentais
martes, 16 de decembro de 2014
ANIVERSARIO DE WASSILY KANDINSKY
Xa sei que estades a mil por hora preparando o festival de Nadal, rematando os últimos traballos do trimestre, pensando nas vacacións... Pero quería contarvos: coñecedes a Wassily KANDINSKY? Foi un pintor ruso considerado o precursor da abstracción. Seguro que viches algún dos seus cadros! Pois Kandinsky cumpriría hoxe 148 anos, así que lendo un ratiño por Internet atopei parte dunha película adicada a el, no que se ve ao pintor traballando directamente sobre un lenzo. A película foi gravada no ano 1926, nunha galería de arte de Berlín (Alemania), e o director da mesma foi un pioneiro na realización de documentais de arte: Hans Cürlis. Así que aquí volo deixo, para que imitedes os trazos xeométricos dun dos maiores artistas do século XX. Quen sabe se algún/algunha de vós seguirá os seus pasos e se converte nun artista do século XXI...
Etiquetas:
aniversarios,
Biblioteca cámara acción,
películas,
pintores,
pintura
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



