Amosando publicacións coa etiqueta pais e nais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pais e nais. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de xuño de 2022

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Que contenta estou!!! Este curso puidemos rematalo facendo un festival, tanto que nos gusta!!! Aínda que foi curtiño, foi unha excusa perfecta para poder vernos, contarnos, abrazarnos... Desfrutamos moito coas actuacións das nenas e nenos de Infantil e de Primaria, xa que todos os grupos participaron nesta festa que presentou marabillosamente o grupo de 6º. Despois das actuacións, entregáronse as orlas e os diplomas aos nenos e nenas que remataron Infantil e comezan o próximo curso en Primaria, así como as orlas aos rapaces e rapazas que marchan para o instituto, a quen desexamos que teñan unha experiencia fantástica e non esquezan todo o que aquí tratamos de transmitirlles...

O público desfrutou moito deste festival de fin de curso.
Ao final do acto, tivemos unha sorpresa que encheu de emoción o espazo no que nos atopabamos: ARA, unha rapaza que estudou no noso cole (Araceli para nós), adicounos un tema moi fermoso e que significa moito para todas nós: "Alecrín". Ara agora triunfa como cantante, pero xa cando estaba no cole apuntaba maneiras de artista, e cando inauguramos a biblioteca animámola para que cantara un tema. Elixiu o "Alecrín", e onte cando volveu soar, anos despois, a emoción contaxiouse entre toda a xente presente!!! Moitas grazas, Ara, polas palabras que nos adicaches de agradecemento, polo teu cariño e por compartir con nós esa paixón que amosas pola música e que se sinte nada máis escoitarte... Non deixes de cantar!!!

ARA cantando "Alecrín".

Cos corazóns cheos de emoción saímos ao patio, onde nos agardaba unha nova sorpresa que a ANPA organizou para que o pasarades xenial neste último día de cole: xogos, inchables, obradoiros de maquillaxe, discoteca... Só vendo as fotos xa comprobamos que o pasastes xenial:

Ninguén deixou de bailar, cantar e xogar durante esta mañá.

Pois ata aquí este curso, xentiña!!! 

Esperamos que pasedes un bo verán e que en setembro nos vexamos de novo, con moitísima ilusión para comezar unha nova aventura...

FELIZ VERÁN!!!!

Rosiña

venres, 12 de abril de 2019

INAUGURAMOS SECCIÓN EN RADIO ROSIÑA

Luís no estudio de "Radio Rosiña"
Hoxe estou moi contenta, porque onte tivemos unha visita moi especial en "Radio Rosiña"!!!! Desde que comezamos a nosa aventura radiofónica, nunca nos visitaran os pais e nais das nenas e nenos do cole. Pero desde onte quedou inaugurada xa esta nova sección, que espero reciba a moitas das familias do noso alumnado. A persoa que se encargou de romper o xeo foi Luís, o papá de Mateo, quen nos leu o texto que publicamos para a celebración do "Día Internacional do Libro Infantil". Luís contounos tamén algunhas outras cousas, entre elas que era a súa primeira vez na radio, algo que custa crer despois de escoitar con que profesionalidade le este texto tan fermoso. Luís, moitísimas grazas por aceptar a nosa proposta e polo teu esforzo para poder estar en "Radio Rosiña". Esperamos que nos visites moitas máis veces, e que outros pais e nais se animen tamén a vir, porque a nosa radio é para todas!!!!

mércores, 5 de outubro de 2011

EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA PAIS E NAIS

O máis importante para conseguir que os teus fillos lean é predicar co exemplo; porque os fillos son o reflexo dos seus pais.
SE TI LES, ELES LEN!!!
Debes ser o modelo a seguir para os teus fillos, e ler no teu tempo libre. Se é xunto a eles, moito mellor!!!
A nosa biblioteca recibiu o curso pasado unha donación de cartos para mercar libros para adultos por parte dos pais e nais colaboradores do comedor escolar.
Aquí tedes unha mostra. Estes e moitos máis están na biblioteca a vosa disposición!!
DISFRUTADE DA LECTURA !!!!