Amosando publicacións coa etiqueta periódico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta periódico. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de xuño de 2019

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, e no cole recibimos o xornal con noticias moi interesantes adicadas a este tema que tanto nos preocupa. Premendo AQUÍ podedes acceder ao suplemento de "La voz de la escuela" que publica cada mércores o diaro "La voz de Galicia".
Pero tamén recibimos a noticia do nacemento dun novo diario, neste caso dixital, adicado á auga. Chámase "El Ágora" e inaugúrase con artigos moi interesantes, algúns dos cales amosan a preocupante situación deste ben natural tan preciado e tan maltratado polo ser humano. Pero tamén nos anima a actuar para poder deter o que pode ser unha grande catástrofe. 


TEMOS QUE ACTUAR O ANTES POSIBLE, NON VOS PARECE? 


Canto sabes sobre a auga? Premendo AQUÍ podes facer un test con 7 preguntas moi interesantes. 

E xa que este curso foi sobre a ciencia, que sucede si retorcemos un trapo mollado no espazo? Mirade o seguinte vídeo:


sábado, 6 de abril de 2019

EXCURSIÓN A CORUÑA

Os grupos de Infantil, 1º e 2º na entrada do Palacio da Ópera.
Este venres estivemos en A Coruña. A diferenza doutras veces, levamos 2 autobuses, xa que as actividades previstas eran diferentes e, debido ás previsións meteorolóxicas, decidimos que a mellor opción era estar de volta para xantar no cole. Nun bus saíron as nenas e nenos de Infantil, 1º e 2º de Primaria, acompañados dos mestres Patricia, Manoli, Sonia e David. Este grupo asistiu a un concerto didáctico no Palacio da Ópera, onde escoitaron algúns temas tradicionais dalgunhas rexións de África, acompañados por instrumentos populares africanos, coma o djembé, o caxixi ou a kalimba.


As nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º escoitando a Nazareth.
O outro autobús levou ás rapazas e rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, coas mestras Marina, Teba e Susi, ata o polígono de Sabón, en Arteixo, para coñecer as instalacións de La Voz de Galicia. Aquí foron recibidos por Nazareth Díaz, quen lles ensinou as instalacións deste xornal, explicándolles brevemente en que consistía o traballo que se facía en cada unha delas. Entraron na redacción central, espazo que ocupan as e os periodistas; despois coñeceron a sala de impresión e viron as xigantes rotativas coas que conta este periódico, aínda que non puideron velas en funcionamento; a continuación fixeron unha parada no almacén de papel e, por último, visitaron o Museo, no que puideron retroceder centos de anos en canto aos aparatos empregados antes de que se modernizara a imprenta. Foi moi interesante aínda que se bota de menos non poder ver o funcionamento real do periódico: periodistas nos seus postos, as rotativas en funcionamento, a carga de camións para o reparto, etc.
Premendo sobre as imaxes podedes ver o resto das fotos destas actividades.