Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de bebidas saudables. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de bebidas saudables. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de maio de 2014

OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES

Dentro do programa de actividades do noso Proxecto Papacontos Zampalibros, hoxe organizamos no cole un OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria. Esta actividade está tamén enmarcada dentro do Programa de Prevención e Reinserción de Drogodependencias da ASOCIACIÓN NERIA. 
Ambos ciclos elaboraron xunto coa monitora da actividade, Miriam, as seguintes Bebidas Saudables:
  • BATIDO "DESEXO":
Ingredientes: 2 iogures, 250gr. de amorodos, 4 laranxas, 2 kiwis, 1 litro de leite.
Preparación: Colócanse os ingredientes nun vaso alto e bátense uns cantos segundos. Sérvese inmediatamente.
Presentación: Nun vaso longo, de boca aberta e cana ancha.
Aplicación: Para almorzar e merendar.
  • CÓCTEL "MEDIODÍA":
Ingredientes:  5 laranxas,10 kiwis, 1 limón e xeo picado.
Preparación: Licúanse as froitas e mestúranse os zumes nunha cocteleira con xeo picado.
Presentación: Nunha copa de aperitivo grande.
Aplicación: Durante o aperitivo do mediodía.
  • GRANIZADO DE LARANXA E PERA:
Ingredientes: 15 laranxas, 15 peras, azucre, auga e xeo picado.
Preparación: Fanse os zumes. Mestúranse co azucre e coa auga.
Presentación: Nun vaso longo e estreito.
Aplicación: Para merendar.
Pinchando aquí e aquí  veredes outras receitas de bebidas saudables que podedes preparar na casa e que estamos seguros que vos encantarán.
Aquí debaixo podedes contemplar as fotos desta actividade:

RECOMENDACIÓN LECTORA SOBRE O TEMA:




Zumos y bebidas saludables
JOCHEN G. BIELEFELD
Editorial Hispano Europea