Amosando publicacións coa etiqueta animación a lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación a lectura. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de maio de 2015

O NOSO CONTO VIAXEIRO

Pois aquí temos xa o resultado final dun conto que comezou a súa viaxe en 6º, e despois de pasar uns días en cada unha das aulas do colexio, rematou en Infantil, onde o ilustraron de xeito ben fermoso. A Rosiña encantoulle a historia, as ilustracións, e considera que é un dos agasallos máis fermosos que recibiu a biblioteca!!! Así que PARABÉNS A TODAS E TODOS!!!!
Aquí o tedes para ler unha e outra vez:

mércores, 20 de xuño de 2012

GUIA DE LECTURA VERÁN 2012

Dous días rapaces!! Dous días e xa estaredes de vacacións!!
Moito traballo, moitos exámenes, moito estudar.... pero tamén moitas experiencias divertidas, moitos coñecementos novos, moitas saídas, moitas historias que contar...
Rematamos un curso intenso cheo de lembranzas para as nosas vidas: nenos, nenas, profes, nais e pais... todos marchamos de vacacións cun sorriso e o corazón cheo de alegrías. E agora toca descansar e divertirnos. Toca facer todo aquelo que nos apetece dende hai moito tempo: levantarnos tarde, xogar, ir á praia, facer unha viaxe especial.... pero tamén toca encher a nosa cabeciña de aventuras con libros moi especiais.
Rosiña preparouvos unha Guía de Lecturas estupendas para facer, de este, un dos vosos veráns máis divertidos.
Elixide aquí os libros que queredes que vos acompañen todo este verán e disfrutadeos porque con eles viaxaredes a unha infinidade de mundos e coñeceredes a unha chea de personaxes sen necesidade de coller o coche nin o autobús.

luns, 16 de abril de 2012

CONTACONTOS CON PEPA MARTÍN

O xoves día 12 de abril, en horario de 11 a 12 da mañá, os nenos e nenas de ed. infantil e 1º ciclo de Primaria disfrutaron dunha sesión de Contacontos con PEPA MARTÍN por xentileza da EDITORIAL NIVOLA e a LIBRERÍA LER de Santa Comba.
A actividade tivo lugar na na nosa biblioteca e alí Pepa ensinou aos rapaces o ciclo da auga e tratou de conciencialos sobre a importancia da auga empregando como fío conductor o libro "La vuelta al mundo de gota de agua" da editorial Nivola, que os rapaces coñecían ben.
Aquí tedes as imáxenes:

luns, 2 de maio de 2011

CONTACONTOS IAGO

O mércores 27, dentro das actividades organizadas para celebrar a conmemoriación do DÍA DO LIBRO recibimos de novo na biblio a visita do CONTACONTOS IAGO LÓPEZ (por xentileza da Editorial Xerais). Cargado co "seu cubo máxico" de onde sempre saca unha historia preparada para atraparnos, Iago volveu a engaiolarnos cas aventuras dunha nena chamada Alba. Queredes velas fotos??


domingo, 1 de maio de 2011

XA TEMOS ITINERARIO LECTOR

Por fin xa temos elaborado o noso ITINERARIO LECTOR:
E vos preguntarédesvos: Que iso do Itinerario Lector???
Pois ben, tratáse dunha selección de libros axeitados para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade e en función de obxectivos recollidos no noso Proxecto Lector de Centro. Ten como obxectivo favorecer a adquisición da competencia lectora do alumnado.
En resumo, son os libros “que non queremos que se perda o noso alumnado”.
O listado é aberto,  flexible e revisable, para acoller novidades de interese e lecturas “xeracionais” , ao tempo que retirar títulos que non funcionan.


domingo, 3 de abril de 2011

CANTOS CONTOS CONTAS TI?

Desde o 11 de marzo, rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º están baixando a Infantil a lerlles contos aos máis pequerrechos do centro na Hora de ler.
Trátase dunha actividade totalmente voluntaria onde cada lector escolle a lectura que lle gusta e preparaa para agasallar aos máis pequenos.
Xa fixemos unha primeira ronda e á maioría do lectores gustoulles tanto a experiencia que queren repetir. Así que próximamente atoparás máis imaxes sobre esta experiencia.

luns, 4 de outubro de 2010

AS MOCHILAS XA VOLVEN A ESTAR DE VIAXE

O venres 1 de outubro as nosas queridas MOCHILAS VIAXIERAS saíron de novo de viaxe por unha chea de lugares de 3 concellos diferentes aos que pertencen os nosos alumnos: Mazaricos (San Cosme de Antes, Alborés, As Maroñas e San Fins de Eirons), Santa Comba (A Pereira) e Zas (Brandomil e Brandoñas).
Rosiña encheunas de sorpresas para que os/as nosos/as nenos/as compartan coas súas familias preciosos momentos de encontro para ver, ler e comentar o seu contido.
Coidadeas moito e escribídelle a Rosiña nos Cadernos Viaxeiros a vosa opinión sobre todos os materiais que vos prestou.
QUE AS DISFRUTEDES MOITO!!!
(Aquí podes ver os inventarios de todas as mochilas. Pero lembra que ó inventario cambia en función do rapaz/a que a leve.)

venres, 24 de setembro de 2010

CONSELLOS PARA LER CO TEU FILLO/A

No Recanto do Mik (Blog da biblioteca do CEIP Mestres Goldar) atopamos estes vídeos elaborados para o MIDEPLAN (Ministerio de Planificación y Cooperación de Chile) con contidos educativos dirixidos a nais, pais e adultos que están ao coidado de nenos e nenas dende os 9 meses ata os 4 anos, co propósito final de incentivar a lectura e a manipulación do libro desde os primeiros anos de vida, así como tamén poñer de relevancia a importancia das familias como activos participantes e estimuladores da lectura.



xoves, 15 de abril de 2010

23 DE ABRIL DÍA DEL LIBRO

O Día do Libro está á volta da esquina e nos queremos celebralo convosco ao longo de todos estes días.
Desde o Blogue da biblioteca do CEIP Mestres Goldar de Vigo chamado O Recanto de Mik recollemos esta fermosa colección de fermosas ilustracións da literatura infantil e xuvenil que nos evocan os praceres da lectura, enriquecennos e contribuen á formación do criterio artístico.



(Imaxes de diferentes autores/as recollidas en Pinzellades al mon)