Pincha AQUÍ para ver o proxecto a pantalla completa
Amosando publicacións coa etiqueta China b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta China b>. Amosar todas as publicacións
martes, 4 de xuño de 2013
PROXECTO DOCUMENTAL DE 3º CURSO: CHINA
JKJKJKJKJOs rapaces e rapazas de terceiro fixemos un
proxecto sobre China, ao principio queriamos facelo tamén de Xapón pero hai
tantas cousas que contar… que decidimos centrarnos en China. A nosa
investigación forma parte do Proxecto Integrado de este ano “Onde os libros te
leven”, que xira arredor das culturas. Oxalá vos guste!!
Pincha AQUÍ para ver o proxecto a pantalla completa
Pincha AQUÍ para ver o proxecto a pantalla completa
venres, 1 de febreiro de 2013
Vídeo da charla de Esperanza Calvo xa á vosa disposición
Que tal, rapaces??
Por fin temos preparado o vídeo da Charla que nos ofreceu ESPERANZA CALVO, corresponsal de Tele 5 en China no noso cole.
Estamos seguros de que a ela faralle tanta ilusión como a nós poder ver este vídeo e lembrar o momento tan estupendo que pasamos con ela e o moito que nos ensinou sobre China.
Esperamos que Esperanza xa esquecera os malos momentos que lle fixo pasar o noso portatil coas fotos que nos traía preparadas.
Como ela vai ler isto desde China, aproveitamos para mandarlle unha forte aperta e un feixe de bicos de todos nós.
GRAZAS ESPERANZA!!!
GRAZAS POLA TÚA DISPOÑIBILIDADE E POLA TÚA APORTACIÓN Á NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA!
Tés as portas do noso cole e da nosa biblio abertas para cando queiras volver!!!
CHARLA DE ESPERANZA CALVO CORRESPONSAL DE TELE 5 EN CHINA NO CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz1 on Vimeo.
Charla da periodista Esperanza Calvo correspondal de Tele 5 en China no CEIP VÍCTOR SÁENZ dentro do programa de actividades do Proxecto Integrado 2012-13 "Onde os libros te leven" dedicado ás culturas do mundo. 11 de xaneiro de 2013.
http://bibliovictorsaenz.blogspot.com
martes, 8 de xaneiro de 2013
Visita de Esperanza Calvo, corresponsal de Tele 5 en China ao noso cole
Ola a todos e todas!!
Hoxe temos unha noticia moi importante que darvos!!
O venres día 11 de xaneiro recibiremos no noso cole a visita de ESPERANZA CALVO corresponsal de Tele 5 en China.
Esperanza naceu en Santa Comba e estudou Periodismo. A súa formación tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela, na Universidade de Salamanca e na Universidade Complutense de Madrid. Traballou para a CRTVG, Antena 3 e Tele 5. Actualmente traballa como corresponsal de Mediaset España en Pekín.
Como este ano estamos traballando o tema das culturas do mundo dentro do noso PROXECTO INTEGRADO: "Onde os libros te leven" e aproveitando uns días que Esperanza veu a pasar a España pedímoslle que viñera ao noso cole a falarnos de China, o país onde vive e traballa dende fai un tempo.
Podedes ver algúns dos seus reportaxes pinchando nestes enlaces:
Podedes ver algúns dos seus reportaxes pinchando nestes enlaces:
Lembrade venres 11 ás 12:15 na aula de Audiovisuais!!
Esperanza estamos desexando coñecerte!
Etiquetas:
charlas,
China,
Esperanza Calvo,
Onde os libros te leven,
proxecto integrado
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
