Amosando publicacións coa etiqueta Premios Nobel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premios Nobel. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de outubro de 2016

UN NOBEL DE LITERATURA MOI MUSICAL

Resultado de imagen de bob dylanMenuda sorpresa!!! E vaia casualidade tamén que nesta ocasión o Nobel de Literatura fora concedido a un músico (por primeira vez na historia), xusto o curso no que adicamos o proxecto do centro á música!!! Pois si, no 2016 o premio foi para BOB DYLAN. Pero imaxino que non todas e todos vós o coñeceredes, así que quero contarvos un pouquiño quen é este músico.
Bob Dylan naceu en Minnesota no ano 1941, e desde os anos 60 adícase á música. A influencia de Bob Dylan nesta arte é recoñecida por grandes músicos do rock e do pop, coma os Beatles, os Rolling Stones, Bruce Springsteen, etc. A partir da súa relación con grandes cantautores desa época comezou a compoñer, inspirándose tamén nos poetas franceses e nas noticias do momento, que o animaron a iniciarse no mundo da canción protesta (criticaba a situación social e política). Todo isto revolucionou o mundo do folk, que abandonaría polo pop e no que tamén deixou unha pegada imborrable.
O certo é que as letras das súas cancións son poesía, aínda que a el non lle gustaba que lle chamaran poeta; definíase como "un artista do trapecio". 
Aquí vos deixamos unha das súas cancións máis coñecidas, "Blowin' in the wind", cos subtítulos en castelán para que poidades descubrir ao músico-poeta, acompañado de guitarra e harmónica:




xoves, 11 de decembro de 2014

UN NOBEL DA PAZ ESPECIAL

No mes de outubro, o Comité noruego encargado de conceder os premios NOBEL, decidiu outorgalo nesta ocasión a dúas persoas que loitan polo dereito de todos os nenos á educación. Por un lado, ao indio Kailash SATYARTHI, quen deixou o seu traballo como inxeneiro informático para denunciar ás multinacionais que explotan aos nenos de entre 5 e 12 anos de idade. A organización que encabeza, "Global March", liberou da esclavitude empresarial a uns 80.000 nenose nenas en máis de 160 países. No seguinte vídeo podes ver un resumo do seu importantísimo esforzo:

Por outro lado, á paquistaní Malala YOUSAFZAI, a xoven á que os talibáns intentaron asasinar no ano 2012 por defender a escolarización das mulleres. Malala considera a educación "un poder para as mulleres, e iso é polo que os terroristas lle teñen medo á educación. Eles non queren que unha muller se eduque porque entón esa muller será máis poderosa". A pesar de ter tan só 17 anos de idade, leva anos loitando por este dereito, e co seu exemplo amosou que tamén a xuventude pode contribuír a mellorar as súas situacións. Como afirmou nun discurso no Parlamento Europeo, "algúns nenos/as non queren consolas, queren un libro e un bolígrafo para ir á escola".
No seguinte vídeo podes escoitar o seu discurso diante da Asamblea das Nacións Unidas, onde pronunciou outra destacada frase: "Un neno/a, un mestre/a, un libro e un lapis poden cambiar o mundo. A educación é a única solución". 
Kailash e Malala, a premiada máis xoven da historia, recolleron o Nobel da Paz o pasado 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos.

venres, 8 de outubro de 2010

MARIO VARGAS LLOSA: PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2010

Mario Vargas Llosa, escritor e académico de orixe peruano e nacionalizado español en 1993, foi galardonado onte co Premio Nobel de Literatura 2010.
O autor de obras como "La fiesta del chivo" o " La ciudad y los perros" é o primeiro autor que recibe o galardón dende que, en 1990, o gañase o mexicano Octavio Paz. O premio seralle entregado o vindeiro 10 de decembro en Estocolmo.
Vargas Llosa recibiu tamén o Premio Principe de Asturias das Letras en 1986, o Premio Planeta en 1993 e o Premio Cervantes en 1994.
A Editorial Alfaguara Infantil acaba de publicar en España unh
a colección especial dedicada ao público infantil chamada "Mi primer", que ten como obxectivo acercar, aos máis pequenos, aos grandes nomes da lit
eratura. E precisamente, un dos primeiros títulos desta colección é "Fonchito y la Luna" de Mario Vargas Llosa.
O conto comeza así: "Fonchito se moría de ganas por besar las mejillas de Nereida, la niña más bonita de su clase. Nereida tenía unos ojos grandes y muy vivos, una naricilla respingada, unos cabellos negrísimos y una tez blanca como la nieve...".
Con Fonchito podes vivir a emoción do primeiro amor e seguir as aventuras do seu protagonista que demostra o que un é capaz de facer por un ser querido, aínda que a súa petición
sexa, nada máis e nada menos, que a Lúa.
Disfruta con Fonchito!!!