Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de xuño de 2021

ATA SETEMBRO!!!

OLA, RAPACIÑOS E RAPACIÑAS!!!

Como estades? Espero que xa desfrutando das vacacións e aproveitando moito ao aire libre... Eu tamén o estou facendo, pero hoxe achegueime ata o cole e atopei unha sorpresa que quero compartir con todas: UN VÍDEO DAS NENAS E NENOS DE INFANTIL!!! Si, seica os últimos días quixeron despedirse do curso contándonos algunhas cousiñas que lles pareceron moi interesantes, e gravaron este vídeo coa profe Elena, para que poidades velo todas as familias, así que aquí volo deixo:

Vémonos en setembro!!!!

Unha aperta enorme,

Rosiña

martes, 22 de xuño de 2021

ORNITÓLOGAS E PIONEIRAS

Ola!!!

Outro traballo que chega coa fin do curso: un vídeo realizado en 5º e 6º de Primaria sobre un traballo de investigación adicado a mulleres ornitólogas. Partindo da celebración do "Día da nena e a muller na ciencia", e unido ao "Día da muller", quixeron centrar o seu estudo en mulleres que estiveran moi relacionadas co mundo das aves, e que ademais destacaran nalgún aspecto determinado. Así, aquí atoparedes sobre todo mulleres estadounidenses, pero tamén unhas cantas de España e unha latinoamericana coa que tiveron a sorte de conversar. Espero que aprendades moito e que vos resulte tan interesante como a este grupo, a quen dou tamén a en hora boa:

Unha aperta,

Rosiña

mércores, 16 de xuño de 2021

"ROSIÑAPALABRA" DE 5º E 6º

Ola!!!

Aquí chega o último programa de "Rosiñapalabra" adicado ás aves. Nesta ocasión, realizado polo alumnado de 5º e 6º, que tamén vos queren animar a xogar a este entretido xogo no que estamos aprendendo moito vocabulario. Coñecedes todas as aves terrestres das que falan as rapazas e rapaces de 5º e 6º? Imos alá!!!

Rosiña

luns, 14 de xuño de 2021

"ROSIÑAPALABRA" DE 1º E 2º

Ola!!!

Que tal estades? Estamos xa na recta final e chegan os últimos traballiños das aulas, onde estivestes aprendendo moitísimo sobre as aves. Vistes o programa "Rosiñapalabra" de 3º e 4º? Acertastes moitas palabras? Seguro que si!!! Pois hoxe tráigovos un novo programa, nesta ocasión realizado polo grupo de 1º e 2º, a través do cal descubriredes moito vocabulario relacionado co mundo da ornitoloxía. Animádesvos a participar? Pois dádelle ao play!!!

Unha aperta,

Rosiña

venres, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

Hoxe é o "Día do Libro"!!!! E eu, que como ben sabedes son unha "devoradora" de libros, non podo máis que animarvos a que leades todos os días, porque é unha das cousas máis entretidas que se poden facer!!! Sei que no cole estades argallando algunhas actividades relacionadas con esta data, pero como a celebración vai máis alá do 23 de abril, non vos preocupedes porque esas montaxes cheguen máis tarde. O importante é que a lectura forme parte das vosas vidas, que se convirta nalgo necesario, imprescindible!!!

E como estamos levando a cabo o proxecto sobre as aves e tamén atendendo moito aos temas relacionados coa natureza, propóñovos aquí algunhas lecturas para esta fin de semana.

A primeira, "Los pájaros", un libro ilustrado de Germano Zullo, publicado pola editorial Libros del Zorro Rojo:

 

A segunda, "Yo voy conmigo", de Raquel Díaz Reguera, publicado por Thule Ediciones:


Por último, déixovos tamén aquí a páxina de Anxo Moure e os seus Contos Solidarios, onde poderedes ler algunhas das súas historias: 

CONTOS SOLIDARIOS
 

E en canto teñades rematados todos os traballiños publicareinos no blog con grande emoción, así que agardo por eles...

Unha aperta e moitas lecturas!!!

Rosiña

luns, 19 de abril de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Xela Arias Letras Galegas 2021
Este ano, o "Día das Letras Galegas" está adicado a Xela Arias, e por este motivo quero presentarvos a recompilación realizada polo Equipo de Biblioteca do cole para que coñezades a vida e a obra desta muller. Tamén vos lembro que nos próximos días atoparedes na entrada da biblioteca todos os seus libros, para que poidades tamén levalos para a casa, consultalos e desfrutalos durante a "Hora de Ler", etc. Premendo na imaxe accederedes ao "Google sites", e tamén a través da barra lateral dereita. 

Desfrutade moito desta gran poeta, narradora e tradutora!!!!

Apertas,

               Rosiña

luns, 25 de xaneiro de 2021

O "DÍA DA EDUCACIÓN" NA AULA DE 3 E 4 ANOS DE INFANTIL

Bos días!!!! As nenas e nenos de 3 e 4 anos, coa súa mestra Elena, resumiron no seguinte vídeo algunhas das actividades que realizaron durante a semana pasada, moitas das cales adicaron á celebración do "Día Internacional da Educación". Enviáronmo para que puideramos compartilo con todas as persoas do cole, así que aquí volo deixo, ao tempo que quero felicitalas e felicitalos por este fermoso agasallo:

Unha aperta enorme,



luns, 18 de xaneiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

O 24 de xaneiro celébrase o "Día Internacional da Educación", unha data proclamada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar a todo o mundo sobre a importancia deste dereito humano. Ademais, é tamén un dos Obxectivos de Desarrollo Sostible (ODS), creados tamén pola ONU no ano 2015 co fin de erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas. O prazo para acadalos estaba marcado en 15 anos, polo que tamén se lles coñece como Axenda 2030.

A educación é esencial para acadar con éxito eses 17 obxectivos, e o número 4, ademais, establece unha Educación de Calidade. Polo tanto, debe garantir unha educación de calidade inclusiva e equitativa e promover oportunidades de aprendizaxe para todas as persoas.

Por este motivo quería convidarvos a falar sobre isto nas aulas, e reflexionar sobre a importancia da educación como a base para unha sociedade xusta, igualitaria e autosuficiente, influíndo directamente na felicidade das persoas.

Convídovos a ver este vídeo que amosa que con esforzo e amor todo se pode conseguir:

Ademais, nestes tempos de pandemia que obrigou a pechar escolas, universidades e outros centros educativos é importante colaborar para colocar a educación no centro da recuperación e da transformación hacia sociedades mellores, non vos parece? Aínda que se fixeron grandes esforzos, en moitos lugares foi imposible unha educación de calidade a distancia. Nalgúns xa o era antes da covid, así que é a situación complicouse aínda máis. Se queredes ver como van á escola noutros lugares do mundo, convídovos a ver a película-documental "Camino a la escuela". Seguro que despois de vela valoraredes moito máis o afortunadas que somos!!!

Unha aperta enorme,


 



venres, 18 de decembro de 2020

EXPOSICIÓN DAS POSTAIS DE NADAL E UN VÍDEO ESPECIAL

Ola!!! Xa falta pouco para rematar o trimestre, e coa chegada destas primeiras vacacións comezan tamén as festas de Nadal. No cole convocamos o "Concurso de postais", animándovos tamén a que as escribirades pensando nas persoas ás que podemos enviárllelas, xa que este ano as celebracións deberán ser menos numerosas do que desexariamos... Así que estou segura de que as persoas que reciban as vosas postais se alegrarán moito e sentiranse moi contentas de saber que vos acordades delas. Eu, antes de que comecen a súa viaxe, fíxenlles unha foto para que poidades ver o bonitas que quedaron, e aquí van para todas vós: FOTOS "CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2020"

Lembrade que algunhas delas recibirán un premio que entregaremos no comedor do cole. Cales serán as gañadoras? 

Tamén quería compartir con vós un vídeo que fala da soidade das persoas nesta época do ano. Tristemente, son moitas as que pasan os días sen compañía, durante o Nadal pero tamén durante o resto do ano, e moitas veces sen desexalo. Así sucede nesta ocasión, e aínda que o vídeo xa foi realizado hai un ano, adáptase moi ben para esta situación de pandemia... Espero que vos guste moito!

Unha aperta enorme!!! 


xoves, 16 de abril de 2020

MENSAXE DE ÁNIMO CONTRA O CORONAVIRUS

Que bonito quedou este vídeo realizado con fotos nas que aparecedes todas as persoas que vos animastes a participar, amosando os vosos arcos da vella e esas estupendas mensaxes para que non decaiga o ánimo nestes días tan diferentes!!! Estou segura de que vos fará sorrir a todas!!!!

Premendo aquí podedes ver o vídeo completo.   

mércores, 1 de abril de 2020

JOAQUÍN CASTAÑO ENVÍANOS UN AGASALLO

Joaquín Castaño é un mestre de ioga e mindfulness que coñecemos desde hai varios cursos, durante os que comezamos a introducir na actividade diaria do cole diversas prácticas que nos amosan a súa efectividade. Ao longo dos últimos cursos, a práctica dunha respiración conxunta no comedor escolar antes de xantar converteuse xa nunha rutina máis, pero tamén nas aulas organizamos actividades para que as nenas e nenos do cole coñezan estratexias para concentrarse e prestar atención naquelas cousas que desexamos, así como para aprender a relaxarse cando a situación o require...

Hoxe Joaquín enviounos un vídeo que é todo un agasallo, e que podemos ver en familia nestes días nos que non temos cole. Premede AQUÍ para comezar... 

JOAQUÍN, MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

Tamén compartimos un vídeo para as nais e os pais do noso alumnado, con consellos do psicólogo José Antonio Luengo para levar da mellor maneira posible a época que estamos vivindo. Premede AQUÍ para velo.

APERTAS PARA TODAS!!!!







martes, 31 de marzo de 2020

VÍDEO 10 - "FICAMOS NA CASA"

Bos días, xentiña!!!!
Hoxe temos aquí o último vídeo desta serie que iniciamos desde a semana pasada. Nesta ocasión tocoulle a quenda a Susi, quen nos invita a memorizar un poema sobre un paxariño para que nos entreteñamos un ratiño. Premede AQUÍ para velo.

Moitas grazas, Susi!!!!

luns, 30 de marzo de 2020

VÍDEO 9 - "FICAMOS NA CASA"

Bos días, familias!!!!
Comezamos a semana coa proposta do profe Carlos, que nos quere poñer a proba todas as neuronas do noso cerebro!!!! Eu aínda non fun capaz de dar resposta a todas as adiviñas que nos propón, pero estou segura de que vós farédolo con moita máis rapidez ca min. Premede AQUÍ para ver o vídeo!!!

Carlos, moitísimas grazas!!!

venres, 27 de marzo de 2020

VÍDEO 8 - "FICAMOS NA CASA"

Bo día, familias!!!!
Hoxe acompáñanos a profe Uxía, que gravou para todas nós un vídeo contándonos un contiño que estou segura vos gustará moito!!! Só tedes que premer AQUÍ para que comece a primeira sesión de contacontos desta xornada... E digo primeira porque seguramente no que queda de día aínda vos animaredes a ler moito máis!!!!

Uxía, moitísimas grazas!!!


xoves, 26 de marzo de 2020

MENSAXE DE ÁNGEL CARRACEDO

Que alegría recibir unha mensaxe de ánimo do noso querido Ángel Carracedo!!!! O padriño da nosa biblioteca gravou unhas palabras para enviar a través das redes sociais, na que nos anima a todas as persoas a facer o que nos aconsellan as autoridades sanitarias para superar a situación na que nos atopamos, da que seguro sairemos adiante!!!!

Se premedes AQUÍ podedes escoitalo, e premendo AQUÍ tedes a noticia completa do xornal online "NH Diario".

Ángel, moitas grazas polas túas palabras... Tamén desde o noso cole, aínda que estamos cadaquén nas nosas casas, enviámosche unha enorme aperta!!!

VÍDEO 7 - "FICAMOS NA CASA"

Good morning!!!
Hoxe saúdovos en inglés porque o vídeo que temos para esta xornada é o de Marina, a nosa teacher... Marina proponnos viaxar ata... Wyoming. Imos alá!!!


Thank you very much, Marina!!!

mércores, 25 de marzo de 2020

VÍDEO 6 - "FICAMOS NA CASA"

Bos días!!!
Hoxe temos con nós ao profe David, que nos quere poñer en forma tamén nestes días de confinamento!!! Lembrade que é moi importante non esquecer facer exercicio físico, xa que ao pasar máis tempo nas nosas casas, corremos o risco de que se oxiden as nosas articulacións, así que... ACCIÓN!!!! Premede AQUÍ para acceder á clase de Educación física, e practicade todos os días!

Moitas grazas, David!!!

martes, 24 de marzo de 2020

VÍDEO 5 - "FICAMOS NA CASA"

Bos días, familias!!!
Continuamos a semana cun fantástico vídeo da profe Patricia, quen nos leva a un lugar verdadeiramente marabilloso, xusto nestes días que tanto ansiamos saír das nosas casas. Podémolo facer con Patri, así que non esperedes máis e premede AQUÍ!!!

Moitísimas grazas, Patri!!!

luns, 23 de marzo de 2020

VÍDEO 4 - "FICAMOS NA CASA"

Ola!!!!
Comezamos a semana cun contiño que elixiu a profe Puri para todas: "¡Atrapemos al monstruo!" Unha sorte desfrutar destes 7 minutiños tan estupendos!!! Só tedes que premer AQUÍ!!!

Puri, moitísimas grazas!!!

venres, 20 de marzo de 2020

VÍDEO 3 - "FICAMOS NA CASA"

FAMILIAS, QUE TAL ESTADES?
Chega hoxe o terceiro vídeo, cunha proposta moi interesante e ademais relacionada coas aves. Moitas delas seguirán coa súa vida, alleas a toda esta situación que estamos vivindo, pero seguramente tamén se estarán preguntando os motivos polos que as cidades, vilas e pobos están tan silenciosos, ou por que tantas persoas andan a observalas desde as ventás...
Este terceiro vídeo envíanolo Alba, a profe de 3º e 4º, que nos anima a preparar un xogo no que podemos aprender o nome das aves e coñecer as súas características físicas. Premede AQUÍ para comezar!!!

Moitas grazas, Alba!!!