Durante a semana das Letras Galegas, dende a Biblioteca recibistes a invitación a participar nun libro especial, no que todas as persoas que quixeran participar tiñan que elixir un poema de Manuel María, ilustralo e recitalo. A primeira parte está rematada, así que xa podedes ver o fermoso que quedou este libriño feito con moito cariño por parte das rapaciñas e rapaciños de 3º, 4º, 5º e 6º. Agora andan preparando o recitado dos mesmos, para gravalos e que o traballo quede rematado para poder incluílo dentro dos fondos da nosa biblioteca. NORABOA, nenas e nenos, polo voso traballo extra e por facelo tan ben.
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2016 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2016 b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 9 de xuño de 2016
xoves, 2 de xuño de 2016
POEMAS PARA AS LETRAS GALEGAS
Rosiña alegrouse tanto da vosa participación no "Concurso das Letras Galegas", que decidiu xuntar todos os poemas que non foron premiados para que poidades velos e lelos. Quere felicitar a todas as persoas que se animaron a escribir poesía, e está convencida de que o voso esforzo merece ser recoñecido, así que unha merecida NORABOA para todas e todos!!!
Ademais do poema premiado, en 1º e 2º presentaron estas fermosas poesías:
En 3º e 4º non se quedaron atrás, e presentaron os seguintes poemas:
En 5º, aínda que son pouquiñas/os, tamén presentaron entusiasmadas/os as súas creacións:
En 6º tardaron algo máis, pero finalmente tamén fixeron a súa aportación a este Concurso poético:
Etiquetas:
concurso de poesía,
Letras Galegas 2016
venres, 20 de maio de 2016
CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS
Aínda que uns días despois do 17, celebramos o Día das Letras Galegas unido á festa dos Maios. Tivemos un día moi fermoso no que puidemos construír o maio con todas as flores, herbas e ramiñas que achegastes ao cole. Entre todas as persoas que nos reunimos no patio do cole logramos que quedara moi fermoso e que fora o decorado ideal para cantar e entregar os premios do Concurso de Poesía e Ilustración que convocamos nesta ocasión. Primeiro cantamos "O Maio de As Nogais", que xa sabemos tan ben! Despois, Nuria, Claudia, Sheila, Adrián e Andrea recitáronnos un poema de Manuel María titulado "A muiñeira" e a continuación bailamos a "Historia da muiñeira", con música de Pirilampo. Animouse todo o mundo e foi estupendo ver que da roda formaban parte todas as persoas que estaban no patio, excepto o noso querido Pablo, que ten que andar coa perna estirada durante unha temporada, e o profe David, que se encargou de facer as fotos. Tamén faltaron algunhas meniñas e meniños e algúns mestres e mestras... Botámolos de menos, pero adicámoslles o baile con moito cariño. A continuación podedes ver as fotos desta tardiña:
E, para rematar, entregamos os premios ás gañadoras e gañadores do Concurso das Letras Galegas. Nesta ocasión, os premiados foron:
-a aula de Educación Infantil, pola súa ilustración sobre o poema "O caracol", de Manuel María;
-Iria López Carreira, que levou o Premio especial do xurado polo seu poema "Gústame nadar";
-Jorge Lema Zamora gañou o Premio de 1º e 2º de Primaria co poema "O mariñeiro Manolo";
-Ainhoa Cal Currais escribiu a poesía "Casiña, casiña" e levou o Premio de 3º e 4º;
-Rubén Blanco Pereira atreveuse a resumir a vida de "Manuel María" nun poema, e levou o Premio de 5º e 6º.
Ademais de recoller o premio da man das súas titoras, todos leron as súas marabillosas creacións, e podemos asegurar que no noso cole a poesía ten futuro!!! Non a abandonedes, rapaciñas e rapaciños, estade atentas e atentos a ela, porque a poesía está en todas partes. O acto desta tarde, sen ir máis lonxe, foi moi poético!!!
Etiquetas:
celebracións,
concurso,
Letras Galegas 2016,
Maios,
música,
poesía,
premios
domingo, 1 de maio de 2016
COMEZA O MES DAS LETRAS GALEGAS
Xa está aquí maio!!! O mes das flores, da primavera, de moitas sementeiras, dos maios... E tamén é o mes no que en Galicia celebramos o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, o 17 de maio está adicado a un poeta moi querido: MANUEL MARÍA. E para que vaiades coñecendo máis profundamente a súa vida e obra (aínda que xa leva presente todo o curso entre nós), elaboramos unha páxina que recolle moitas das ligazóns que se foron elaborando ao longo do curso, para que poidades coñecer, coa axuda das vosas mestras, moitísimas cousas deste poeta que sempre tivo moi presente ás nenas e aos nenos da Galicia rural, onde conviven coa natureza coma o facedes todas e todos vós. Así que seguro que vos sentiredes moi identificados lendo os seus versos. Acordádevos de Manuel de Paderna: LEDE, LEDE e LEDE!!!! Premede sobre a imaxe e desfrutade!!!
Etiquetas:
Letras Galegas 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
