Páxinas
PÁXINA PRINCIPAL
PRESENTACIÓN
ATOPA O TEU LIBRO
LIBRERÍA
INVESTIGA
martes, 10 de marzo de 2015
IMAXES DO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
Poida que este ano non poidamos acudir á
XVI Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
pero eso non quere dicir que non poidamos acudir virtualmente.
Rosiña fixo unha escapada esta fin de semana e acaba de enviarnos unhas fotos para que lle botemos un olliño ao que alí atopou.
Nesta ocasión o Salón leva por título
"Da ciencia á ficción"
e está dedicado ás ciencias.
"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual...etc. As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.
Falamos de ciencia, de ficción e da delgada liña que as separa".
O Salón inaugurouse o 27 de febreiro e estará aberto ata o 28 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Podedes consultar a súa programación pinchando
AQUÍ
.
Tamén podedes consultar a
bibliografía
da temática deste ano para que vexades os libros que tratan o tema da ciencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Publicación máis recente
Publicación máis antiga
Inicio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario