O venres 15 de marzo os alumnos de 2º e 3º ciclo desprazáronse a Pontevedra para visitar a XIV edición do SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL titulado este ano "A toda máquina" pois a súa temática xiraba ao redor ao tema das máquinas inventadas polo home. Aquí tedes o Cartel deste ano.
A organización do Salón tamén publicou unha bibliografía e todos aqueles libros publicados para vós que falan de máquinas por se vos interesa profundizar sobre este tema.
Pois aquí podedes atopar as fotos desta visita por si queredes gardar ou imprimir algunha:
Ningún comentario:
Publicar un comentario