Alejandro, Paula B. e Jorge O. co noso gran técnico Pablo. |
O pasado venres, 8 de febreiro, visitounos Luís, un gran coñecedor do mundo da radio no ámbito educativo. Luís forma parte de "Espora", a plataforma escolar que pretende crear unha potente rede de EScolas POla RAdio, e coa que vimos colaborando desde que formamos parte do proxecto "Radio na Biblio". O curso pasado coñecemos a Javier, quen nos iniciou neste interesante mundo da radio. Nesta ocasión foi o seu compañeiro Luís o encargado de achegar novos e interesantes retos ao alumnado de 4º, 5º e 6º. Foi unha intensa xornada na que puidemos comprobar que contamos con rapaces e rapazas interesados e interesadas en mellorar como locutores e locutoras de radio, pero tamén como técnicos de son. A todos/as eles/as, NORABOA!!! En breve comprobaredes que resultados tan marabillosos obtivemos desa mañá en "Radio Rosiña", pero mentras tanto déixovos as imaxes (premede sobre a foto), para que vos vaiades facendo unha idea do grande potencial que hai no cole de San Cosme!!!
Luís, moitísimas grazas polas túas propostas e a túa paciencia connosco!!! Esperamos leves tan bo recordo de nós coma o que deixaches ti aquí!!! Vémonos pronto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario