Non perdemos detalle no Museo de Historia Natural. |
Os collages de Lara Lars chamaron moito a nosa atención. |
Pola súa parte, os grupos de 3º a 6º desfrutaron dunha obra de teatro no Teatro Principal. Titulada "Valentino Rufini e Alkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)", dous actores da compañía "Talía" fixeron rir a todo o público cunha obra que amosou a maxia do teatro.
Para completar a mañá, visitaron tamén a exposición "MiiC2. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea", na Sede Afundación, onde descubriron a obra máis recente de artistas como as galegas Lara Lars e Iria do Castelo ou a andaluza María Hesse. Baseándose tamén nesta sorprendente e colorida exposición, fixeron un obradoiro moi interesante con Xiana, a guía que nos acompañou.
Despois xuntámonos todas para xantar e, tras xogar un pouquiño, regresamos ao cole contentísimas!!!
Premendo sobre as imaxes podedes ver todas as fotos deste día tan especial, no que botamos moito de menos a quenes non puideron acompañarnos (Martiño, Andrea e, moi en especial, a Carla).
Ningún comentario:
Publicar un comentario