venres, 3 de febreiro de 2012

CHARLA "O MONTE VIVO"

Hoxe xoves, 2 de febreiro recibimos unha charla no centro titulada O MONTE VIVO no marco do proxecto LIFE “O monte vivo”, que promoven a Xunta, a Asociación Profesional de Silvicultores (SILVANUS) e a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA). Con esta iniciativa procurase, entre outros fins, fomentar a toma de conciencia da poboación en xeral e dos máis pequenos en particular sobre o necesario coidado, conservación e posta en valor da nosa riqueza forestal. O proxecto céntrase en concreto na redución do número de incendios no monte de orixe intencionada ou neglixente.
O programa LIFE é o instrumento financeiro da Unión Europea destinado a apoiar proxectos relacionados coa conservación da natureza e o respecto ao medio ambiente. Neste caso concreto, o proxecto “O monte vivo” ten como principal obxectivo cambiar determinados comportamentos da poboación en relación cos incendios forestais, mediante a participación activa e responsable dos cidadáns na protección dos bosques. E permitir, ao tempo, que tomen conciencia do seu uso sostible, contribuíndo á protección da biodiversidade, co fin último de acadar unha redución do número de lumes de orixe intencionada ou neglixente.
A campaña céntrase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, da calidade das augas ou do ocio. Explícanse cales son as principais causas dos incendios, as medidas de prevención, a regulación do uso do lume e a necesidade da participación dos cidadáns na conservación do medio natural.
Concienciación
As accións que se levan a cabo dentro deste proxecto se centran en campañas para incrementar a concienciación, dirixidas por unha banda á poboación escolar dos centros educativos de Galicia, a través de actividades presenciais, traballos do alumnado con ferramentas web e a participación en concursos de debuxo e redacción, caso dos que se veñen de convocar agora.

CHARLA: O monte vivo (Infantil + 1º, 2º e 3º de Primaria from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

CHARLA: O MONTE VIVO (4º, 5º e 6º curso) from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

xoves, 2 de febreiro de 2012

COMO FACER UN TRABALLO MONOGRÁFICO

 Este curso estamos a traballar, como ben sabedes, arredor da temática dos bosques nun PROXECTO INTREGRADO que titulamos SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS. Levamos varios meses buscando información, acudindo a charlas de expertos e aprendendo unha infinidade de cousas sobre os nosos bosques. 
Agora cada grupo-clase vai a centrarse nun aspecto concreto do bosque e vai a investigar e profundizar nel para logo elaborar un traballo monográfico.
Dende a biblioteca, a nosa Rosiña quere recomendarlles a todos eles, unha presentación que nos chega desde o C.E.I.P. de LEIRADO en Salvaterra do Miño. Esta presentación trata de ensinarnos como realizar un traballo como os que nós queremos facer. É unha presentación moi sinxela e que vos poder orientar sobres os pasos que debedes dar para levar a bo termino esta encomenda.
Se tedes dúbidas preguntádelle á vosa profe. 

COMO FACER UN TRABALLO MONOGRÁFICO


More PowerPoint presentations from CEIP DE LEIRADO

Dende aquí queremos agradecer ao nosos compañeiros do C.E.I.P. de Leirado que compartan este estupendo traballo con nós e enviámoslles os nosos saúdos.

EXPOSICIÓN DE FONDOS SOBRE OS BOSQUES

Xa está preparada a Exposición de fondos relacionados coa temática do Proxecto Integrado de este ano "Semenando bosques de palabras": todos os libros relacionados cos bosques están agora polo corredor adiante para que disfrutedes de eles na Hora de Ler e tamén para elaborar eses Proxectos de Investigación que xa están comezando a desenvolverse nas aulas.

luns, 30 de xaneiro de 2012

PARA REFLEXIONAR

luns, 23 de xaneiro de 2012

Unha peli para traballar no DÍA DA PAZ

Dende o blogue TRAFEGANDO RONSEIS do que somos seguidores, suxírennos a película CUANDO EL VIENTO SOPLA para que traballemos co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Está basada nun cómic do mesmo nome publicado no ano 1983 de Raymond Briggs publicado pola Editorial Debate na versión de Rosa Montero.
Película e libro narran a historia de dous avós que asisten impotentes ao comezo dunha guerra nuclear, dende a inxenuidade e a sinxeleza loitan pola súa propia supervivencia provocando que ao lector ou ao espectador se lle encolla o corazón.
Podedes ver a película en 7 fragmentos que están subidos a youtube e que vos deixamos a continuación:

Os profes tedes orientacións didácticas para traballar esta película aquí

domingo, 22 de xaneiro de 2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebraremos, como cada ano, no noso colexio o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi. Durante esta semana, iremos realizando todo tipo de actividades na aulas para conmemorar este día.
Dende a biblioteca, coma a sempre, tratamos de facilitarvos as cousas proporcionándovos unha  extensa recompilación de recursos para traballar nas aulas.

O Seminario Galego de Educación para a Paz ofrece a todo o profesorado, moi diversos materiais e recursos didácticos que poden baixarse gratuítamente da rede.

Charla no noso cole: ACHEGAMENTO AO MUNDO DAS AVES

O pasado venres día 20 de xaneiro, veo a visitarnos FRAN BREA, un dos técnicos do CEM s.coop.galega: unha cooperativa pioneira no traballo profesional no ámbito da educación ambiental en Galicia.
Nós xa coñecíamos a Fran pois foi o noso guía o curso pasado cando visitamos a Lagoa de Baldaio dentro das actividades organizadas dende a biblioteca entorno a campaña "Mergúllate nun mar de libros". Podedes ver o vídeo da nosa excursión si pinchades na páxina da campaña. 
Fran ofreceu aos rapaces de 2º a 6º curso e aos seus profes, unha charla sobre AS AVES que poblan os nosos bosques.
En principio ía a ser unha charla de hora e cuarto pero estabamos todos tan interesados no tema que, ao final, Fran falounos de paxaros durante dúas sesións e medio recreo. Foi todo un éxito!!
Os rapaces e rapaces estaban entusiasmados, e como son rapaces do rural galego, amosaron os coñecementos que xa tiñan sobre as aves.
Para que poidades lembrar sempre esta charla, ou se non poidestes asistir, ou se eres un papá ou mamá interesado en coñecer as cousas que aprende o teu fillo /a no cole, aquí vos deixamos os vídeos.
Queremos enviar dende aquí, un forte apreta a Fran polo seu bo facer e agracerlle a paciencia e o tempo que nos dedicou.




Charlas no cole: "OS NOSOS BOSQUES" e "DESCUBRINDO A NOSA NATUREZA"

O mércores 19 de Outubro recibimos no cole a unha técnica do CEM s.coop.galega: unha cooperativa pioneira no traballo profesional no ámbito da educación ambiental en Galicia. Esta especialista, que se chamaba Charo, ofreceu aos rapaces de 2º e 3º ciclo e aos seus profes, unha charla sobre OS NOSOS BOSQUES. A continuación, ofreceu outra charla titulada "DESCUBRINDO A NOSA NATUREZA" dirxida ao alumando de Educación Infantil e de 1º Ciclo de Educación Primaria.
Dende a nosa Biblioteca decidimos organizar esta charla dentro das actividades deseñadas en torno ao PROXECTO INTEGRADO deste ano: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS,proxecto este, que xira, como ven sabedes, en torno ao tema dos bosques.
Como xa fai un par de mesiños desta charla, colgamos os vídeos aquí para que os vexades e lembredes todo o que aprendimos aquel día sobre os bosques.

1ª parte da Charla: "Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

2ª parte da Charla:"Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

3ª parte da Charla:"Os nosos bosques" CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

Charla: " Descubrindo a nosa natureza" CEIP VÍCTOR SÁENZ from ceipvictorsaenz on Vimeo.
Envíamoslle dende aquí un saúdo á nosa amiga Charo. As súas explicacións foron para nós moi interesantes y agradecémolle moito a súa paciencia e agarimo.

mércores, 11 de xaneiro de 2012

O SEGREDO MELLOR GARDADO DAS BIBLIOTECAS E LIBRERÍAS

Vouvos contar un segredo...
Sabedes o que pasa nunha biblioteca ou nunha librería cando pechamos as súas portas, apagamos as luces e marchamos para as nosas casas??
Nunca se vos ocurriu pensar que fan os libros mentres nós durmimos??
Pois aquí tedes o segredo mellor gardado de librerías e bibliotecas...






LEMBRADE !!!
É UN  SEGREDO!!
NON SE VOS OCURRA CONTARLLO A NINGUÉN!!

luns, 9 de xaneiro de 2012

O RATO PÉREZ

Hoxe, cúmprensen 161 anos do nacemento de LUIS COLOMA, escritor, xornalista e xesuída español, especialmente coñecido polo seu labor como autor de literatura infantil e moi en especial por crear ao popular RATONCITO PÉREZ.
Luis Coloma naceu o 9 de xaneiro de 1851 en Jerez de la Frontera. Aínda que se licenciu en Dereito mantivo unha clara vocación cara á escritura durante toda a súa vida, colaborando desde moi novo con publicacións como El Tiempo, Xornal político da tarde de Madrid e El Porvenir de Jerez, onde deixou claro o seu apoio á restauración dos Borbóns.
Foi precisamente o Rei Alfonso XIII o destinatario da súa creación máis famosa: o Ratoncito Pérez. O personaxe é un pequeno rato que deixa agasallos a cambio dos dentes que os nenos depositan debaixo das súas almofadas, algo que se converteu en tradición en España e Latinoamérica. O conto orixinal foi escrito por petición da corte, despois de que ao rei, que entón tiña 8 anos, se lle caese  un dente.
A fama do Ratoncito Pérez de Luís Coloma mantívose ata os nosos días, chegando ata a protagonizar a película "PEREZ, EL RATONCITO DE TUS SUEÑOS" en 2006 e "PEREZ, EL RATONCITO DE TUS SUEÑOS 2" en 2008. Luís Coloma é ademais autor de numerosos contos curtos e biografías.













Podedes atopar a historia do Ratoncito Pérez nestes libros:

- "El ratoncito Pérez".Olga Lecaye. Editorial Corimbo.
- "La noche del ratoncito Pérez". Caroline Pistinier. Editorial Corimbo.
- "El ratoncito Pérez y sus amigos". Olga Lecaye. Editorial Corimbo.