domingo, 22 de xaneiro de 2012

Charla no noso cole: ACHEGAMENTO AO MUNDO DAS AVES

O pasado venres día 20 de xaneiro, veo a visitarnos FRAN BREA, un dos técnicos do CEM s.coop.galega: unha cooperativa pioneira no traballo profesional no ámbito da educación ambiental en Galicia.
Nós xa coñecíamos a Fran pois foi o noso guía o curso pasado cando visitamos a Lagoa de Baldaio dentro das actividades organizadas dende a biblioteca entorno a campaña "Mergúllate nun mar de libros". Podedes ver o vídeo da nosa excursión si pinchades na páxina da campaña. 
Fran ofreceu aos rapaces de 2º a 6º curso e aos seus profes, unha charla sobre AS AVES que poblan os nosos bosques.
En principio ía a ser unha charla de hora e cuarto pero estabamos todos tan interesados no tema que, ao final, Fran falounos de paxaros durante dúas sesións e medio recreo. Foi todo un éxito!!
Os rapaces e rapaces estaban entusiasmados, e como son rapaces do rural galego, amosaron os coñecementos que xa tiñan sobre as aves.
Para que poidades lembrar sempre esta charla, ou se non poidestes asistir, ou se eres un papá ou mamá interesado en coñecer as cousas que aprende o teu fillo /a no cole, aquí vos deixamos os vídeos.
Queremos enviar dende aquí, un forte apreta a Fran polo seu bo facer e agracerlle a paciencia e o tempo que nos dedicou.




1 comentario:

  1. A MIN EnCaNtOuMe a charla fran xa fora o noso guia en valdaio ea verdade e que me encantan as aves pero creo que non e o meo traballo jejeje !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar