Dende o blogue TRAFEGANDO RONSEIS do que somos seguidores, suxírennos a película CUANDO EL VIENTO SOPLA para que traballemos co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Está basada nun cómic do mesmo nome publicado no ano 1983 de Raymond Briggs publicado pola Editorial Debate na versión de Rosa Montero.
Película e libro narran a historia de dous avós que asisten impotentes ao comezo dunha guerra nuclear, dende a inxenuidade e a sinxeleza loitan pola súa propia supervivencia provocando que ao lector ou ao espectador se lle encolla o corazón.
Podedes ver a película en 7 fragmentos que están subidos a youtube e que vos deixamos a continuación:
Os profes tedes orientacións didácticas para traballar esta película aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario