O 24 de xaneiro celébrase o "Día Internacional da Educación", unha data proclamada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar a todo o mundo sobre a importancia deste dereito humano. Ademais, é tamén un dos Obxectivos de Desarrollo Sostible (ODS), creados tamén pola ONU no ano 2015 co fin de erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas. O prazo para acadalos estaba marcado en 15 anos, polo que tamén se lles coñece como Axenda 2030.
A educación é esencial para acadar con éxito eses 17 obxectivos, e o número 4, ademais, establece unha Educación de Calidade. Polo tanto, debe garantir unha educación de calidade inclusiva e equitativa e promover oportunidades de aprendizaxe para todas as persoas.
Por este motivo quería convidarvos a falar sobre isto nas aulas, e reflexionar sobre a importancia da educación como a base para unha sociedade xusta, igualitaria e autosuficiente, influíndo directamente na felicidade das persoas.
Convídovos a ver este vídeo que amosa que con esforzo e amor todo se pode conseguir:
Ademais, nestes tempos de pandemia que obrigou a pechar escolas, universidades e outros centros educativos é importante colaborar para colocar a educación no centro da recuperación e da transformación hacia sociedades mellores, non vos parece? Aínda que se fixeron grandes esforzos, en moitos lugares foi imposible unha educación de calidade a distancia. Nalgúns xa o era antes da covid, así que é a situación complicouse aínda máis. Se queredes ver como van á escola noutros lugares do mundo, convídovos a ver a película-documental "Camino a la escuela". Seguro que despois de vela valoraredes moito máis o afortunadas que somos!!!
Unha aperta enorme,
Ningún comentario:
Publicar un comentario