mércores, 1 de abril de 2020

JOAQUÍN CASTAÑO ENVÍANOS UN AGASALLO

Joaquín Castaño é un mestre de ioga e mindfulness que coñecemos desde hai varios cursos, durante os que comezamos a introducir na actividade diaria do cole diversas prácticas que nos amosan a súa efectividade. Ao longo dos últimos cursos, a práctica dunha respiración conxunta no comedor escolar antes de xantar converteuse xa nunha rutina máis, pero tamén nas aulas organizamos actividades para que as nenas e nenos do cole coñezan estratexias para concentrarse e prestar atención naquelas cousas que desexamos, así como para aprender a relaxarse cando a situación o require...

Hoxe Joaquín enviounos un vídeo que é todo un agasallo, e que podemos ver en familia nestes días nos que non temos cole. Premede AQUÍ para comezar... 

JOAQUÍN, MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

Tamén compartimos un vídeo para as nais e os pais do noso alumnado, con consellos do psicólogo José Antonio Luengo para levar da mellor maneira posible a época que estamos vivindo. Premede AQUÍ para velo.

APERTAS PARA TODAS!!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario