luns, 9 de febreiro de 2015

UN DIRECTOR DE CINE NO NOSO COLE!!!

Hoxe recibimos a visita de XOÁN ESCUDERO. Xoán é un rapaz que se adica ao mundo cinematográfico dende hai varios anos; nada máis e nada menos que á dirección!!!
Ao longo da mañá falounos de moitas cousas sobre o cine, e conversamos con el sobre moitos temas que ían saíndo das nosas películas favoritas. Así, adicamos algo de tempo aos xéneros cinematográficos (animación, ciencia ficción, fantasía/de aventuras, históricas, documentais). E explicounos como se facían os debuxos animados (con debuxos, con plastilina, a técnica do "stop motion",...).
Tamén nos falou da importante relación que teñen a música e o cine, e a partir dun videoclip, pasamos un rato moi entretido falando dos diferentes tipos de planos e contándoos!!!
Por último, Xoán contounos o seu último proxecto: un documental sobre un deporte pouco común (o "bobsleigh"), que practica unha rapaza de Arcade (Pontevedra). Alguén se atreve a practicalo?


Moitísimas grazas por achegarte ata o noso cole, por adicarnos parte do teu tempo contándonos tantas cousas interesantes e dun xeito moi ameno. Tivéchesnos enganchados/as a todos/as!!! Pasámolo tan ben, Xoán, que estamos desexando que volvas outro día!!! 
Mentras tanto, faremos a tarefa que che prometemos, así que imos pensando...
Aquí podedes ver as fotos que fixemos nun día fantástico que, ademais, inauguraba a semana do Entroido co primeiro mandadiño do noso Meco:


Ningún comentario:

Publicar un comentario