mércores, 12 de maio de 2010

TRABALLOS DOS ALUMNOS SOBRE A MITOLOXIA

Ola rapaces!!! Son Rosiña outra vez. Estou entusiasmada porque xa me están comenzando a chegar os vosos traballos sobre os seres míticos galegos e parécenme preciosos. TRABALLASTEDES MOITÍSIMO!!! Así que agora a recompensa é que todo o mundo poida velos desde calquera parte do mundo. Aquí volos deixo. ENHORABOA A TODOS !!!

"PERSONAXES MÁIS QUE MÁXICOS": Traballo do alumnado de infantil. Trátase de un libro de solapas que recolle case todos os seres máxicos que coñecemos este ano co que podemos xogar a inventarnos personaxes novos. Divertidísimo!!!


"ARREPIOS EN MAZARICOS": Traballo do alumnado de 3º que fará que morras co medo. Queres saber que é a Santa Compaña? Que fae? Cando sae? Quen a pode ver? E como protexernos dela? Visita o seu traballo. Ademáis os rapaces recolleron no seu lugar lendas de aparecidos e incluso inventaron unha entre todos eles.

"LENDAS FANTÁSTICAS DE MAZARICOS": Traballo do alumnado de 5º. Os rapaces e rapazas de 5º converteronse en autores dun fermoso libro no que cada un deles inventou unha fermosa lenda. Os personaxes das súas lendas sempre son os seres fantásticos que bulen polos bosques galegos. Disfrutadeo!!!


"POEMAS ENCANTADOS": Traballo de Iria, Alejandra, Mirian e Noelia, alumnas de 4º. No Entroido estas rapaces disfrazáronse de mouras con longas melenas louras e peite de ouro incluido. Tanto lles gustou este persoaxe que agoran nos deleitan cun conto en verso. Precioso, por certo! Enhoraboa chicas!!


"OS NUBEIROS VAN DE VIAXE": Traballo de Jose Manuel, Tatiana, Valentín e Martín, alumnos de 4º. Polo Entroido estas rapaces convertéronse en nubeiros e déronnos moita guerra. Lembrades a Ciclogénesis Explosiva? Nós sospeitamos que eles tiveron algo que ver....Agora deixannos abraidos con este fermoso conto do que son autores. Coidado con eles!!!


"COIDADO COS TRASNOS": Os de 1º converteronse en trasnos polo Entroido pero resulta que nesta historia que escribiron entre todos, un día de treboada, un raio entrou pola ventá da súa clase e os converteu a todos en trasnos de verdade. Imaxinades que trasnadas fixeron polo cole?


Open publication - Free publishing -

"A FESTA COS DIAÑOS BULREIROS": Os rapaces e rapazas de 2º son os protagonistas dunha intrépida historia que os leva á festa de San Xoán en Mazaricos. Xa sabedes que esta é unha noita máxica na que pode ocorrer calquera cousa: atópanse cun home misterioso que resulta ser un diaño bulreiro co que se divirten a esgalla.


Ningún comentario:

Publicar un comentario