Todo o mes de outubro foi declarado MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e hoxe, 24 de Outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA .
O lema proposto desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia para este ano é "A Biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro"
Desde 2008, a Consellería de Educación ven editando, a comezos de cada curso escolar, un cartel para difundir o modelo de biblioteca escolar que se está a traballar, uníndose desta forma á celebración do DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR no convencemento de que, aínda sendo unha biblioteca específica (cunha misión clara dentro do centro educativo, e uns servicios e actividades acordes á súa definición como " centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe"), non deixa de ser unha BIBLIOTECA; máis aínda, é a ÚNICA biblioteca pola que pasa toda a poboación en idade escolar dun país: todos os nenos e todos os mozos teñen no seu centro (ou deberían ter) unha biblioteca escolar. (Texto extraido da páxina de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia)
Para conmorar con vosco esta data a nosa biblioteca quere compartir tres lecturas preciosas da Editorial Juventud, que nos contan tres historias reais de bibliotecarios e bibliotecarias que nos lembran a importante labor que realizamos e o para que o realizamos. Con elas queremos rendirlles unha sentida homenaxe.
LA BIBLIOTECARIA DE BASORA
Jeanette Winter
É a historia real da loita dunha bibliotecaria, Alia Muhammad Baker, por salvar o valioso fondo da biblioteca de Basora durante a guerra de Irak que nos lembra a todos que no mundo enteiro, o amor pola literatura e o respecto polo coñecemento non coñecen fronteiras.
LA SEÑORA DE LOS LIBROS

BIBLIOBURRO
Heather Henson
Luis, mestre en Colombia, un día decide cargar os seus dous burros, Alfa e Beto, con libros, para levarllos aos nenos e nenas que, por vivir en lonxanas zonas rurais, non teñen acceso a eles. Desde entón percorre o país na súa biblioteca ambulanteLA SEÑORA DE LOS LIBROS
Jeanette Winter
Este libro tamén está basado nunha historia real, a valerosa labora das bibliotecarias a cabalo, coñecidas como "as señoras dos libros" nos Apalaches de Kentucky. O proxecto da biblioteca a cabalo fundouse nos anos 30 do século XX co fin de achegar os libros ás zonas ailladas onde había poucos colexiose ningunha biblioteca. A lomos dun cabalo ou unha mula, as bibliotecarias percorrían a mesma árdua ruta cada dúas semanas cargadas de libros chovese, tronase ou afogase coa calor.
Tamén queriamos compartir convosco, un novo recurso do Centro Internaional del Libro Infantil y Juvenil de Salamanca (CILIJ) da Fundación Germán Sánchez Ruiperez dirixido a todos aqueles que non podemos acudir aos seuscentros onde son habituais as sesións de contacontos.
TV-CUENTOS é un canal de televisión por internet no que a través de numerosos vídeos pódense apreciar as diferentes técnicas para "contar un conto e non morrer non intento".
Os especialistas de CILIJ, que levan máis de 25 anos ensinando a moitos profesionais da lectura e a pais e nas cómo contar un conto, crearon este recurso coa convicción de que a narración é unha porta de entrada hacia o hábito da lectura.
Din os expertos que contar contos é unha actividade moi gratificante, non só para quen escoita senón tamébn para quen narra. A cotio esta práctica asóciase ás primeiras idades e, se ben aos máis pequenos lles gusta que lles conten historia, os maiores tamén son un bo público.
Agora tedes dispoñibles 25 TV-Contos. O CILIJ seguirá completando con outras narracións esta biblioteca de TV-Contos.
Pinchade na imaxe para acceder:

E por último, unha nova proposta para que fagades hoxe. Como estamos celebrando o DÍA DA BIBLIOTECA e ademáis estamos xa metidos ata o fondo nas celebracións do SAMAÍN, propoñémosvos a elaboración dun fantástico MARCAPÁXINAS MONSTRUOSO.
Están chulísimos verdade??? Pois aquí vos deixamos os pasos para facelos
E para que non teñades ninguna dificultade, aquí vos deixamos tamén á PLANTILLA
FELIZ DÍA A TODOS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario