Que contenta estou!!! Este curso puidemos rematalo facendo un festival, tanto que nos gusta!!! Aínda que foi curtiño, foi unha excusa perfecta para poder vernos, contarnos, abrazarnos... Desfrutamos moito coas actuacións das nenas e nenos de Infantil e de Primaria, xa que todos os grupos participaron nesta festa que presentou marabillosamente o grupo de 6º. Despois das actuacións, entregáronse as orlas e os diplomas aos nenos e nenas que remataron Infantil e comezan o próximo curso en Primaria, así como as orlas aos rapaces e rapazas que marchan para o instituto, a quen desexamos que teñan unha experiencia fantástica e non esquezan todo o que aquí tratamos de transmitirlles...
O público desfrutou moito deste festival de fin de curso. |
ARA cantando "Alecrín". |
Cos corazóns cheos de emoción saímos ao patio, onde nos agardaba unha nova sorpresa que a ANPA organizou para que o pasarades xenial neste último día de cole: xogos, inchables, obradoiros de maquillaxe, discoteca... Só vendo as fotos xa comprobamos que o pasastes xenial:
Ninguén deixou de bailar, cantar e xogar durante esta mañá. |
Pois ata aquí este curso, xentiña!!!
Esperamos que pasedes un bo verán e que en setembro nos vexamos de novo, con moitísima ilusión para comezar unha nova aventura...
FELIZ VERÁN!!!!
Rosiña
Ningún comentario:
Publicar un comentario