Xa temos postal gañadora do Concurso de Postais deste ano!!! Estaban todas estupendas, e todas recibiron algún voto, así que podedes estar ben contentas do traballo realizado. Algunhas persoas inspiráronse nas estrelas e constelacións, outras nos elementos do sistema solar, outras nos símbolos propios do Nadal... Pero o certo é que todas quedaron moi bonitas!!!! Agora partirán hacia os fogares aos que vós decidistes que queriades envialas, pero se queredes velas todas só tedes que premer aquí.
Os premios foron para as seguintes:
Juan Conde Danza (aula de Infantil 3-4 anos) |
Carmen Alvite González (aula de Infantil 5 anos) |
Zaira Núñez Tuñas (1º e 2º de Primaria) |
Paula Pereira Carballo (5º e 6º de Primaria) |
Alicia Alvite Ramos (3º e 4º de Primaria) |
Esta última, a de Alicia, foi tamén a que máis votos recibiu, polo que é a que representa a todo o colexio na felicitación que enviamos ás familias e outras persoas e colectivos achegados á comunidade escolar. Podedes acceder a ela premendo aquí.
En hora boa a todas as persoas por participar e a Alicia por esta bonita ilustración e todo o entusiasmo que amosa desde ese foguete a punto de despegar...
Para ver a entrega de premios, realizada no comedor escolar, premede aquí.Tamén vos enlazo aquí a Guía de Lectura que vos imprimimos no cole para que poidades consultar e, se queredes, elixir algún dos libros que nela vos recomendo para pedirllo ao Apalpador, aos Reis Magos ou en calquera outro momento, porque un libro sempre é unha boa opción!!!
Rosiña
Ningún comentario:
Publicar un comentario