luns, 13 de maio de 2019

RESOLUCIÓN DO I CONCURSO DE PODCASTS DE RADIO

NOTICIÓN!!!! Acabamos de recibir a noticia de que o programa "O mazarico", feito polas nenas e nenos de Infantil, é un dos gañadores do I Concurso de Podcasts-Radio na Biblio!!!!Que emoción!!!!
Ademais, o premio é marabilloso, xa que ademais de recibir a cantidade de 1000 euros, difundirán na Radio Galega os podcasts premiados, pero aínda non sabemos cando, polo que xa vos iremos informando...
Polo momento, felicitar a todas as rapazas e rapaces de 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria, que aínda que non recibiran premio fixeron un traballo estupendo!, e por suposto ao alumnado de Infantil, que está emocionadísimo con esta noticia. Igual ca min, que non podo deixar de cantar... 

"Mazarico, lindo mazarico,
quen che deu a ti ese tremendo pico.
Ai, ai, meu mazaricán,
flor da miña vida dame a túa man.
Ai, ai, meu mazaricón,
flor da miña vida do meu corazón".

2 comentarios:

  1. Felicidades a eses pequenos grandes artistas. Felicitar tamen os profes pola labor que estades a facer co alumnado.

    ResponderEliminar
  2. Felicidades a eses pequenos pero grandisimos artistas. Tamen felicitar os profes polo gran labor que fan cos alumnos.

    ResponderEliminar