Fermoso e colorido MAIO grazas á vosa colaboración!!! |
Pois si!!! Un curso máis chegou o momento de festexar unha das celebracións máis coloridas do ano: os maios!!! E que mellor fondo que esa pirámide chea de cores verdes, amarelas, brancas, rosas, violetas..., para entregar os premios do Concurso de Ilustración e Narración das Letras Galegas!!!
Grazas por colaborar enviando ao cole todas estas fermosas plantas!
Betty, Martiño e Valeria tamén axudaron moito!!! |
Así fixemos esta mañá no cole, onde acompañamos o acto cantando un par de cancións: "O maio de As Nogais" e "O mazarico"... Como facía moita calor decidimos non facer a lectura dos textos gañadores, aínda que as súas autoras gravaranos para "Radio Rosiña" a vindeira semana, así que estade moi atentas aos podcast que se vaian publicando!!!
Mentras tanto, aquí (ou sobre calquera das imaxes) vos deixo as fotos para que lembredes o ben que o pasamos nesta xornada previa ao Día das Letras Galegas.
Desfrutade moito e lembrade o que dicía Antonio Fraguas, o homenaxeado este ano nesta celebración:
“Os
libros son compañeiros infatigables, amigos sempre, os máis nobres, os que
distraen, os que te fan pensar, que é unha das cousas que hai que facer.”
Íker, Laura, Paula e Aroa gañaron nesta ocasión o Concurso. NORABOA!!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario