Aínda non escoitastes o programa que as nenas e nenos de Infantil, "O mazarico", emitiron en Radio Rosiña para o I Concurso de Podcasts-Radio na biblio? Pois hoxe mesmo saíu no Diario Cultural, onde ademais de escoitar aos representantes do cole de San Cosme, tamén podedes escoitar o resto dos programas gañadores nas diferentes modalidades:
Na Modalidade I "O mazarico", do CEIP Víctor Sáenz, de San Cosme de Antes (Mazaricos) e "A Lenda de Florentina", do CEIP de Carballedo (Cerdedo-Cotobade).
Na Modalidade II "Alto dos Xenerais", do CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda) e "A xanela cultural", do CEIP de Vilar de Barrio (Vilar de Barrio).
Na Modalidade III "Os xenerais", do CPI de Vedra (Vedra), "Polo río abaixo hai...", do IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) e "Os cabaqueiros", do CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal).
Por último, na Modalidade IV obtivo premio "As lavandeiras", do IES Punta Candieira (Cedeira).
Desde "Radio Rosiña" queremos felicitar a todas as persoas implicadas nesta fermosa aventura que é a Radio na biblio, e por suposto a todas as persoas gañadoras deste I Concurso de Podcasts. E como sei que había moitos máis programas merecedores de ser premiados, quero tamén dar a noraboa a todas aquelas que presentaron as súas producións ao concurso, aínda que non aparezan na listaxe superior.
Premendo sobre cada título podedes escoitar o podcast no Diario Cultural. Desfrutádeos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario