Para celebrar o Día da Biblioteca, este curso no que o
eixe temático é a ciencia, eliximos unha canción na que o protagonista é un dos
animais máis utilizados nos laboratorios científicos: os ratiños. Neles realízanse estudos
de biotecnoloxía e na industria médico-farmacéutica, co obxectivo de desarrollar
novos produtos (vacinas, por exemplo), e probar a eficacia e seguridade de todo
tipo de medicamentos, así como para analizar procesos coma o cancro e
enfermidades infecciosas, entre outras.
Considéranse un animal idóneo
para isto porque é pequeno, manexable, fácil de criar e cun ciclo vital
rápido, aínda que son moitas tamén as persoas que amosan a súa oposición a esta
actividade, que acaba coa vida de miles de animaliños dunha maneira pouco
digna.
Pero nós imos elixir un ratiño
que non é empregado para estes fins, afortunadamente!!! Este é un ratiño de
campo, pero ao que deixou de gustarlle o queixo… Seica coñeceu a Rosiña e fixo
moi boas migas con ela, así que lle contaxiou a súa afección pola lectura. Esa
paixón tamén a transmiten día tras día as persoas que traballan nas
bibliotecas, así que con esta canción queremos homenaxear a todas as
bibliotecarias e bibliotecarios!!!! Escoitade e cantade “O rato de biblioteca”, poema escrito por Xoán Neira no seu libro “Chafarís”:
Ningún comentario:
Publicar un comentario