Galeatro é unha compañía de teatro que se formou en Carballo no ano 2013 co fin de achegar aos espectadores as figuras máis relevantes das letras galegas. Nesta ocasión a súa proposta está baseada na estrutura da obra "A festa no faiado", da escritora homenaxeada o próximo 17 de maio María Victoria Moreno. Baixo o título "Contos no faiado", os dous actores convértense nunha boneca chamada Uxía -que vive soa e abandonada no faiado dunha casa- e nun gato moi especial.
A través da súa relación, descubrimos historias moi divertidas que ademais nos levaron ás obras de María Victoria Moreno "Xa non teño medo", "Un cachiño de bica" e "Can negro, can branco". Con esta última historia, ademais, rímonos un montón, porque os actores invitaron a participar na mesma a Martina, que fixo o papel de canciño, a Brais Capelo, que se transformou nun lobo, e ao profe David, que nos fixo rir moitísimo no seu papel de auténtica señorita...

Seguro que estades desexando ver as fotos!!! Só tedes que premer AQUÍ ou na imaxe.
Moitas grazas a estes dous simpáticos actores que esta mañá transformaron a nosa biblioteca nun faiado tan especial...
Ningún comentario:
Publicar un comentario