O martes foron de excursión as rapaciñas e rapaciños de 3º a 6º de Primaria. E este venres tocoulles aos de Infantil e 1º e 2º de Primaria!!! O destino foi outro, e as actividades que realizaron tamén, por iso vos quero contar o que fixeron na cidade herculina.
Na súa viaxe á Coruña puideron desfrutar do concerto didáctico "Pequeno Circo Ambulante". Foi un espectáculo moi divertido onde atoparon pallasos, malabaristas..., á vez que desfrutaron moito da música de circo.
Fíxolles especial ilusicón que Aroa saíse a facer de equilibrista, Xavi a bailar e Ainhoa a ensinar as súas brillantes botas.
Despois visitaron a estación de tren de A Coruña e descubriron que é moito máis grande que a de Santiago. Ata viron saír algúns trens.
Por último, divertíronse moito xogando nun parque do centro da cidade que non coñecían.
Seguro que estades desexando ver as fotos e vídeos desta estupenda xornada. Só tedes que premer AQUÍ (ou sobre a imaxe).
Ningún comentario:
Publicar un comentario