venres, 23 de maio de 2014

CANTOS CONTOS CONTAS TÍ??

Rapaces de 5º e 6º curso estiveron baixando a lerlles contos aos rapaces de Infantil ao longo do curso.
Aos pequerrechos encántalles que lles conten e os maiores practican a lectura e dramatización de historias.
Unha experiencia moi enriquecedora para todos eles.
LER É COMPARTIR.

Aquí tedes as fotos da experiencia!!

LECTORES DE 5º



LECTORES DE 6º



Rosiña quere compartir con vós uns vídeos con algúns consellos para ser uns bos contacontos. Vémolos?




mércores, 21 de maio de 2014

VISITA A PANIGNACIO!!!

Hoxe os rapaces de 2º e 3º ciclo veñen de visitar PANIGNACIO a Panadería de Vimianzo que fai o pan que todos os días comemos no noso comedor.
Foi unha visita incluida dentro do programa de actividades do noso Proxecto Integrado deste ano Papacontos Zampalibros adicado a gastronomía.
Queríamos coñecer de cerca o proceso de elaboración do pan e vaia!! se o coñecemos. 
Foi unha visita moi proveitosa:
Aprendemos a facer pan, croissants, pizza e biscoito!!
E por suposto, puxémonos as botas!! 
Os profesionais que alí se encargaron de amosarnos todo o que hai que saber sobre os procesos de elaboración de tan ricos produtos foron amabilísimos con todos nós e queremos agradecerlles a todos e cada un deles, a súa dedicación e o agarimo con que nos recibiron e nos trataron durante toda a mañá. Somos moi conscientes de que seguramente levaban xa horas de traballo enriba do lombo e aínda así o seu trato foi exquisito. Grazas Fernando, Luisa e Juan polas vosas explicacións e pola vosa paciencia! Grazas de verdade!!
Queriamos felicitar dende aquí a TAMARA que estaba de aniversario e darlle as grazas por deixarnos celebrar este día con ela.
Aquí vos deixamos as imaxes da visita. Hai moitísimas, así que de seguro que nos gustará disfrutalas e compartilas coas nosas familias. Aprendemos moitísimas cousas e estamos seguros de que moitos intentaremos poñer en práctica nas nosas casas todo o que aprendemos. 



A biblioteca quere recomendarvos algúns libros relacionados co pan e cos panadeiros para que disfrutedes agora que xa sabedes tanto sobre este tema!!



O PAN 
Teresa Sabaté
Colección Queremos Saber
Baía Edicións












ENCICLOPEDIA TEMÁTICA ILUSTRADA TOMO 4:
 O pan
Editorial A Nosa Terra














LA PANADERÍA
Editorial Susaeta







PEQUEÑOS PANADEROS
Cecilia Fassardi
Editorial Albatros


CICLO DEL PAN 
Cristina Quental
Editorial Everest





PANES DELICIOSOS

A.A.V.V.
Colección Cocina del mundo
Editorial Blume












SANJI EL PANADERO
Robin Tzannes
Editorial Océano



LOS OFICIOS
Susanna Aranega
Editorial La Galera










GALLETAS CHINAS
Antonio Skármeta
Editorial RBA libros





PAN DE MILLO
Migallas
Libro Disco
Editorial Kalandraka



AS COUSAS DA RATA LUISA : O pan

 

AS COUSAS DA RATA LUISA : O biscoito
OS CEREAIS: O PAN
Adela Leiro

FACENDO PAN


martes, 20 de maio de 2014

DOUS LIBRIÑOS PARA PAPAR E ZAMPAR!!

Hoxe queriamos recomendarvos un par de libros que acaban de chegar a nosa biblio.




O primiero libro titúlase ¡QUE RICO!. É unha obra de Anke Kuhl e Alexandra Maxeiner e está editado na Editorial Takatuka.Nel atoparedes moitísimas curiosidades sobre pratos moi apetitosos, sobre alimentos "asquerosos", guisos olorosos, potaxes moi ventosos, bocatas saborosos e outros manxares deliciosos.



O segundo titúlase NA COCIÑA DE NOITE de Maurice Sendak editado por Kalandraka. 
Ao autor deste libro, Maurice Sendak coñecédelo por outro libro que podedes atopar na biblio: Onde viven os monstros. 
Neste libro, sorpréndenos cunha historia acerca do que pasa na cociña cando o noso protagonista esperta e ve a tres cociñeiros preparando un pastel para o almorzo?
Esta historia é unha historia antigua dos anos 70 de Maurice Sedak que a Editorial Kalandraka quixo recurerar en galego. SAbedes que este libro foi censurado en EEUU cando se publicou por primeira vez porque o neno protaginista sae nu nalgunhas páxinas? Isto si que é surrealista!



sábado, 17 de maio de 2014

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2014

Con motivo da celebración das Letras Galegas, convocouse no colexio o III Concurso literario de Ilustración e Narración.
Debido á alta participación do alumnado, e á moi boa calidade dos traballos entregados, o xurado do concurso decidiu entregar un premio a cada clase, en lugar dun premio por ciclo, tal e como recollían as bases do mesmo.
Dende o blogue felicitámosvos novamente a todos polas vosas creacións e lembrade que... O IMPORTANTE É PARTICIPAR!!!
Aquí tedes as ilustracións e os textos que resultaron premiados:
-En Educación Infantil...
-No 1º ciclo de Educación Primaria...
-No 2º ciclo de Educación Primaria...
-No 3º ciclo de Educación Primaria...
E a continuación podedes ver as imaxes dos seus autores recollendo o premio entregado polas mestras do cole:



CELEBRACIÓN DOS MAIOS

"A festa dos Maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur, aínda que tamén se celebra nalgunhas poboacións do norte.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio, aínda que pode prolongarse ata o mes de xuño.
Hai dous tipos de maios:

  • os humanos, cando unha nena ou un neno se disfraza de maio, cubrindo as súas roupas con follas, pólas e flores;
  • os figurativos, cando o maio é unha figura con forma cónica ou piramidal feita con paus que se recobre de xestas, hedras, fientos, musgo, fiúncho..., e adórnase con flores, laranxas e mesmo cascas de ovo. 
Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc... 

Aínda que na nosa zona non é habitual celebralo, este curso animámonos a elaborar un Maio coa axuda de todos vós, que fostes achegando ao cole durante toda a semana pequenas pólas de arbustos, plantas e flores fermosísimas. O resultado foi un Maio ben xeitoso no que todos participamos. E nada mellor que cantarlle para que a festa sexa completa!!! Nesta ocasión eliximos "O Maio de As Nogais"(Lugo), unha canción que cantamos acompañada de paus. Pasámolo moi ben, o día foi espectacular e creo que a todos nos quedaron ganas de repetir!
Fotos da celebración no noso cole:

  

 Aquí tedes a letra da canción para que non se vos esqueza:


E dende a Biblioteca queremos aportarvos unhas pequenas suxerencias lectoras en torno ao tema dos Maios.


Os Maios 
Editorial Galaxia






 A festa dos Maios
Clodio González Pérez
Editorial Ir Indo





A Festa dos Maios de Marín
Clodio González Pérez
Editado pola Deputación Provincial de Pontevedra





Os Maios
Colectivo "Ollo de sapo"
María Pilar Lores Torres, Xosé Carlos Morgade Martínez ; ilustracións, Xaime Asensi
Editorial Ir Indo

E para rematar unha actividade LIM para que coñezades mellor a Festa dos Maios dunha forma divertida. Está elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do C.E.I.P. REORDÁNS de Tui.



xoves, 15 de maio de 2014

OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES

Dentro do programa de actividades do noso Proxecto Papacontos Zampalibros, hoxe organizamos no cole un OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria. Esta actividade está tamén enmarcada dentro do Programa de Prevención e Reinserción de Drogodependencias da ASOCIACIÓN NERIA
Ambos ciclos elaboraron xunto coa monitora da actividade, Miriam, as seguintes Bebidas Saudables:
  • BATIDO "DESEXO":
Ingredientes: 2 iogures, 250gr. de amorodos, 4 laranxas, 2 kiwis, 1 litro de leite.
Preparación: Colócanse os ingredientes nun vaso alto e bátense uns cantos segundos. Sérvese inmediatamente.
Presentación: Nun vaso longo, de boca aberta e cana ancha.
Aplicación: Para almorzar e merendar.
  • CÓCTEL "MEDIODÍA":
Ingredientes:  5 laranxas,10 kiwis, 1 limón e xeo picado.
Preparación: Licúanse as froitas e mestúranse os zumes nunha cocteleira con xeo picado.
Presentación: Nunha copa de aperitivo grande.
Aplicación: Durante o aperitivo do mediodía.
  • GRANIZADO DE LARANXA E PERA:
Ingredientes: 15 laranxas, 15 peras, azucre, auga e xeo picado.
Preparación: Fanse os zumes. Mestúranse co azucre e coa auga.
Presentación: Nun vaso longo e estreito.
Aplicación: Para merendar.
Pinchando aquí e aquí  veredes outras receitas de bebidas saudables que podedes preparar na casa e que estamos seguros que vos encantarán.
Aquí debaixo podedes contemplar as fotos desta actividade:

RECOMENDACIÓN LECTORA SOBRE O TEMA:




Zumos y bebidas saludables
JOCHEN G. BIELEFELD
Editorial Hispano Europea

mércores, 14 de maio de 2014

DÍAZ CASTRO A BO RITMO

Paco Nogueiras volve a darlle ritmo ao galego!! Esta vez cunha homenaxe a Xosé María Díaz Castro!!
A bailar rapaces que xa queda pouco para a festa das Letras Galegas!!

CANDO A COMIDA SE NOS REVELA...

Vas preparar un peixiño para a cea pero.... mi madriña!!! o "condenado" non quere entrar na cazola!!!

A cociña pode ser toda unha aventura, rapaces!!!


"MI MADRIÑA!" QUE VISITA!!!



Esta mañá visitounos Palmira, unha rapaza marabillosa dun pequeno pobo da Costa da Morte: Sardiñeiro, no concello de Fisterra. Palmira veu ao cole para contarnos moitas cousas relacionadas co mar, esa enorme masa de auga salgada que tantas cousas boas nos agasalla: ondas para xogar, paisaxes para contemplar, tesouros para descubrir, historias para soñar e, tamén, peixiños para alimentarnos. 
Así foi que, despois de contarnos como se inspirou na paisaxe do seu pobo para comezar a realizar barquiños de papel, coa ilusión de encher con eles a praia, iniciamos unha viaxe en barco a través de diferentes contos. Algúns deles xa os coñeciamos, pero outros foron unha novidade, así que para que non nos esquezamos de ningunha desas fermosas historias, aquí quedan recollidas. Empezamos?

A primeira delas foi un poema do libro Patente de corso, escrito por Rafa Villar, que tamén é da Costa da Morte.
Despois chegou o turno de La ola, un libro de Suzy Lee que coñecemos moi ben porque o temos na nosa biblioteca.
O seguinte foi El arenque rojo, un libro do escritor de Palabras de Caramelo: Gonzalo Moure. Este conto é especial porque non parece un conto... Non hai letras, non hai palabras... Pero se segues o camiño do arenque, darache unha ENORME SORPRESA! Se pinchas na imaxe poderás ver un vídeo do conto:

https://www.youtube.com/watch?v=WSs1W7mP29MA continuación chegou a historia do libro de Jimmy Liao titulado El pez que sonreía ...
Se pinchas sobre a portada do libro podes desfrutar desta fermosa historia en vídeo.

E non deu tempo para máis, xa que tras un breve descanso iniciamos a segunda parte do obradoiro, que consistía na elaboración de figuras con papeis de cores, esa arte de orixe xaponés coñecida co nome de ORIGAMI. E para facer a introdución ao mesmo, a nosa invitada contounos por que era tan especial a figura da grulla, que en Xapón é o símbolo da Paz. Do mesmo xeito que ocorre aquí coa pomba, na illa asiática elixiron esoutra ave. Recordades por que? Se pinchades na imaxe do conto As 1000 grullas de papel podedes coñecer esta impresionante historia:

Palmira tamén nos contou que ten un blogue: chámase mimadriña.com e seguro que queredes visitalo!!!

 
E aquí podedes ver as fotos desta mañá tan axetreada de historias de barcos, peixes, piratas, raqueiros, figuriñas en origami...

xoves, 8 de maio de 2014

VISITA AOS MUSEOS CORUÑESES

Hoxe, 8 de maio, todo o alumnado de Educación Primaria viaxou a Coruña para visitar os Museos Científicos Coruñeses.
Pola mañá visitamos A DOMUS (Casa do Home) e despois xantamos no Monte San Pedro.
Despois de comer visitamos o AQUARIUM FINISTERRAE e para acabar nos fomos ata a CASA DAS CIENCIAS onde tamén vimos unha película no PLANETARIO.
Foi un día la mar de científico!!! 
A que queredes ver as fotos??



Os Museos Científicos Coruñeses poñen á vosa disposición o seu primeiro libro interactivo para tablet:

  • Fundamentos biolóxicos da Farmacopea: Unha viaxe de descubrimento pola farmacaloxía marina, con xogos didácticos, vídeos, fotogalerías, modelos tridimensionais e presentacións multimedia.  Descargable para IPAD  e en PDF.


A biblioteca quere propoñervos algunha lectura para despois de esta visita. De seguro vos interesa algunha das súas propostas:
Ciencia para niños: ¡Un viaje alucinante!
Editorial Parramón.
Experimentos Científicos para niños
Tom Robinson
Ediciones Oniro

¡Eureka! Los descubrimientos científicos ás asombrosos de todos los tiempos.
Dr. Mike Goldsmith
Editorial Siruela
Locos por la ciencia: 50 trucos
Editorial Grijalbo

Astronomía para niños
Editorial Parramón

Experimenta Ciencia
Editorial La Galera
La ciencia en el punto de mira. 
Jorge Mira
Auga Editora