
Foi unha visita incluida dentro do programa de actividades do noso Proxecto Integrado deste ano Papacontos Zampalibros adicado a gastronomía.
Queríamos coñecer de cerca o proceso de elaboración do pan e vaia!! se o coñecemos.
Foi unha visita moi proveitosa:
Aprendemos a facer pan, croissants, pizza e biscoito!!
E por suposto, puxémonos as botas!!
Os profesionais que alí se encargaron de amosarnos todo o que hai que saber sobre os procesos de elaboración de tan ricos produtos foron amabilísimos con todos nós e queremos agradecerlles a todos e cada un deles, a súa dedicación e o agarimo con que nos recibiron e nos trataron durante toda a mañá. Somos moi conscientes de que seguramente levaban xa horas de traballo enriba do lombo e aínda así o seu trato foi exquisito. Grazas Fernando, Luisa e Juan polas vosas explicacións e pola vosa paciencia! Grazas de verdade!!
Queriamos felicitar dende aquí a TAMARA que estaba de aniversario e darlle as grazas por deixarnos celebrar este día con ela.
Aquí vos deixamos as imaxes da visita. Hai moitísimas, así que de seguro que nos gustará disfrutalas e compartilas coas nosas familias. Aprendemos moitísimas cousas e estamos seguros de que moitos intentaremos poñer en práctica nas nosas casas todo o que aprendemos.
AS COUSAS DA RATA LUISA : O pan
AS COUSAS DA RATA LUISA : O biscoito
OS CEREAIS: O PAN
Adela Leiro
Adela Leiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario